29 may 2012

É bo consumir lácteos?

 
Dende que nacemos, os médicos recomendan tomar leite xa que é un compoñente esencial dos osos porque posúe moito calcio, proteínas e vitaminas, e desempeña un papel importante nos procesos metabólicos e de crecemento.
Agora, moitos nutricionistas afirman que entre os compoñentes da leite de vaca se atopa unha proteína, a caseína, que ao estómago lle costa dixerila e entón queda adherira no noso organismo.
A pregunta é: de quen nos temos que fiar?



28 may 2012

Pódese resucitar un mamut ?


                                                       
Uns científicos do centro de Siberia realizarán unha clonación ensartando o ADN dun mamut en células do que é unha elefanta actual. O material xenético procede dun mamut conxelado dende fai 10.000 anos.
A maioría dos especialistas en clonación cren que con esta técnica poderanse recuperar animais desaparecidos, aínda así, só se prevé que se poderá facer en especies con menos de 100.000 anos, polo que non teremos o pracer de que os nosos descendentes poidan ver unha “réplica” dun dinosauro.
É ético que se clonen os xenes dun animal en extinción para que a especie volva a rexurdir?