5 may 2012

A biotecnoloxía, arma pra contrarrestar a fame

Actualmente, moitas persoas están nunha mesma situación. Encóntranse todas nunhas condicións extremas de fame. Para acabar con estas condicións débense producir mais alimentos. A biotecnoloxía seria a solución a este problema. Coa biotecnoloxía pódese acabar ca fame no mundo e conseguir uns alimentos mais sans xa que se poderían facer alimentos resistentes a plagas e así aforrar o diñeiro e axudar o medio ambiente.
Este planteamento foi posto polo subdirector da Organización Mundial das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura no VII Encontro Internacional de Biotecnoloxía en Novembro de 2010.
Comeriades alimentos "artificiais" que serían mellores para o ser humano mais para o noso arredor?

Fonte: http://www.informador.com.mx/jalisco/2010/246063/6/la-biotecnologia-arma-para-contrarrestar-la-hambruna.htm

O virus da Sida xa infectaba mamíferos fai cen millóns de anos







Os retrovirus que dan lugar ao HIV,o virus da Sida, son moito máis antigos do que se pensaba. De feito, foron encontrados no sistema inmune de mamíferos moi primitivos, entre os primeiros que existiron, fai uns cen millóns de anos, o que supuxo unha sorpresa para os investugadores. Ata agora, os retrovirus deste tipo máis antigos "só" se remontaban a quince millóns de anos atrás.
Considerando que encontraron o que parece ser o virus do SIDA nun mamífero. Isto pode dar grandes achegas para o tratamento e mesmo a curación da enfermidade en seres humanos?

Fonte: http://www.cordoba.abc.es/20090929/ciencia-tecnologia-biologia/virus-sida-infectaba-mamiferos-200909291049.html