6 abr 2011

Progeria:nenos ancians


A sociedade actual está terriblemente preocupada por encontrar a formula da eterna xuventude. Si a vellez é algo que nos aterra a todos; como nos sentiriamos si envelleceremos a unha velocidade de 5 e 10 veces maior e se a nosa esperanza de vida fose de apenas 14 anos?
Pois desgraciadamente unha de cada oito millóns de persoas saben moi ben do que estamos a falar: A Progeria. Unha enfermidade xenética da infancia moi rara que se caracteriza por un rápido envellecemento. Prodúcese porque moleculamente presentan un defecto no mecanismo de reparación do ADN como consecuencia da rotura da hélice dobre.
Actualmente descoñécense as causas anque algúns estudos cren que podería ser causada por un xen mutante autosómico dominante que faría inestable ó núcleo das células do organismo acelerando a morte celular.

Se tivésemos o xenoma deberiamos empregalo para curala enfermidade?