3 jun 2011

Canto custa unha vida humana?



Sempre pensamos que os medicamentos existen para salvar ao home, pero non sempre é así. Datos da axencia reguladora dos medicamentos dos Estados Unidos, mostran que entre 1998 e 2002 rexistráronse oito suicidios neste país entre enfermos de epilepsia que tomaban gabapetina (neurotin) de PFIZER. Nos seis primeiros meses do 2003 o número de suicidios aumentou a dazasete. Isto supuxo que se comezase a investigar; e as investigacións descubriron que ente os enfermos que tomaban gabapetina, houbo 2500 intentos de suicidio e 200 mortes (entre setembro do 2003 e agosto do 2004). En novembro do 2004 nunha revista médica informaba sobre estes feitos mentres que a compañía farmacéutica nin sequera advirtía deste risco no prospecto. A caso nas compañías farmacéuticas non debería prevalecer a éticas aos beneficios económicos?

2 comentarios:

  1. A día de hoxe, tal como vemos que se atopa a sociedade no mundo,antes da ética parece estar o beneficio económico. Porén, cada día se empregan máis cartos en beneficios para as preocupacións do 1º mundo tales como a beleza e o físico, abandonando as enfermidades que matan a miles de persoas cada día.Se iso non nos preocupa, que afecto pode ter que a gabapetina, conlevase a 2500 intentos de suicidio e 200 mortes comparado coas miles producidas por enfermidades que no 1º mundo xa nin existen ? Está claro que a día de hoxe, cada un mira polo seu, e os dous ou tres que intentan cambiar isto, non poden pola falta de recusos.

    ResponderEliminar
  2. En España hai grande interese pola adquisición das farmacia e isto,como todos podemos saber é porque os medicamentos deixan moito diñeiro.Sabendo isto,só nos queda por pensar o mesmo dos laboratorios.
    Actualmente está primeiro o beneficio e ao final do asunto,podemos ver a ética de si o medicamento é o ou malo para unha persoa.
    Xulia Añón Caamaño 1bac.A

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?