18 nov 2010

Temos un límite de tempo

A partir do día 30 de novembro non se admiten máis entradas nin máis comentarios para esta avaliación.

BILL GATES QUERE TAPAR O SOL


Tras que un estudo científico establecera que a alternativa maís rápida e económica de deter o calentamento global e bloquear os raios do sol, o home maís rico do mundo, Hill Montgomery Gates, decidiu financiar o proyecto; desviar as radiaccións solares por medio de millóns de toneladas de partículas reflectivas. O feito e que esto funcionaría sen lugar a dubidas; a incógnita estaría en que pasaría despois; e encreible que chegáramos a este punto. ¿De verda creedes que esto funcionaría? ¿Non pensarón na posibilidade de que sen os raios do Sol a vida sería enexistente?

17 nov 2010

PAPEL ELECTRÓNICO

A empresa LG inventou un novo papel electrónico de 0.3 mm de grosor que ten as mesmas dimensións que unha folla de papel A3 e é oito veces máis grande que un libro electrónico, o que permite transmitir a mesma sensación dun periódico tradicional en branco e negro. Só pesa 13 gramos e pode ser dobrado sen que se perda calidade na recepción das iimaxes que están pensadas para transmitir a mesma sensación que durante a lectura dun papel impreso. Conseguiron que as imnaxes poidan cambiar cunha relativo rapidez.

- Na miña opinión, supón un gran avance tecnolóxico, aínda que penso que ten que pasar moito tempo para que isto estea ó alcance de todo o mundo.

PLÁSTICO DE ORIXE VEXETAL



A tecnolóxica IBM e a Universidade de Strandford traballan nunha nova técnica que permitirá fabricar plástico de orixe vexetal, co fin de emprazar os produtos a base de petróleo que prexudican o medio ambiente. Esta investigación demostrou que os compostos orgánicos das plantas pódense empregar en vez dos materiais sintéticos na fabricación dos polímeros empregados para crear plásticos.


- Eu peso que é unha iniciativa moi boa, reduciríase en gran medida a contaminación ambiental e poderíanse chegar a substituír o emprego de plásticos por este novo material.

AUGA ELÁSTICA



Un grupo de científicos xaponeses inventaron un novo material, ó que denominaron “auga elástica”, o cal consta dun 95% de auga e un porcentaxe restante que combina arxila e sustancias orgánicas, as cales lle confiren a súa consistencia e textura. As características da “auga elástica” farían posible a súa utilización no campo da medicina ou incluso se se lle aumenta a súa densidade, este novo material podería ser empregado para a produción de materiais plásticos ecoloxicamente limpo.


- Eu penso que podería supoñer un gran avance no campo da medicina; tamén suporía un importante avance en canto á fabricación de materiais plásticos ecolóxicos (aínda que por agora so sexan posibilidades).

génesis bernard beckett


Este é un pequeno libro que conta una historia protagonizada por una rapaza chamada anaximandro que ten que facer un exame para entrar nunha academia.
Anax tivo un titor chamado perícles que lle insinou todo o necesario para superar a proba de acceso a academia, que é o que todos buscan. Anax ten que entrar nunha sala na que hai tres examinadores que lle fan distintos tipos de cuestións. Fai varias entradas e saídas porque o exame e moi longo. Nestas cuestions a protagonista mostranos un dilema entre os humanos e os robots moi entretida e cun final inesperado.

Na miña opinion é un libro moi entretido dende o comezo enganchate e queres sempre saber como vai rematar a historia.

15 nov 2010

Videntes que xogan a detectives



As artes dos videntes, adiviños ou tarots nunca foron vistos con bos ollos por todos, pois dende un principio foron relacionados con timos ou estafas, ademais de haber quen lles ten certo respeto e pénsano dúas veces antes de falar sobre a orixinalidade ou até que punto son verdade estos temas.
Porén, dende hai algúns anos, a policía criminal apóiase no poder dos videntes cando non teñen pistas firmes, coa intención de que estes aporten novas probas que axuden a resolver os casos.
Sabendo que os investigadores só deberían ter en conta os métodos científicos,non resulta irónico confiar a vida dalgunhas persoas nalgo no que non estamos seguros de crer?

http://www.foropolicia.es/foros/viewtopic.php?f=1&t=36448

"The Grand Desing"

Stephen William Hawking escribiu o libro: "The Grand Desing", no que afirma que nin Deus nin outro ser sobrenatural foi o creador do Universo, senon que este saiu da nada. Para dicir esto baseouse nunhas leis físicas como as súas aportacións en cuestións de cosmoloxía, os buratos negros e a gravitación cuántica coas que intentou dicirnos que o Universo foi creado por unha grande explosión chamada Big Bang. Pero con este escrito tamén pretende interpretar a realidade coa física/ciencia contemporánea, e dicir, as súas prediccións teñen que estar detalladas para as futuras obsevacións e así poder demostralo. Cómpre destacar un pequeno fragmento do libro:

"Non é necesaria a existencia dun Deus para explicar a orixe do Universo. Polo feito de existir a lei da gravidade, é unha consecuencia de que o Universo fose creado por si mesmo a partir da nada. Supoñer que houbo un Deus que encendiu a mecha da explosión é totalmente redundante."

O Clorohidrato de Aluminio e o cáncer de mama.


Fai uns meses, os medios de comunicación saltaron coa noticia de que unha das causas que producen cancro de mama podería ser o uso de desodorantes con efecto antitranspirante. Existe un grupo de científicos da universidade de Keele en Inglaterra que realizaron unha investigación en 17 mulleres que foran sometidas a unha mastectomía. O resultado obtido foi que os científicos atoparon elevados restos de niveis de Clorohidrato de Aluminio nas células infectadas próximas á zona das axilas.
Esta noticia alarmou é poboación, e de feito xa hai persoas que abandonaron o uso destes productos. Realmente debemos de ser tan preventivos como para cambiar de desodorante polo feito de que exista unha única investigación da que non afirman a vericidade dos resultados?

14 nov 2010

Correr ou non correr? Esa é a cuestión

¿ Correr baixo a chuvia?



Moita xente, ou case todo o mundo bota a correr cando vai andando e lle empeza a chover, para que? Para non nos mollar claro. Pois non, os científicos estiveron desenrolando formulas de fluídos ata que deron con que canto máis corras mais te mollas, pode parecer tonto e cando che volva a chover volveras a correr pero é así.

Canto máis corras máis te mollas porque colles as gotas de mais sitios, e o caso extremo xa é que che chova de fronte, se che chove de fronte e non tes onde agocharte, déixao, estás pingando!

O profesor Jearl Walter, titular da cátedra de física da Universidade de Cleveland, foi quen investigou isto e caeu na conclusión de que o mellor para estes casos é o monopatín porque a posición curvada que levas no monopatín impide que te molles, iso si, se che ven o vento pola espalda, corre todo o que poidas.

Pese a todas estas recomendacións e consellos, eu persoalmente, recoméndovos que se vedes que vai chover non saiades da casa sen paraugas.



Para os que queiran máis información aquí lles queda isto:

http://www.quo.es/ciencia/consultas/si_corres_bajo_la_lluvia_te_mojas_menos


Miguel 1ºA