25 may 2012

OS BEBÉS QUE VIVEN CON MASCOTAS DESENROLAN MENOS ALERXIAS



Un novo estudo suxeriu que os nenos que viven baixo o mesmo teito que cans e gatos tenden a desenrolar menos alerxias a estes.
Comparando, os bebés que nacen en fogares sen mascotas e os que nacen en fogares que si as tiñan, as probabilidades de desenrolar alerxias redúcense a metade.
Os investigadores sospeitan que a exposición de cedo a estes alérxenos axuda a desenrolar unha inmunidade natural.
¿É necesario que os bebés teñan mascotas para que non desenrolen alerxias?

FONTE: http://www.planetacurioso.com/categoria/ciencia-naturaleza/curiosidades-cientificas/

PANCREAS ARTIFICIAL PARA DIABÉTICOS


Un pancreas artificial que regula con precisión o nivel de glucosa no sangue, ensaiouse con éxito en once pacientes diabéticos no hospital Xeral de Massachusetts (EE.UU.). O dispositivo, aínda na fase de desenrolo experimental, promete mellorar a calidade de vida das persoas con diabetes tipo 1, a forma mais grave da enfermedad. Ademáis, promete previr complicacións de saúde graves en pacientes con diabetes inestables, é dicir, pacientes que non consiguen regular ben o seu nivel de azucre na sangue coas terapias actuais. 


PORCOS CON OMEGA-3

Un grupo de científicos creou uns porcos transxénicos que transformaban ácidos graxos  en beneficiosos ácidos graxos omega-3. Lograron isto transferindo o xen do verme C.elegans ás células fetais do porco . Despois clonaron estas células fetais en óvulos de porcos e transferiron os embrións obtidos a 14 porcas. Destas naceron 12 porcos deste experimento, dos cales  6 portaban o xen de sintetizar omega-3. Si se revelan adecuados para o seu consumo, estos porcos poderán complementar como fontes das graxas omega-3 a peixes como o salmón ou o atún, dos que se debe limitar o consumo xa que poden conter altas tasas de mercurio.

¿Consumirías ti estes porcos?

TERAPIA ANTIENVELLECEMENTO



O centro nacional de investigacións oncológicas proba esta terapia inxectandolle a ratos un virus cuxo ADN foi modificado, os xens virales foron substituidos pola encima telomerasa, que retrasa o envellecemento das células. Estes ratos viviron un 24% mais ca os seus compañeiros q non foron tratados e ademais retrasouse a aparición de enfermedades asociadas coa idade.
Abriron estes investigadores españois a porta da eterna xuventude?



23 may 2012

Xenes que poden causar a obesidade infantil

Hoxe en día o obesidade é un dos principais problemas de saude no mundo. Investigadores dun hospital infantil de EEUU creen que os culpables da obesidade son o cromosoma 13 OLFM4, e a outra dentro do xen no cromosoma 17 HOXB5, que aluden a unha función do intestino. Ainda que non saben cal é o causante da obesidade pero consideran que estes descubrimentos axudan a explorar a xenetica da obesidade dos nenos. Crees que a obesidade infantil é culpa dun xen ou culpa dunha mala alimentación?
http://www.informador.com.mx/208/genetica
http://www.ciencia1.com/blog.asp?id=12189