4 jun 2011

Atopado o xen "Homer Simpson"



Un grupo de científicos da universidade de Emory concluíron que a desactivación do xen RGS14 (coñecido entre eles como "Homer Simpson" pois limita a actividade cerebral dos ratos) permite que os roedores sexan máis "intelixentes", tendo máis capadidade para recordar obxectos, moverse en laberintos máis rapidamente, etc.

O RGS14 atopase no hipocampo, a zona do cerebro que se encarga da aprendizaxe e da memoria. A falta do xen non causou problemas visibles por agora nos ratos, e sendo un xen tamén presente nos humanos, os científicos xa están mans á obra para investigar se sería posible a súa extracción en humanos, e se tería as mesmas consecuencias. Pero... realmente sería ético intentar volver á poboación máis intelixente? Sería eso consideralos tontos? Non ten xente (ou non tan xente) como Homer Simpson dereito a ter mala memoria e orientación?

Fonte: FAYERWAYER.COM

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Estás seguro de que queres comentar?