28 nov 2014

A estrela de Belén

É un gran misterio que envolveu o nacemento de Cristo. Calcúlase que Xesús naceu no 7 a.C. así que dise que puido ser a conxunción planetaria que ocurreu nese ano, tamén que podería ser un cometa calquera ou o cometa Halley visto no 12 a.C. ou que incluso podería ser unha supernova que se produciu no 5 a.C.
O certo é que os científicos non teñen moito máis de onde sacar, que sería en realidade a suposta estrela?

Fontes

Páxinas interesantes
https://www.youtube.com/watch?v=DzvZyqxqfBI

A mancha vermella de Xúpiter

É unha tormenta circular anticiclónica. Mide 41.000 kilómetros no punto máis ancho, podería encaixar ata tres Terras unha ao lado da outra. A mancha é moi luminosa, unha recente investigación suxere que a luz solar é responsable da cor. As nubes desta estructura están moito máis altas que as do resto do planeta, e a súa natureza de vórtice confina a las partículas vermellas unha vez que se forman pero, será realmente isto o que a fai tan luminosa?

Fontes

Páxinas interesantes

É a mitoloxía unha ciencia?


É un conxunto de mitos relativamente cohesionados. Os mitos son uns relatos que forman parte dunha determinada relixión ou cultura. Unha ciencia trata temas sobre a natureza e o que nos rodea porén, non pode ser ficción e ten que haber probas que poidan demostrarse. Poden ser demostrados cientificamente mitos como o de Perséfone que intenta explicar o cambio de estacións?

Fontes
http://es.wikipedia.org/wiki/Mitolog%C3%ADa
Libro Filosofía y ciudadanía da editorial Edebé.

Páxinas interesantes

A vida dos planetas


"Aos que aínda non temos a oportunidade de ser astronautas, podémonos conformar con este libro, que nos levará de viaxe a todos os planetas do noso Sistema Solar e poderemos botar unha ollada ao que hai máis alá del"

27 nov 2014

Extraterrestres na Lúa?



Hai uns meses observouse a suposta silueta dun extraterrestre situado no noso satélite, a Lúa.
O descubridor, observou isto no mapa lunar de Google Moon, e subiu un vídeo a Youtube, o cal en pouco tempo xa recibiu millóns de visitas. Pero nós mesmos o podemos comprobar introducindo as coordenadas 27°34'26.35″N 19°36'4.75″W en Google Earth.
Visto isto, en realidade iso é un extraterrestre? E como puido chegar a Lúa? Ou é que xa viven na Lúa e non nos decatamos ata agora? 

A fecha de nacemento pode afectar ao teu estado de ánimo

Científicos presentaron recientemente en Berlín un estudo que afirma que a fecha do teu cumpreanos, é dicir, no momento do ano no que naciches pode influír no teu carácter.Según este estudo, nacer nunha determinada época do ano aumenta as posibilidades de padecer determinados transtornos do estado de ánimo: "as análisis bioquímicas demostraron que a estación a que un nace afecta aos niveis de determinados neurotransmisores como a serotonina e a dopamina, unha influencia detectable despois na vida adulta”
Fixeron unha análise de 400 individuos con respecto a época do ano na que naceron e a súa personalidade.


A pregunta é: É o experimento válido? Hai variedade de suxeitos, grupo de control, e diferentes grupos de persoas? Podemos considerar válida e razoada a teoría?

Fonte


25 nov 2014

A vida en Xúpiter


A posibilidade de que haxa vida en Xúpiter parece infinitamente máis remota que de que a haxa en Marte. Porén, en moitos aspectos, o seu medio ambiente parécese ao da Terra na súa infancia. Xúpiter é un remuíño con metano e amoníaco, gases que nun tempo envolveron á Terra e son necesarios para a creación de vida.
Realmente podería chegar a haber vida neste planeta nun futuro?

Fontes
Hathaway Nancy, El universo para curiosos. Editorial Crítica.

Páxinas interesantes

Manchas solares


Son enormes tormentas magnéticas que se producen na axitación da superficie do Sol. Moitos científicos investigaron sobre como influían no noso planeta e nas nosas vidas. Poden as manchas solares influír  no clima como pensaba Jonathan Swift ou no precio do trigo como afirmara William Herschel?

Fontes
Hathaway Nancy, El universo para curiosos. Editorial Crítica.

Páxinas interesantes
https://www.youtube.com/watch?v=OpFs2Jw8IQ8

Os dados do reloxeiro

Un poco de todo para ler a ratos.

INTERESTELLAR (peícula)

Película de ciencia ficción inspirada no traballo do físico teórico Kip Thorne, e trata nun segundo plano, pero con importancia para a comprensión do desenrrolo das accións, as teorías da física cuántica, relatividade...e outras teorías físicas da actualidade. Na película Mostranos o interior dun burato negro, a viaxe ao seu centro, un burato de verme (warm hole) os efectos da dilatación do tempo, os efectos da ruptura do espazo-tempo...

Unha película que dura pouco menos de 3 horas e, sen duda, fantástica para pasar un bo rato aprendendo, divertindose... e para algúns incluso chorando!

Máis info : Preme aquí

Máis curiosidades 


23 nov 2014

Las abducciones !Vaya timo¡

Agora vai resultar que os extraterrestres non son sociables.