15 nov 2011

Hawking afirma que os extraterrestres poden ser hostís

O físico Stephen Hawking afirma que é lóxico aceptar a existencia de vida intelixente fora da Terra e que os humanos deberíamos evitar o contacto con ela. "Para o meu cerebro matemático, os meros números fan que pensar sobre extraterrestres sexa perfectamente racional. O verdadeiro desafío é adiviñar cómo poden ser de verdade". Según el, a maioría dos extraterrestres serían o equivalente aos microbios, animais simples, o tipo de vida que dominou a Terra durante a maior parte da súa historia. Pero algunhas formas de vida poderían ser intelixentes e constituír unha ameaza.

"Si nos visitaran, os resultados serían como cando Colón chegou a América, algo que non salio ben para os nativos americanos".

A única razón pola que os extraterrestres poderían asaltar a Terra sería simplemente pola búsqueda de fontes de recursos naturais, e despois marcharían.