20 mar 2015

Eclipse Solar. 20 Marzo 2015


Mostrovos aquí arriba unha foto sacada hoxe dun eclipse solar. Explicarei a continuación cómo se saca unha foto deste tipo:

Tendo en conta que o sol é unha fonte de luz extremadamente potente, a exposición luminosa que imos a ter na imaxe vai ser grande. Para expoñer correctamente a foto debemos: utilizar un filtro oscurecedor (DM, cristal oscuro, gafas de sol...) enfrente do obxectivo da nosa cámara. Esta foto debe sacarse en modo manual ou M, existente nalgunhas cámaras compactas e en tódalas reflex dixitais.

O modo M permítenos axustar os valores da cámara, neste caso para esta foto empreguei unha velocidade de obturación 1/4000 seg. e unha apertura f/10. Ademáis usei o enfoque manual, e un trípode para evitar vibracións.

En resumo, é unha foto sinxela de sacar, sempre e cando dispoñamos unha cámara controlable manualmente, e non facelo en automático.

De todas formas, nesta zona tivemos mala sorte ao estar o ceo cuberto, e só poder sacar fotos de cando en vez.

19 mar 2015

Biología de las emociones


É este un libro moi interesante sobre, entre outras cousas, diferentes razonamentos e puntos de vista das emocións. Aínda que é certo que contén numerosas partes do cerebro que son algo complexas, lese con suma facilidade, e é moi entretido.

A vida inmortal de Henrietta Lacks




Este libro trata sobre as inxustizas feitas a xente sen recursos, a búsqueda do beneficio propio sen contar con demais e os cambios que xurdiron na menciña.
Como protagonista e contándonos estas anotacións temos a Henrietta Lacks, unha descoñecida que fixo avances a nivel mundial co sobrenome de HeLa

18 mar 2015

Radicais libres

Fraudes, plaxios, drogas...

La historia más bella del hombre


Unha longa longa entrevista a varios homes co fin de aprender algo acerca da nosa orixe

17 mar 2015

La conspiración lunar, ¡vaya timo!


É este un libro moi interesante que todo o mundo debería ler, entre outras cousas, para poder responder ás preguntas que se fan para defender a posición de que o home non chegou nunca á lúa, e, de paso, observar que moitas veces as razóns para contradicir a este tipo de cuestións son ridículas ou, polo menos, pouco convinncentes.

Po de estrelas

Con este libro farás unha viaxe por distintos asuntos científicos dos cales che irán presentando problemas, planteando preguntas e resolvendo algunhas cuestións. Unha obra da man de Xurxo Martiño Alfonso acompañada de temas interesantes e divertidas viñetas.

15 mar 2015

A natureza en perigo

Algo de ecoloxía para rematar o curso. De verdade está a natureza en perigo? Miguel Delibes de Castro contesta a esa pregunta no libro cunha prosa digna da familia.