Xa podedes publicar entradas no blog.
Para os despistados estades ante o blog dos alumnos de
Ciencias para o Mundo Contemporáneo do IES de Ponteceso. Neste espazo
publicaremos noticias relacionadas cos temas de clase, buscaremos
polémicas relacionadas coa materia ou falaremos de lecturas de
divulgación científica. Nesta terceira avaliación, na que xa estamos
familiarizándonos co uso do blog intentaremos prestar máxima atención
nas entradas aos seguintes aspectos:
- Temas: en cada
avaliación os temas a publicar deben estar relacionados cos contidos
estudados nela. Nesta segunda avaliación os temas son: Saúde e a Revolución xenética.
- Ortografía.
- Lonxitude da entrada. As entradas non poden ocupar máis de catro liñas.
- Enlaces. Como acabo de comentarvos a lonxitude das entradas está limitada polo que os enlaces son imprescindibles. Estes deben axudar a completar a información contida na entrada.
- Rigor científico dos contidos. Sempre será interesante contrastar as nosas fontes.
- Fontes. Non esquezamos nunca citar a procedencia de imáxenes ou información publicada nas entradas.
- Etiquetas.
A ausencia de calquera destas cuestión invalidará a entrada.
Lembrade que para poder publicar primeiro tedes que enviar as
entradas á dirección de correo que vos din en clase e despois esperar a
que vos envíe a invitación. As entradas publicadas sen invitación non serán válidas.