Todos nos fixemos esta pregunta algunha vez. diversas fontes afirman que cando soñamos o noso cerebro precisa máis cantidade de enerxía que cando simplemente durmimose que o soño cumpre a función de seleccionar os recordos. Únicamente unah parte do cerebro deixa de funcionar durante o tempo de sono, o centro lóxico, atribúese a isto a presenza de elementos irreais nos soños. Tamén din que o noso cerebro ao durmir soluciona problemas relacionados co ocorrido durante o día. Debemos investigar científicamente sobre os soños ou atribuír a súa interpretación á pseudociencia?
Unha investigación estadounidense, a partir da análise do comportamento mecánico dun óso do colo dun neandertal, asegura que estes tiñan a capacidade de falar linguas non moi diferentes as nosas. Ademais sitúa os comenzos da fala moito antes do pensado.
Poderíamos manter unha conversación cun neandertal?
Un estudo, realizado por investigadores das universidades de Granada,
Pompeu Fabra de Barcelona e Middlesex University de Londres revela que as mulleres son máis intuitivas que os homes
debido a un compoñente biolóxico. O estudo vincula a este
componente cunha menor exposición prenatal á testosterona no ventre
materno. Isto fai que as mulleres sexan máis intuitivas e que os homes
manifesten un pensamento máis reflexivo. Outras fontes din que os homes teñen
máis desenvolto o lado esquerdo do cerebro,
e por iso son máis analíticos. Considerando ambos os dous tipos de
pensamentos igualmente válidos e tamén falibles, É realmente posible que un dos
dous sexos posúa unha capacidade superior?
Poucas veces temos a posibilidade de entrar na mente dos principais investigadores do MIT. Moitas menos hai de que alguén teña a posibilidade de facelo e a capacidade de contalo.