9 may 2014

Prohibición dos batidos de placenta.


O Reino Unido prohibiu estes batidos elaborados a base de placenta humana por motivos como a aparición de bacterias ou o mal  control deste proceso de fabricación.
Tomarías ti un destes batidos se che din que ten beneficios para a saúde?
Fontes: La Voz de Galicia

Vínculo entre cromosomas e os 110 anos.


Un estudo realizado entre España e Xapón explorou a relación existente entre o cromosoma 9p21.3 e o envellecemento celular, ainda que os factores externos teñen tamén importancia.
De ter ti ese xen, que estilo de vida cres levarías para poder alcanzar o centenario?

La nariz de Charles Darwin

http://lacienciaesbella.blogspot.com.es/2013/06/la-nariz-de-charles-darwin.html
Teño que darme présa antes de que Ángela empece a falar da Barbie e non saibades a que libro se refire. Por certo, é anoréxica a Barbie? Que lle imos facer, este ano estades lendo os libros antes de que cheguen á biblioteca.
Neurociencia para todos os públicos.

8 may 2014

Un software capaz de detectar o cancro de mama.

Un grupo de investigadores desarrollaron un software que axudará a determinar o risco de desenvolver un cancro de mama. Este software analiza a imaxe obtida nunha mamografía e cuantifica de maneira obxetiva a densidade da mama, un valor que está relacionado co rico da aparición dun tumor. Será este un paso adiante para obter a cura contra o cancro?

As bacterias fanse fortes


Pastillas y blísters de diferentes tipos de antibióticos.











Un dos problemas máis graves agora é o consumo desmedido de medicamentos que poden chegar a producir enfermidades. Tomar a miúdo un antibiótico produce que as bacterias se volvan resistentes a el. Pode causar isto un atraso na medicina?

Rexeneran o musculo cardíaco dañado con células nai.

Células do corazón creadas a partir de células nai embrionarias humanas restauran os músculos do corazón dañados en monos.Os resultados do experimento suxiren que esto debería ser efectivo nos humanos. Grazas a este estudo, ninguén morrerá debido aos infartos ou a outros ataques ou enfermidades que dañen os músculos do corazón?

7 may 2014

A vitamina B1 para a memoria

FOTO VIT B DÉFICITS NUTRICIONALES Y ENFERMEDADES PSICOLÓGICAS CONSECUENTES

A vitamina B1 ou vitamina da memoria atópase en diversos alimentos como: peixe, noces… Unha mala alimentación e a falta desta vitamina pode producir problemas de memoria. De non tomar unha alimentación equilibrada podemos perder toda a memoria?

Fonte: http://www.rdnattural.es/plantas-y-nutrientes-para-el-organismo/vitaminas/vitamina-b1/

A obesidade en Galicia  















Estudos do SERGAS afirman que Galicia conta con un elevado número de nenos obesos 8.3% e con sobrepeso 30%. A explicación que dan é que as persoas comen máis comidas rápidas e elaboradas e realízanse menos actividades. Como impedir que sigan crecendo o número de persoas obesas?


Fonte: http://www.xornalgaliciasur.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2680:galicia-a-xunta-pon-en-marcha-un-plan-contra-a-obesidade-infantil-para-reducir-o-sobrepeso-nos-nenos-de-hoxe-e-evitar-este-problema-nos-adultos-do-mana&catid=44:galicia&Itemid=147

Optoxenética.


A través da transfección que a optoxenética ofrece , lógrase diseñar neuronas xeneticamente  mediante a inserción de fibra óptica no cerebro en determinadas  neuronas (rediseñadas) que reaccionan á luz grazas a unha proteina fotosensible.

Desaparición do cromosoma Y.

Unha investigación publicada na revista Plos Genetics apunta que de sosterse a velocidade de perda de xenes do cromosoma que aporta o sexo masculino, este acabaría desaparecendo por completo.

Perderán os homes o asalto dos xéneros ou crearase unha nova especie de humano, como apuntal algúns eruditos?



ADN

     James D. Watson, codescubridor da estructura do ADN, achega neste libro explicacións diversas sobre esta case descoñecida molécula, dende os comenzos da xenética mendeliana ata os nosos días, profundizando en numerosos e habitualmente controvertidos temas. Deberíase posuír un banco universal de datos xenéticos? Debemos alterar xeneticamente a animais e prantas? E a euxenesia como método para acadar o progreso humano ou a perfección xenética a través das xeracións?
     Todo isto e máis nun libro cunha gran cantidade de información bañada co rigor científico do autor.

O talón de Aquiles do cancro de páncreas


Un estudo mostra que a anulación da proteína Yap se non preven o cancro de páncreas si deten o seu crecemento. É un feito que a maioría dos pacientes con este cancro posúen unha mutación no xene KRAS e o bloqueo desta proteína desactiva a actividade deste xen.
Poderase atopar unha cura a esta cancro altamente letal?
Fonte: http://www.infosalus.com/salud-bienestar/noticia-identificado-talon-aquiles-cancer-pancreas-20140502132714.html

Os vexetarianos teñen unha peor calidade de vida


Tras un estudo realizado en Austria demostrouse que os vexetarianos se atopan nun peor estado físico e mental e requiren máis tratamento médico que as persoas que non o son. Ademais, estas teñen máis risco de padecer cáncer, alerxias e problemas mentais.
Pode este réxime alimentario ser perigoso para as persoas que o elixen?
Fonte: http://www.leanoticias.com/2014/04/04/la-personas-vegetarianas-tienen-mayor-riesgo-de-sufrir-cancer-y-otros-problemas-de-salud/

Atopado o xen responsable do trastorno do pánico


Investigadores do CRG estableceron que o xene NTRK3 é o causante deste trastorno xa que a súa desregulación produce cambios no desenvolvemento cerebral provocando que o sistema de memoria relacionado co medo non funcione correctamente.
Permitirá este descubrimento mellores vías para curar este trastorno?
Fonte: http://www.infosalus.com/salud-bienestar/noticia-hallan-gen-responsable-desencadenar-trastorno-panico-20131128151215.html

Descuberto novo trastorno neurolóxico en nenos de Turquía


Esta enfermidade neurodexenerativa provoca a quen a padece un cerebro máis pequeno e defectos sensoriais e motores. A causa desta malformación é, segundo o IMBA, unha mutación do xene CLP1 dun ancestro común do antigo Imperio otomano de fai 16 xeracións.
Trátase dun trastrorno aislado ou daranse casos extendidos polo resto do mundo?
Fonte: http://www.tendencias21.net/notes/Descubren-un-nuevo-trastorno-neurologico-en-ninos-del-este-de-Turquia_b6564025.html

A risa e a memoria


 Un estudo recente di  que o humor pode reducir o dano cerebral causado pola hormona cortisol (hormona do estrés). A cal se lle atribúe  a perda da memoria debido a que os niveis altos de cortisol danan a conexión entre células cerebrais. Estamos ante un remedio para a perda de memoria?


6 may 2014

HISTORIAS CURIOSAS DE LA MEDICINA


 Beber sangue como fonte de xuventude , reis sanadores co tacto, pedras preciosas como medicamento..Historias curiosas de la medicina conta mediante diferentes anécdotas, instrumentos e costumes da historia da medicina que deron lugar a esta ciencia que coñecemos hoxe en día.

5 may 2014

O síndrome de Down e a leucemia


As persoas con síndrome de Down teñen 20 veces máis risco de sufrir leucemia que o resto da xente. Un estudo realizado por Investigadores do Instituto de Cáncer Dana-Farber (EEUU) di que isto se debe a unha copia extra do cromosoma 21, o cal aumenta a posibilidade de padecer  leucemia. A qué se debe esta relación?


Proteína que interrompe a trasmisión da malaria














Investigadores de Barcelona, revelan que a proteína AP2-G actúa como un interruptor da malaria mediante a prevención da formación das etapas sexuais do parasito. Poderase acabar con este parasito e impedir a morte da xente que padece a enfermidade?

Fonte:  http://www.rtve.es/noticias/20140224/descubren-proteina-interrumpe-transmision-malaria/886141.shtml

O cerebro diminúe




Unha persoa perde entre 0.1 e 0.3 de volume cerebral por ano. Investigadores descubriron que en pacientes con problemas neurolóxicos esta perda e maior. A perda refléxase nun maior grado de discapacidade motora e cognitiva. Son capaces as enfermidades neurolóxicas de acabar co tamaño do cerebro?


Fonte: http://www.informador.com.mx/suplementos/2014/522811/6/descubren-disminucion-del-cerebro-a-causa-de-enfermedades.htm

Ratos con alzhéimer recuperan a memoria



Científicos españois lograron reverter a perda de memoria en ratos con alzhéimer. O experimento realizouse na primeira etapa da enfermidade e consistía nunha pequena terapia. Eses ratos recuperaban a memoria. Non se sabe se a terapia será válida cando a enfermidade está mais avanzada. Podemos chegar a encontrar a cura desta enfermidade?

Fonte: http://www.atencionprimariasalud.es/documentacion-otros-medios/ratones-con-alzheimer-recuperan-la-capacidad-de-memorizar-sociedad-el-pais

4 may 2014

S = EX2 - La ciencia del sexo.



Se sentes curiosidade por este tema, Pere Estupinyà escribiu o libro perfecto para ti. Nel podes atopar todo tipo de contidos, dende "sexo en la Prehistoria" ata outras formas non convencionais de ver o sexo como pode ser todo o relacionado co mundo do intercambio de parellas, pasando tamén por una análise en profundidade do osgasmo feminino. Cada tema ven separado por capítulos facendo así que a lectura sexa clara e amena.

Zaira e Noelia.

A vida ao límite

https://editorial.csic.es/publicaciones/libros/12246/84-00-09663-2/la-vida-al-limite.html 
Pódese vivir nun deserto ou en auga fervendo? Algunhas bacterias poden e gustan de facelo. Sorpréndete cos extravagantes gustos destes organismos.

TOMAR FIBRA AUMENTA A SUPERVIVENCIA TRAS UN ATAQUE DE CORAZÓN


Un  estudo demostra que o consumo de fibra tras un ataque de corazón prolonga a vida.
Esta investigación consistía en analizar os datos de máis de 4000 persoas que sobreviviran a un infarto de miocardio e revelou que os máis consumidores de fibra, tiveran unha probabilidade (25%)menor de falecer. Ademais a fibra asociada a unha maior posibilidade de supervivencia foi a dos cereais.

Deberían os médicos aconsellar as persoas propensas a esta enfermidade tomar máis fibra?