Mostrando entradas con la etiqueta saúde. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta saúde. Mostrar todas las entradas

27 may 2015

Beauty drinks. Bebidas de beleza


BEAUTY & GO en Antena3 Noticias from BEAUTY&GO on Vimeo.

As bebidas de beleza conteñen os chamados Macro-Antioxidantes®uns polifenois que se obteñen da pel da fruta e atacan aos radicais libres. Moitos opinan que funciona, pero científicos afirman que é unha estratexia comercial.

Estratexia ou evolución nas bebidas funcionais?

21 may 2015

Discriminación ou proteción?




O Tribunal de Xustiza da Unión Europea emitiu unha sentencia que permite excluir aos homosexuais de doar sangue.Este organismo avala que existe un alto risco  en contraer enfermidades infecciosas despois de que estes homes teñan relacións sexuais.



Estarán sobrepoñendo as súas crenzas ante o fundamento científico?

19 abr 2015

Axentes mutaxénicos



Existen tres tipos de fenómenos, ou mutáxenos, que alteran a información xenética: biolóxicos, químicos e físicos.
Por exemplo, mediante ondas electromagnéticas esta información pode sufir mutacións.

Podemos chegar a dominar estes axentes probocando mutacións voluntariamente?

Sustancias canceríxenas do tabaco



O tabaco posúe unhas 4000 sustancias químicas. 200 entre elas son venenosas e 4o canceríxenas. Entre as sustancias canceríxenas están o amoníacometano,alquitrán...  Fumar implica graves consecuencias para a saúde.

Por que non é retirado do mercado se é tan perigoso?

15 oct 2014

REFLEXOLOXÍA PODAL.



Que maravilloso sería poder curar calquera dor tan só cunha masaxe nos pés. Si, nos pés. Segundo a reflexoloxía zonas do noso corpo como o lombo, a cabeza, os riles... están refletidos en concretas zonas dos pés, a partir disto, aplicando presión nestos puntos concretos dos pés podemos calmar a dor en calquera outra zona do corpo. 
A verdade é que non existe ningunha proba nin estudo que poida confirmar que a reflexoloxía funciona, pero hai xente moi convencida de que esta terapia alternativa lle axudou a calmar algunha dor, aínda que o máis posible e que só sufran o efecto placebo. 
Debería a seguridade social financiar estas prácticas ou, pola contra, deberían ser consideras un timo e ser prohibidas?

FONTE:http://salud.bioetica.org/reflexologia.htm 

9 oct 2014

Glup

"Neste libro, Mary Roach, utilizando anécdotas e respondendo curiosidades, dache a coñecer aqueles temas que consideramos extraños ou repugnantes, facendo que nos interesemos por eles"

6 jun 2014

Os movemento anti-vacina



Dende que apareceu a vacina por primeira vez, existiron varios movementos anti-vacina ignorantes que apoiaban esta causa porque esas vacinas levaban microchips para espiarnos ou intentaban enfermarnos. Non fai moitos anos, un psicólogo especializado en autismo dixo que esta enfermidade era provocada pola vacina triple vírica. Foi todo un timo. Revelouse que os pacentes pertencían a grupos anti-vacina e pretendíase demandar as farmacéuticas. A saúde é un negocio máis e o único que importa é o diñeiro?

http://www.publico.es/354828/el-timo-de-la-vacuna-que-nunca-provoco-el-autismo

19 may 2014

Restauración da audición en cobaias

Investigadores da UNSW lograron que cobaias xordas oísen ao inxecctar nos implantes cocleares unha solución de ADN cunha proteína codifica polo xene BDNF. Tras o proceso as células da cóclea expresaron neurotrofinas que permitiron a mellora na audición.
Estamos ante o primeiro paso para a curación da xordeira en humanos?
Fonte: http://ecodiario.eleconomista.es/salud/noticias/5727793/04/14/El-oido-bionico-que-ha-permitido-devolver-la-escucha-a-unas-cobayas-sordas.html

O esterco de vaca como fonte de resistencia aos antibióticos

Unha investigación revelou que o esterco de vaca contén novos xenes de bacterias resistentes a antibióticos o que pode ser perigoso para os seres humanos se estes xenes se propagan á poboación mediante o contacto con cultivos ou animais infectados.
Realmente podemos considerar ao esterco de vaca como unha ameaza?

16 may 2014

Limitada a extirpación de amígdalas

É común oír falar da amigdalectomía. Porén, esta práctica vaise limitar en gran medida aos menores debido a que se demostrou que as amígdalas e as adenoides producen defensas necesarias para o noso organismo.
Que supoñerá este feito para os nenos que padezan amigdalitis?
Fonte: http://www.laopiniondemurcia.es/vida-y-estilo/salud/expertos/2014/04/29/adios-amigdalas/555335.html

O primeiro freo para o cancro de mama

Un equipo de investigadores do CIC descubriron, grazas a un experimento en ratos, que o bloqueo da proteína R-Ras2 frea o crecemento de tumores de cancro de mama e que ademais elimina a metástase pulmonar.
É posible desenvolver un fármaco que permita curar o cancro de mama? Axudará o bloqueo desta proteína na cura doutros tipos de cancro?
Fonte: http://www.cubadebate.cu/noticias/2014/05/15/descubren-proteina-que-permitiria-desarrollar-terapias-en-cancer-de-mama/#.U3U3ZPl_tAE

Pódese detectar a depresión mediante unha análise de sangue?

Unha investigación abre esta posibilidade afirmando que existe unha relación entre a velocidade de captación de serotonina nas plaquetas sanguíneas e o desenvolvemento da enfermidade no cerebro (función de rede neuronal), normalmente provocada pola falta desta hormona.
Chegará a ser viable esta maneira de detectar a depresión?
Fonte: http://www.sinmordaza.com/noticia/234763-la-depresion-podria-detectarse-mediante-un-analisis-de-sangre.html

7 may 2014

O talón de Aquiles do cancro de páncreas


Un estudo mostra que a anulación da proteína Yap se non preven o cancro de páncreas si deten o seu crecemento. É un feito que a maioría dos pacientes con este cancro posúen unha mutación no xene KRAS e o bloqueo desta proteína desactiva a actividade deste xen.
Poderase atopar unha cura a esta cancro altamente letal?
Fonte: http://www.infosalus.com/salud-bienestar/noticia-identificado-talon-aquiles-cancer-pancreas-20140502132714.html

Os vexetarianos teñen unha peor calidade de vida


Tras un estudo realizado en Austria demostrouse que os vexetarianos se atopan nun peor estado físico e mental e requiren máis tratamento médico que as persoas que non o son. Ademais, estas teñen máis risco de padecer cáncer, alerxias e problemas mentais.
Pode este réxime alimentario ser perigoso para as persoas que o elixen?
Fonte: http://www.leanoticias.com/2014/04/04/la-personas-vegetarianas-tienen-mayor-riesgo-de-sufrir-cancer-y-otros-problemas-de-salud/

1 abr 2014

Remedios homeopáticos para bebés.


A homeopatía infíltrase cada vez máis na nosa sanidade. Dase o caso dun bebé andaluz que padecía cólico do lactante e que recibiu por man da súa pediatra unha receita de Nux vomica, un preparado homeopático cunha elevada disolución.
Como sería a túa postura se che ocorrera algo semellante?
Fonte: http://blogs.elcorreo.com/magonia/2014/01/13/pediatras-de-la-sanidad-publica-recetan-homeopatia-a-bebes/

9 mar 2014

Homeopatía vs Placebo


A Sociedade Española de Neuroloxía , SEN, concluiu que a eficacia da homeopatía non é superior en ningún caso ao placebo, grazas á revisión de evidencias científicas no uso de terapias non relacionadas coa farmacoloxía para tratar migrañas e outras cefaleas. Ademáis, tamén deduciron que a herboloxía non é "fiable" e que as dietas como terapia poderían estar "sobreestimadas". Seguirán algunhas persoas empregando a homeopatía a pesar de saber que ten menor eficacia que os fármacos?
La Voz de Galicia

7 mar 2014

Por que soñamos?



Todos nos fixemos esta pregunta algunha vez. diversas fontes afirman que cando soñamos o noso cerebro precisa máis cantidade de enerxía que cando simplemente durmimos e que o soño cumpre a función de seleccionar os recordos. Únicamente unah parte do cerebro deixa de funcionar durante o tempo de sono, o centro lóxico, atribúese a isto a presenza de elementos irreais nos soños. Tamén din que o noso cerebro ao durmir soluciona problemas relacionados co ocorrido durante o día. Debemos investigar científicamente sobre os soños ou atribuír a súa interpretación á pseudociencia?


Fontes:http://lamenteesmaravillosa.com/por-que-sonamos#sthash.9jPPLKMa.dpuf 
http://www.neoteo.com/por-que-sonamos/ 

5 mar 2014

Existe realmente a intuición feminina?


Un estudo, realizado por investigadores das universidades de Granada, Pompeu Fabra de Barcelona e Middlesex University de Londres revela que as mulleres son máis intuitivas que os homes debido a un compoñente biolóxico. O estudo vincula a este componente cunha menor exposición prenatal á testosterona no ventre materno. Isto fai que as mulleres sexan máis intuitivas e que os homes manifesten un pensamento máis reflexivo. Outras fontes din que os homes teñen máis desenvolto o lado esquerdo do cerebro,  e por iso son máis analíticos. Considerando ambos os dous tipos de pensamentos igualmente válidos e tamén falibles, É realmente posible que un dos dous sexos posúa unha capacidade superior?



23 feb 2014

Unha vida sen dor

Podería ser esto a próxima morfina ou penicilina? Un recente descubremento amósanos unha posible vida sen dor. A dor ven dunha endotoxina que segrega un tipo de bacteria chamada bacteria Gram negativa. Ao segregarse esta endotoxina unha zona do cerebro ata agora descoñecida actívase e temos a sensación da dor.
De verdade sería non ter dor evolucionar ou pola contra sería involucionar e perder un tipo de defensa contra o mundo exterior?

17 feb 2014

Son os homes mais listos que as mulleres?

Hasta este momento non había estudos sobre este tema pero recentes estudos demostran que o cerebro dos homes é algo máis grande que o das muleres, entre un 8 e un 13% máis. pero isto non significa que sexan máis listos os homes xa que a área do cerebro que é máis grande é o sistema límbico, a parte encargada das emocións. Isto lévanos a deducir que o sexo masculino terá maior posibilidade de ter enfermidades como a esquizofrenia, e a muller será inmune?
Fonte: http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/el-cerebro-masculino-tiene-mas-volumen-que-el-femenino-511392208777