2 jun 2011

Consideramos o aborto unha forma de violencia de xénero?


O goberno afirma que o aborto é un caso de violencia de xénero, pois cren que ningunha muller quere abortar, e propoñen establecer novas alternativas ao aborto nos presupostos xerais do estado. Estas novas alternativas serían unha gran axuda, sobretodo económica, pois hai mulleres que deciden abortar porque saben que non dispoñen de diñeiro suficiente para poder dar aos seus fillos unha boa vida. Nese caso a muller si está sendo obrigada a abortar, pero.. é así en todos os casos? de verdade ningunha muller quere abortar? Eu opino que non é asi, pois hai embarazos non desexados que rematan no aborto como mellor alternativa, pero si se deberian establecer outras máis económicas e dispoñibles para o Español medio. E vos, considerades o aborto como unha forma de violencia de xénero ou como unha alternativa beneficiosa para as mulleres?
Fonte: http://www.noticias.info/asp/aspcomunicados.asp?nid=251956

3 comentarios:

  1. Que goberno considera o aborto unha forma de violencia de xénero? cita as túas fontes

    ResponderEliminar
  2. Eu creo que un aborto é matar unha vida e que non é alternativa beneficiosa para as mulleres, ao contrario.... Pode morrer, pode ter o síndrome postaborto (sentimientos de culpa, angustia, ansiedade, depresión, , insomio, diversos tipos de neurosis e de enfermedades psicopáticas, tendencia al suicidio) e moitas máis consecuencias para ela... por iso non o considero violencia de xénero, porque si non abortas non che pasan pola cabeza todas estas cousas, así que... non se está protexendo tamén a muller?
    Myre 1ºD

    ResponderEliminar
  3. Moitas mulleres abortan porque non poden coidar ao bebé como quixeran, porque son adolescentes que "non queren perder a mellor etapa da súa vida", porque saben que o bebé vai ter algunha malformación ou porque ese embarazo é froito dunha violación, entre outras moitas cousas. Excepto no último caso, non hai suficiente información como para saber que métodos anticonceptivos podemos utilizar ou é que poñer un preservativo leva medio ano?
    Dunha vez que se queda embarazada, non sería máis fácil dar ao bebé en adopción que matalo? Hai moitas parellas que están desexosas de ter un fillo e para iso teñen moitas dificultades, así como as parellas homosexuais, aquelas nas que un membro é estéril, xente solteira ou persoas que "non lles importa" que o bebé teña algunha enfermidade porque poden permitirse pagar o tratamento e prefiren iso a non ter fillo.
    Dende o meu punto de vista, o aborto non é nada beneficioso para as mulleres. Co paso do tempo daranse conta do que perderon e rematarán arrepentíndose.
    Abortar paréceme moi egoísta. Debe pagar o bebé as consecuencias de non facer ben as cousas?

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?