
O virus da inmunodeficiencia humana (VIH) é o causante de que exista o SIDA (síndrome de inmunodeficiencia adquirido) xa que unha persoa que teña VIH se a diagnostica a tempo para freala non ten porque ter o SIDA. Este virus ataca o sistema inmunotario e deixa ó organismo exposto a unha gran cantidades de infecións e cánceres que na súa maioría foron mortais.
Moitas das enfermidades, bacterias e virus que habitualmente en persoas sans non provocan enfermidades serias en persoas con SIDA poden chegar a provocar a morte.
As principais causas de transmitir o (VIH) son: A través do contacto sexual: sexa sexo oral, vaxinal ou anal, a través da sangue: por transfusións sanguíneas(agora non frecuentes pero antigamente si se deron casos) ou por compartir agullas , de nai a fillo por herencia dos xenes ou por medio da leite materna.
Hai outros métodos pero que non son tan frecuentes,por exemplo,cunha pequena lesión con unha agulla, por inseminación artificial por un seme doado infectado.
A infecicón por VIH non se propaga por: Contacto casual como un abrazo, mosquitos, participación en deportes e tocar cousas que xa foron tocados por unha persoa infectada co virus.
As persoas con máis risco de contraer o VIH son os drogadictos ó compartiren as agullas para inxectarse droga, así como os nenos nacidos de nais con VIH que non recibiron a terapia durante o embarazo, persoas que non usan precaución ó practicar relacións sexuais sexan persoas con VIH ou con persoas con SIDA. Tamén están en risco aquí las persoas que recibiron transfusións sanguíneas ou produtos para a coagulación entre o 1977 e o 1985.
Un avance para o SIDA:
http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/02/02/0003_201102G2P36991.htm
¿Qué opinades disto?