16 may 2014

Limitada a extirpación de amígdalas

É común oír falar da amigdalectomía. Porén, esta práctica vaise limitar en gran medida aos menores debido a que se demostrou que as amígdalas e as adenoides producen defensas necesarias para o noso organismo.
Que supoñerá este feito para os nenos que padezan amigdalitis?
Fonte: http://www.laopiniondemurcia.es/vida-y-estilo/salud/expertos/2014/04/29/adios-amigdalas/555335.html

O primeiro freo para o cancro de mama

Un equipo de investigadores do CIC descubriron, grazas a un experimento en ratos, que o bloqueo da proteína R-Ras2 frea o crecemento de tumores de cancro de mama e que ademais elimina a metástase pulmonar.
É posible desenvolver un fármaco que permita curar o cancro de mama? Axudará o bloqueo desta proteína na cura doutros tipos de cancro?
Fonte: http://www.cubadebate.cu/noticias/2014/05/15/descubren-proteina-que-permitiria-desarrollar-terapias-en-cancer-de-mama/#.U3U3ZPl_tAE

Pódese detectar a depresión mediante unha análise de sangue?

Unha investigación abre esta posibilidade afirmando que existe unha relación entre a velocidade de captación de serotonina nas plaquetas sanguíneas e o desenvolvemento da enfermidade no cerebro (función de rede neuronal), normalmente provocada pola falta desta hormona.
Chegará a ser viable esta maneira de detectar a depresión?
Fonte: http://www.sinmordaza.com/noticia/234763-la-depresion-podria-detectarse-mediante-un-analisis-de-sangre.html

15 may 2014

Una tumba para los romanov é un libro que en todo momento está relacionado co ADN. Neste libro podes atopar respostas a moitas preguntas, por exemplo: quen foron os descubridores da estructura do ADN, para que serve , se é útil no noso entorno e moitas outras. Para aclarar o seu contido da exemplos que son de gran axuda e tamén conta historias reais. Este libro gustoume moito xa que con el aprendín algunas das moitas funcións que ten o ADN e historias interesantes que non coñecía. Recoméndollo a xente que se interese en saber un pouco máis sobre o ADN.

AS CELULAS NAI NO XEONLLO DE RAFA NADAL


Recentemente o tenista Rafa Nadal foi sometido a un tratamento rexenerativo con celulas nai, xa que dende ai dous anos sufría intensos dores no xeonllo e tiña que competir baixo o efecto de antinflamatorios. Resulta interesante o porceso que se segue neste treatmento: 





14 may 2014

A MORTE NON EXISTE


Robert Lanza, un investigador norteamericano, desenvolveu a teoría do Biocentrismo, a que afirma que a morte non existe. Según el, o ser humano asocia a mente co corpo, e como todos os corpos fisicos morren, a mente debería de morrer con el. 




Controlar os soños.

Cerebro humano
Aplicando unha suave corrente eléctrica no cuero cabelludo mentras se dorme permítenos controlar os soños, evitando os pesadelos. Isto incrementa a actividade neuronal nunha rexión do cerebro relaxada normalmente durante o soño (corteza frototemporal). Esta práctica reducirá o descanso mentras durmimos?

13 may 2014

PÓDESE MORRER POR TER O CORAZÓN ROTO?

Perder a un ser querido é unha das cousas máis desgarradoras que nos poden pasar na vida ,as posibilidades de sufrir un infarto ou un ataque ao corazón tras a morte dun ser querido duplícanse durante os 30 primeiros días despois do fatal suceso. Conócese como síndrome do corazón roto.
Segues pensando que non se pode morrer por ter o corazón roto?
http://www.muyinteresante.es/salud/preguntas-respuestas/se-puede-morir-por-tener-el-corazon-roto-131393944017
http://www.fucsia.co/salud-nutricion-dietas/articulo/se-puede-morir-corazon-roto/7684#.U164F4F_vz4

Nacen dúas xemelgas idénticas


Recentemente o estado de Ohio poido contemplar un nacemento prácticamente único: o de dúas xemelgas monocigóticas, xéneticamente iguais ao 100 %. Estas son monoaminióticas ou "MoMo", é decir, estiveron xuntas no mesmo saco amiótico e en contacto permanente durante todo o embarazo.

FONTE: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/05/12/nacen-dos-gemelas-cogidas-mano/00031399917213372533368.htm

Correr para olvidar.


As neuronas nacidas no hipocampo están implicada non só na formación dos recordos, senon tamén no olvido. O exercicio promove o nacemento destas. As novas neuronas destrúen conexións antigas e por iso algúns recordos pérdense. Quere dicir esto que canto máis exercicio fagamos menos recordos imos ter?

11 may 2014

Os microbios que comemos

http://editorial.csic.es/publicaciones/libros/11995/978-84-00-09292-4/los-microbios-que-comemos.html
Si, comemos microbios. Incluso hai quen paga máis por comer un microbio con nome e apelidos. Nesta nova entrega da colección imos aprender sobre as dúas caras destes organismos, sobre as enfermidades que provocan e as que axudan a evitar.