21 nov 2013

Afastamento entre a Terra e a Lúa






A Lúa procede dunha  colisión entre a Terra e un obxecto do tamaño de Marte. Este impacto xerou  escombros que quedaron en órbita ao redor da Terra e a fusión destes, deu lugar á Lúa. A  gravidade lunar, produce as mareas dos nosos océanos, xa que a veloz rotación da Terra intenta arrastrar á Lúa. Debido a isto, a Lúa  está a afastarse  de nós uns 4 cm anuais e a rotación da Terra  faise máis lenta. Agora mesmo, a Lúa atópase a uns 385.000 km do noso planeta. De seguir así, esta afastarase máis e ralentizará a rotación da Terra. Vista a influencia que a Lúa exerce sobre a Terra, Sería posible a existencia da Terra sen a Lúa?


A galaxia máis afastada



A z8_GND_5296 é unha galaxia que se formou fai arredor duns 700 millóns de anos depois do Big Bang (fai 13.800 millóns de anos aproximadamente) co que constitúe a galaxia máis antiga que atopamos. Ademais, nesta fórmase anualmente unhas 300 estrelas similares ao Sol.
Que valiosa información poderemos obter desta galaxia?

Fonte: http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/descubierta-la-galaxia-mas-lejana-jamas-hallada-311382614657

20 nov 2013

Meteorito caído en Rusia

METEORITO CAÍDO EN RUSIA



O 15 de febreiro deste ano, un meteorito de gran tamaño impactou en Chelyabinsk (Rusia) e foi considerado un dos maiores impactos rexistrado nos últimos 100 anos. Os científicos afirman que liberou unha enerxía superior a da bomba atómica de Hiroshima e que a rocha, recuperada no lago Chebarkul, preto da cidade na que caeu, parece ser o fragmento máis grande dun meteorito atopado polo de agora.
O impacto causou  unha perforación de seis metros de ancho no xeo da superficie.


Fonteses.gizmodo.com

Marte fai uns 4000 millóns de anos








Así creen os científicos que era Marte( o planeta roxo) fai xa 4000 millóns de anos, era moito máis parecido a Terra que na acutualidade de feito algún descubriron alguns científicos recentemente Marte tivo unha atmosfera rica en Osixeno precisamente fai 4000 millóns de anos , moito antes de que surxira o osixeno atmosférico fai uns 2500 millóns de anos.
Crees que chegou a existir vida en marte? Crees que chegou a haber unha civilización? Se a houbo porque se extinguiu?

Homeopatía: peor o remedio ca enfermidade



Xa son máis dun millar de casos no noso país nos que os doentes saíron aínda máis perxudicados polo emprego de menciñas homeopáticas, as cales poden causar dende intoxicacións ou alerxias ata a propia morte. Isto débese á súa elaboración que inclúe perigosos metais pesados, plantas tóxicas, etc. Pese ao intento de xustificar estas consecuencias alegando que non todos os remedios homeopáticos producen efectos negativos e que son máis seguros que os medicamentos convencionais, a relación risco-beneficio destes tratamentos fainos conscientes do seu perigoso efecto negativos.
Realmente os medicamentos homeopáticos poden curar doenzas?
Se fora no teu caso, empregarías os métodos da medicina convencional ou os da homeopatía?

Supervolcáns en Marte.




Científicos estadounidenses aseguran que en Marte houbo supervolcáns. Estes volcáns, son aqueles que ao explosionar lanzan máis de mil kmde material nunha soa erupción. Ata agora non se tiña constancia de ningún no planeta vermello pero algús dos cráteres encontrados na rexión septentrional son pegadas de que estes volcáns estalaron fai miles de millóns de anos. 
Se poidesemos ir a Marte e aplicar unha nova rede sísmica volcánica para investigar posibles erupcións, de que maneira afectaría dita erupción ao planeta vermello? 
Fontes:  http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/10/02/actualidad/1380733418_975061.html


19 nov 2013

Consecuencias de ser astronauta


Viaxar o espazo non é algo tan simple, e máis no plano orgánico. Os astronautas sofren pérdida de visión e aplastamento dos ollos, cambios no corazón, problemas de sono, atrofia muscular, descalcificación dos osos… e moitos mais. Para realizar esta profesión hai que ter moita capacidade intelectual e sufrir uns moi agotadores adestramentos para ser elexido. Paga a pena ser astronauta?


18 nov 2013

Meteorito Cheliábinsk



O pasado 15 de febreiro un meteorito de 17 metros de ancho, cunha masa de 7.000 a 10.000 toneladas chocou contra Cheliábinsk, unha cidade rusa. Este feito causou un considerable dano, unhas 1500 persoas foron feridas por cortes ou pola calor desprendida, hai dez veces máis meteoritos do que se estimaba. Os telescópios actuales impiden observar a chegada de obxetos como estes, son invisibles cando veñen na mesma dirección que a luz solar, algo que ocorreu co meteorito de Cheliábinsk.Estamos enton en perigo da chegada de máis obxetos como este?  


Cadela Laika


Laika foi unha cadela espacial soviética que se convertiu no primeiro ser vivo terrestre en orbitar a Terra. As 7 horas do lanzamento por estrés e sobrequentamento morreu, ademáis de esta hai mais animais lanzados o espacio como Felix o gato ou Able o mono, todos estes igual que laika faleceron. É necesario enviar animais o espazo sabendo que pode que non sobrevivan?

17 nov 2013

YELLOWSTONE, UN SUPER VOLCÁN



O parque nacional de Yellowstone é unha maravilla xeolóxica situada no vértice noroeste de Wyoming en EEUU. A súa paisaxe repleta de piscinas termais e géiseres son un claro indicador da temperatura baixo a superficie. Se o gran volcán situado baixo Yellowstone entrara en erupción produciría unha grande explosión debido a súa superficie e ao seu volume de magma que, posiblemente acabaría coa face dos Estados Unidos e provocaría un inverno volcánico en resultado das extremas cantidades de cinza e gases enviados a atmosfera acabando así coa vida na Terra.
Pero, pódense predicir estas super erupcións a tempo ou pola contra estamos destinados a ser as víctimas destes desastres naturais?

FONTES:http://espanol.earthsky.org/la-tierra/el-supervolcan-yellowstone-va-a-explosionar
http://es.wikipedia.org/wiki/Invierno_volc%C3%A1nico

Po de estrelas

Cambiamos de formato, neste caso recoméndovos un libro en formato dixital (PDF que como sabedes podedes convertir en Epub). Po de estrelas é unha magnífica mostra de que se pode falar de ciencia en galego, proba e verás.