É este un libro moi interesante que conta historias tan raras coma o escritor que non sabía ler, a demostración de que as mulleres atontan aos homes, un fungo que controla o sistema nervioso das formigas... Un libro realmente curioso que recomendo ler.
A nosa Terra xa vai vella e ten
moitas historias que contar. En Biografía
de la Tierra nárrase a vida do noso planeta Terra dende os seus inicios ata
o día de hoxe e incluso o que podería pasar nun futuro.
Os
dados do reloxeiro é unha marabillosa obra de divulgación científica da man
de Xurxo Mariño. Aquí propóñensenos varios temas científicos que crean
polémica, o autor explícaos de forma moi fácil e fai reflexionar aos lectores
sobre eles.
Este libro é unha recopilación de casos nos que a principal causa parece ser unha droga como o coñecido caso de morte en masa en Jamestown pero e o caso das Bruxas de Salem? Como podía actuar unha droga en todos os testigos? E outros casos que, na busca dun remio supuxo outro problema adicional.
Se queres coñecer como dous científicos lograron crear a pseudociencia do fecomagnetismo, recomendoche que leas El arte de vender mierda de Fernando Cervera.
Nin os xenes determinan as nosas accións,como imaxinaramos,nin nós somos as súas marionetas.Os xenes controlannós pero nós tamén podemos controlalos.e se nón me creedes,lendo este libro saberedes que estou no certo
É certo que ó morrer perdemos uns gramos que de corresponden coa nosa alma? Entón os cans non teñen alma? E temos un espíritu que pode comunicarse cos videntes ou é pura patraña? Neste libro móstrase casos reais que che axudarán a formar a túa propia conclusión.