Hace 2 horas
2 ene 2014
Lamarck vs Darwin
Moitas son as teorías formuladas sobre a evolución das especies. Un exemplo é a proposta por Lamarck en 1809, que dicía que os caracteres adquiridos durante a vida dun individuo pasaban á súa descendencia, onde a natureza xogaba un papel moi importante. Cincuenta anos máis tarde, a publicación da teoria de Darwin tivo unha gran repercusión no soporte principal desta teoría, afirmando que dita evolución era causa da selección natural das especies. Se tomamos a teoria de Darwin como a sustitución da de Lamarck, en que se equivocou este?
29 dic 2013
VIDA MIGRANTE
Teorías como a panspermia defenden a probabilidade de que a vida proveña doutro lugar do universo que se desplazou polo espacio por exemplo a bordo dun meteorito. O mesmo pode pasar coa Terra, xa que esta recibiu numerosos impactos doutros corpos que ao chocar dispararon trozos de rochas que superaron o campo gravitatorio e puideron colonizar outros lugares do universo.
Puido a vida da Terra colonizar outros lugares do espazo ou pola contra esta ten unha procedencia extraterrestre?
FONTES: http://www.lr21.com.uy/tecnologia/1147854-tierra-vida-lunas-jupiter-saturno-estudio
CATRO ESPECIES PARA EXPLICAR A NOSA ORIXE
Un equipo internacional de científicos parecen confirmar unha teoría moi debatida na comunidade científica nos últimos anos. Esta defende apartir das probas recollidas do ADN de ósos dun corpo humano nunha cova en Siberia, que os seres humanos modernos mesturámonos con outros tres tipos de homínidos durante a nosa historia, cos neandertales, denisovanos e un terceiro grupo non identificado.
Poden realmente estas probas esclarecer a nosa orixe e marcar a nosa evolución?
FONTES: http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/4806202/sociedad/cuatro-especies-para-explicar-nuestros-origenes#.UrWH5vR5Pl9
Suscribirse a:
Entradas (Atom)