26 dic 2014

Entradas da segunda avaliación 14-15

Unha vez superada a proba inicial da primeira avaliación, chega o momento de evolucionar. Neste novo trimestre as entradas deben cumprir unhas condicións máis estritas que na avaliación anterior:
  • O tema de todas as entradas debe estar relacionado coa evolución ou coas pseudociencias, os temas que trataremos nesta avaliación.
  • Calquera entrada que copie fragmentos da fonte será desestimada. Lembrade que a fonte é imprescindible.
  • Non admitirei más de catro entradas da mesma fonte xeral. (Cada alumno poderá empregar dúas veces a mesma fonte xeral)
  • Todas as entradas deberán dar lugar a unha polémica referida á controversia ciencia-pseudociencia ou a relación dos avances científicos coa sociedade.
  • Lembrade que os comentarios tamén se valoran.
  • As entradas deben ser curtas e incluír hipervínculos, etiquetas e, algo moi importante, referencias que nos permitan analizar as fontes de cada entrada.
A partir deste momento tedes as portas do blog abertas. Ánimo e a traballar.

16 dic 2014

Neurociencia para Julia

Un tema moi difícil moi ben explicado. Dende a explicación dos soños ata os cegos que ven, a neurociencia para todas as mentes.

Rita Levi-Montalcini por June e Lucía

El cosmos en la palma de la mano-Manuel Lozano Leyva

Así a simple vista está foto pode parecer un tanto extraña,por eso mesmo explicareivos a súa interpretación.Con ela intento representar os términos:tempo,espazo e enerxía.Que son factores a ter sempre en conta e que están mencionados continuamente neste libro.Pero non vos alarmedes ten unha linguaxe sinxela e non resulta complicado a hora de leelo.
"Los inventores de enfermedades" un libro perfecto para aquelas persoas as que lle guste a menciña e teñan curiosidade por saber como funciona este mundo, achega datos tan curiosos como que o colesterol malo non existe,que cada segundo cinco homes no mundo toman Viagra, que existe unha pastilla para a intelixencia...

14 dic 2014

O elixir da morte


O outor deste libro adéntranos nun percorrido pola historia dos velenos, dende o seu uso na Grecia Antiga ata o asasinato dun espía ruso na actualidade, pasando pola misteriosa morte de Napoleón e o extraño caso das bruxas de Salem. 

Cuando el hombre encontró al perro

Gústanvos os cans? E vós a eles?
O autor Konrad Lorenz é o  fundador da ciencia do comportamento animal, a etoloxía.


13 dic 2014


 Un libro para excavar e saber duns antepasados un pouco lonxanos, os dinosaurios.

Hablemos de Ciencia, José Manuel Nieves


Manuel Nieves no seu libro "Hablemos de Ciencia" levanos por un percorrido ao longo de diferentes campos da ciencia, como a Física, Astronomía, Química, Bioloxía... Un libro de fácil lectura, que nos mostra as grandes cuestións e respostas a aquelas preguntas que o ser humano se fixo ao longo do tempo dende un punto de vista científico. Sen duda, apto para aqueles que se queira introducir un pouco mais na ciencia en xeral e tamen, para quen teña algunha gana de pensar.

12 dic 2014

Los Dinosaurios

Los dinosaurios é un libro que se debe ler, aínda que só sexa para descubrir a realidade de feitos que se dan por irrefutables e nos contan desde a infancia; ou para comprobar canta información se pode obter cunha soa pisada dun dinosaurio.

11 dic 2014

El universo para curiosos - Nancy Hathaway

Gústache a mitoloxía? Ou quizáis a astronomía? Gústeche o que che guste se es curioso encantarache este libro. Mitos, planetas, descubrimentos, estrelas, cometas e todas as teorías que poidas imaxinar atoparalas neste libro, unha  incrible viaxe polo universo.

S=EX² LA CIENCIA DEL SEXO

Gústache o sexo? Gústache a ciencia?, si a resposta é si, este é teu libro. A súa lectura producirache unha excitación intelectual ao mesmo tempo que che axudará a resolver grandes preguntas da humanidade, como por exemplo porqué os patos teñen pene e os galos non. Tamén explica que a pornografía é sana, e que a masturbación tamén; aínda que menos que o coito. Aprende dos swingers ou descobre inquietantes parafilias.... Que bonita é a sexoloxía!

Órganos a la carta



Este libro sumérxenos no mundo da xenética , os seus avanzes , o que coñecemos e o moito que ainda descoñecemos...Será posible algún día coñecer unha persoa idéntica a nós?

Sofía Brahe por Jéssica e Lucía

10 dic 2014

Peligros naturales


Como reaccionarias ante una enorme desastre natural? Este libro mostra as diferentes catástrofes que poden suceder no noso planeta debido aos movementos das placas tectónicas,desprendementos ,... explicanos como se producen e  danos diferentes exemplos devastadores que lle aconteceron a distintas civilizacións.

9 dic 2014

Hablemos de ciencia

Pois falemos a ver que tal.

Rematamos o prazo de lectura

O venres 12 de decembro remata o prazo para a lectura de libros de divulgación. Nesa data os libros deben estar aprobados, é dicir, tedes que falar comigo antes do venres. A fin de semana poderedes rematar de subir as entradas.
Esta vez a regra ten algunha pequena excepción pero o venres tedes que ter confirmada a excepcionalidade.
Todo aquel que non tivo tempo de ler esta avaliación pode continuar coa lectura para a próxima.
Boas vacacións.

5 dic 2014

LHC y la frontera de la física

Acheguémonos aos límites da física moderna, descubramos cómo se aceleran partículas case á velocidade da luz, descubrámolo co LHC, o acelerador de hadróns máis  custoso e longo do mundo, pero con tanta enerxía como teñen as partículas no LHC, pode este destruir o mundo?  Debemos seguir invertindo nalgo tan custoso?



2 dic 2014

La ciencia como calamidad

Un libro especial. Igual non é para todos os públicos pero o tema ben merece un esforzo.

1 dic 2014

Auga fósil precámbrica.


No 2007 Barbara Sherwood Lollar encontrou na mina de cobre Timmins mostras de auga que estiveran encerradas nas rocas desde facía 1100-2700 millóns de anos. As mostras contiñan gases sulfurosos, metano e hidróxeno, pero non contiñan vida.
Tamén atoparon dúas minas da cunca Sudbury en Ontario, as mostras de auga obtivéronse en unha profundidade de 1300 e 1700 metros e teñen unha idade similar as anteriores.
Os investigadores están analizando as mostras en busca de vida antiga ou en busca de unha química interesante.
¿Realmente existirá vida antiga nestas augas?

Descubren o burato negro máis masivo no Universo cercano.


Un equipo de astrónomos de México, Reino Unido, Chile e Estados Unidos descubriron o que podía ser o burato negro de maior masa no Universo cercano.
O burato encóntrase na galaxia Holm 15A e podía ter unha masa de máis de dez mil millóns de veces da do Sol.
Estes buratos prodúcesen por que a súa velocidade de escape e maior que a velocidade da luz.
Dinos tamén que cada galaxia podía ter un burato negro no centro.
¿Podería haber máis de un burato negro?

Hai océanos de diamantes en Urano e Neptuno? E choivas de diamantes en Xúpiter e Saturno?


Científicos afirman que estes fenómenos poden ser posibles debido ás condicións de temperatura e presión destes planetas.
Si esto fose certo, debemos facer que se investigue o xeito de poder extraelos e enriquecernos ou pola contra pensades que non sairía rentable?www.astrofisicayfisica.com/2010/01/psobles-oceanos-de-diamantes-en-uranoy.html?m=1
m.rpp.com.pe/2013-10-10-cientificos-aseguran-que-en-jupiter-y-saturno-llueven-diamantes-noticia_638123.html
cnnespanol.cnn.com/2013/10/10/saturno-jupiter-neptuno-y-urano-podrian-ser-una-fabrica-de-diamantes/

30 nov 2014

A arca de Noé

Aínda que o vexades en terra ao autor deste libro gústalle máis o mar e o demostra neste libro

Astronomía como campo profesional

Se hai algún campo profesional onde ainda quede moito por descubrir esa é a astronomía. Para os amantes desta ciencia, aquí unha oportunidade a adicarse a ela. Institutos de Astronomía xunto con científicos falan e informan sobre un 5% do universo composto por átomos, xa que o 95% restante non se coñece ainda. O sol non é un único obxecto nin tampouco o centro da galaxia, as estrelas non son todas iguais, e o máis impresionante, existe un número infinito de universos? Parece que esta labor vai destinada aos futuros astrónomos. Se tardamos 400 anos en coñecer un 5% do universo, canto tempo lle teremos que adicar ao resto que nos queda por descubrir?

Fonte
http://www.lja.mx/2014/11/grandes-oportunidades-profesionales-para-jovenes-si-se-desempenan-en-la-astronomia/

28 nov 2014

A estrela de Belén

É un gran misterio que envolveu o nacemento de Cristo. Calcúlase que Xesús naceu no 7 a.C. así que dise que puido ser a conxunción planetaria que ocurreu nese ano, tamén que podería ser un cometa calquera ou o cometa Halley visto no 12 a.C. ou que incluso podería ser unha supernova que se produciu no 5 a.C.
O certo é que os científicos non teñen moito máis de onde sacar, que sería en realidade a suposta estrela?

Fontes

Páxinas interesantes
https://www.youtube.com/watch?v=DzvZyqxqfBI

A mancha vermella de Xúpiter

É unha tormenta circular anticiclónica. Mide 41.000 kilómetros no punto máis ancho, podería encaixar ata tres Terras unha ao lado da outra. A mancha é moi luminosa, unha recente investigación suxere que a luz solar é responsable da cor. As nubes desta estructura están moito máis altas que as do resto do planeta, e a súa natureza de vórtice confina a las partículas vermellas unha vez que se forman pero, será realmente isto o que a fai tan luminosa?

Fontes

Páxinas interesantes

É a mitoloxía unha ciencia?


É un conxunto de mitos relativamente cohesionados. Os mitos son uns relatos que forman parte dunha determinada relixión ou cultura. Unha ciencia trata temas sobre a natureza e o que nos rodea porén, non pode ser ficción e ten que haber probas que poidan demostrarse. Poden ser demostrados cientificamente mitos como o de Perséfone que intenta explicar o cambio de estacións?

Fontes
http://es.wikipedia.org/wiki/Mitolog%C3%ADa
Libro Filosofía y ciudadanía da editorial Edebé.

Páxinas interesantes

A vida dos planetas


"Aos que aínda non temos a oportunidade de ser astronautas, podémonos conformar con este libro, que nos levará de viaxe a todos os planetas do noso Sistema Solar e poderemos botar unha ollada ao que hai máis alá del"

27 nov 2014

Extraterrestres na Lúa?



Hai uns meses observouse a suposta silueta dun extraterrestre situado no noso satélite, a Lúa.
O descubridor, observou isto no mapa lunar de Google Moon, e subiu un vídeo a Youtube, o cal en pouco tempo xa recibiu millóns de visitas. Pero nós mesmos o podemos comprobar introducindo as coordenadas 27°34'26.35″N 19°36'4.75″W en Google Earth.
Visto isto, en realidade iso é un extraterrestre? E como puido chegar a Lúa? Ou é que xa viven na Lúa e non nos decatamos ata agora? 

A fecha de nacemento pode afectar ao teu estado de ánimo

Científicos presentaron recientemente en Berlín un estudo que afirma que a fecha do teu cumpreanos, é dicir, no momento do ano no que naciches pode influír no teu carácter.Según este estudo, nacer nunha determinada época do ano aumenta as posibilidades de padecer determinados transtornos do estado de ánimo: "as análisis bioquímicas demostraron que a estación a que un nace afecta aos niveis de determinados neurotransmisores como a serotonina e a dopamina, unha influencia detectable despois na vida adulta”
Fixeron unha análise de 400 individuos con respecto a época do ano na que naceron e a súa personalidade.


A pregunta é: É o experimento válido? Hai variedade de suxeitos, grupo de control, e diferentes grupos de persoas? Podemos considerar válida e razoada a teoría?

Fonte


25 nov 2014

A vida en Xúpiter


A posibilidade de que haxa vida en Xúpiter parece infinitamente máis remota que de que a haxa en Marte. Porén, en moitos aspectos, o seu medio ambiente parécese ao da Terra na súa infancia. Xúpiter é un remuíño con metano e amoníaco, gases que nun tempo envolveron á Terra e son necesarios para a creación de vida.
Realmente podería chegar a haber vida neste planeta nun futuro?

Fontes
Hathaway Nancy, El universo para curiosos. Editorial Crítica.

Páxinas interesantes

Manchas solares


Son enormes tormentas magnéticas que se producen na axitación da superficie do Sol. Moitos científicos investigaron sobre como influían no noso planeta e nas nosas vidas. Poden as manchas solares influír  no clima como pensaba Jonathan Swift ou no precio do trigo como afirmara William Herschel?

Fontes
Hathaway Nancy, El universo para curiosos. Editorial Crítica.

Páxinas interesantes
https://www.youtube.com/watch?v=OpFs2Jw8IQ8

Os dados do reloxeiro

Un poco de todo para ler a ratos.

INTERESTELLAR (peícula)

Película de ciencia ficción inspirada no traballo do físico teórico Kip Thorne, e trata nun segundo plano, pero con importancia para a comprensión do desenrrolo das accións, as teorías da física cuántica, relatividade...e outras teorías físicas da actualidade. Na película Mostranos o interior dun burato negro, a viaxe ao seu centro, un burato de verme (warm hole) os efectos da dilatación do tempo, os efectos da ruptura do espazo-tempo...

Unha película que dura pouco menos de 3 horas e, sen duda, fantástica para pasar un bo rato aprendendo, divertindose... e para algúns incluso chorando!

Máis info : Preme aquí

Máis curiosidades 


23 nov 2014

Las abducciones !Vaya timo¡

Agora vai resultar que os extraterrestres non son sociables.

22 nov 2014

Como lle explico isto a un extraterrestre?

Imaxina que lle tes que explicar a túa vida a un ser estraño que non sabe nada da Terra. Como o farías?
Con este libro exploramos un pañado de contradicións da nosa vida cotiá, como por exemplo; Por que utilizamos produtos cuxa etiqueta pon que pode matarnos? Demasiada esterilización é prexudicial para un bebé? Por que Windows usase máis que Linux si Linux é gratuíto? Ou como é posible que a mellor maneira de que un edificio resista a un terremoto é que sexa menos ríxido?



21 nov 2014

Ser propenso á depresión depende dunha soa proteína. Os suxeitos do experimento: ratóns

A "Escuela Icahn de Medicina del Monte Sinaí" (EEUU) fixo un estudo con ratóns e determinou que a depresión débese exclusivamente a unha proteína (a beta-catenina) que se expresa no cerebro e conta con moitas funcións biolóxicas importantes.Os científicos expuxeron aos suxeitos (ratóns) a "estrés social crónico" descubrindo que esta proteína accionaba a resistencia. A parte do grupo que tiña activada esta proteína estaba protexida contra o estrés e os que non a tiñan activa mostraron signos de depresión no seu comportamento.
Esta pode ser unha vía para crear novos antidepresivos que activan os mecanismos de resistencia natural


A pregunta é: Realmente poden considerarse o experimento realizado como válido?, tendo en conta que os ratóns non son seres racionais e non poden espoñerse a "estrés social crónico" nin mostrar "signos de depresión".

A astroloxía é unha ciencia?


É un conxunto de coñecementos que intentan relacionar as características dunha persona co seu signo zodiacal (posición dos astros no momento do nacemento). Chega a ese coñecemento mediante a observación dos astros. As ciencias non son de carácter máxico, subxetivo ou mítico. Dado esto, é certo que alguén que nace baixo o signo de tauro vai ter un carácter paciente ou que o dun piscis será tolerante?

Fontes:

A fisiognomía é pseudociencia?


É un estudo basado na idea de que coa apariencia externa dunha persoa, sobre todo a súa cara, pode coñecerse o carácter ou personalidade desta. Dá teorías pero non probas, emprega linguaxe científica (só en aparencia) e esixe que se recoñeza o seu carácter científico ante o público xeral. Entón, podemos saber realmente a personalidade dunha persoa se ten a cara redonda, cadrada, etc?

Fontes:

20 nov 2014

Breve introdución aos minerais en galego


Rematamos a 1 ª avaliación

O xoves 27 de novembro remata o prazo para enviar entradas ao correo e o mércores xoves 4 de decembro remata o prazo para subilas ao blog. A única excepción son as entradas dos libros.
Antes de vacacións comezará o prazo para as entradas da 2ª avaliación.

19 nov 2014

Ver sen ver


Área 51



O científico Boyd Bushman contou nun video que a misteriosa base militar chamada area 51 (Nevada,EEUU)hay unha nave extraterrestre.Antes de morrer, este científico asegurou que nese lugar se estudaban naves e corpos alieníxenas.Ademáis, asegurou que un grupo de expertos analiza actualmente unha máquina extraterrestres.Pode ser que sexa real ou deliros dunha persoa maior?  



http://abcblogs.abc.es/curiosidades-cosas-insolitas/2014/10/28/extraterrestres-aliens-area-51-cientifico/