29 abr 2014

ANXIOEDEMA HEREDITARIA.













É una enfermidade  producida pola deficiencia do inhibidor da C1 esteresa, que se a topa no cromosoma 11. Hérdase con un patrón autosómico dominante. Cando o C1 inhibidor é deficitario, crece a concentración da molécula bradicinina, que aumenta a permeabilidade dos vasos dando lugar a saídas de líquidos que provocan edemas. Afectan principalmente a cara, a larinxe…
Pero, por qué se produce esa deficiencia do Inhibidor C1?

Bebidas enerxizantes e saúde

Un estudo no cal se lle suministra aos colaboradores unha bebida enerxizante con 32 mg por 100 ml de cafeína e 400 mg por 100 ml deTaurina, amosa a brusca contracción do ventrículo esquerdo do corazón poucas horas despois de tomala. Estas bebidas poden xerar a adición do noso cerebro á cafeína. Como podemos loitar contra isto se o consumo destas bebidas aumenta? 

Os arándanos e o alzhéimer


 Investigadores de Memorial University of Newfoundland (Canadá) fan un estudo con moscas da froita. As moscas alimentadas con arándanos viven máis e melloran certos problemas. Isto débese ás  propiedades desta froita sobre a alfa-sinucleína, proteína clave no desenvolvemento do párkinson. De se aplicar un tratamento con arándanos en humanos, lograriamos curar a enfermidade?

Fontes: http://www.medciencia.com/se-puede-tratar-el-parkinson-con-arandanos/

http://www.apratuc.com.ar/Noticia-614/investigacion-el-arandano-protegeria-contra-el-parkinson.html

28 abr 2014

Nova información sobre o Síndrome de Down

Un estudo sobre dous irmáns xemelgos dos cales un padece Síndrome de Down revelou que xenes deste están alterados en todos os cromosomas e non só no 21 cuxa trisomía é a causante da enfermidade.
Será posible atopar unha cura e esta enfermidade?
Fonte: http://www.d24ar.com/nota/318865/una-investigacion-revela-de-donde-proviene-el-sindrome-de-down-20140417-0204.html

O XENE QUE DECIDE SE SOMOS DESTROS OU ZURDOS.

Científicos descobren qué determina se somos zurdos ou destros.En concreto, atoparon unha relación entre a lateralidade da man humana e unha rede de xenes, principalmente o PCSK6, implicados no momento en que o embrión deixa de ser unha bola de células e se converte nun organismo destro ou zurdo. Tamén se manifesta nunha diferenza entre os hemisferios cerebrais. 

Producirá este xene, máis diferenzas entre os organismo?









Existe relación entre o alzhéimer e os xenes?


Un equipo da Universidade de Stanford (EE.UU) tras observar grupos de persoas maiores durante anos, di que se produce un deterioro cognitivo, que conduce ó alzhéimer en moitos casos. Portar unha copia do xen ApoE4 aumenta o risco de desenvolver alzhéimer nas mulleres máis que nos homes. A través do estudo deste xen poderanse mellorar os tratamentos da enfermidade?

fontes:                                                                                                                                            


27 abr 2014

50 cosas que hai que saber sobre xenética

http://ariel.claudator.com/libro/50-cosas-que-hay-que-saber-sobre-genetica-978843446926
Eu espero que rematemos o curso sabendo moitos máis de 50 cousas sobre xenética pero igual non tratamos as que veñen neste apaixonante libro. Unha obra cunha lectura moi sinxela xa que está organizada en temas independentes que permiten organizar unha orde propia de lectura. Seguro que esperta a vosa curiosidade.