Mostrando entradas con la etiqueta ciencia e sociedade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencia e sociedade. Mostrar todas las entradas

16 mar 2017

A Wikipedia é fiable?

Que sexa unha enciclopedia de libre edición fai que haxa certa desconfianza da súa fiabilidade por parte de moitos usuarios. Pero estes usuarios non se plantexan que as fontes que son supostamente fiables tampouco teñen por que selo. Ademais, Wikipedia toma unha serie de medidas para evitar que a información que ofrece non sexa acertada, e o feito de que estudantes universitarios poidan modificala ou aportar cousas pode ser algo bo si se fai un bo uso diso.
http://www.sebbm.es/web/es/divulgacion/rincon-profesor-ciencias/articulos-divulgacion-cientifica/1598-es-fiable-la-wikipedia

17 mar 2015

Po de estrelas

Con este libro farás unha viaxe por distintos asuntos científicos dos cales che irán presentando problemas, planteando preguntas e resolvendo algunhas cuestións. Unha obra da man de Xurxo Martiño Alfonso acompañada de temas interesantes e divertidas viñetas.

4 feb 2015

Non está non xenes.

A maldade, a intelixencia, a sociabilidade, a bondade... Non sei onde estarán pero neste clásico da literatura científica razónannos porqué non somos só os nosos xenes. Algo de culpa é nosa.

28 ene 2015

Pseudociencia de Darryl Cunningham

     Un cómic moi interesante sobre algúns dos debates ciencia e pseudociencia. Válido incluso  para os que dicides que non vos gusta ler.

7 jun 2014

A viagra e a distrofia muscular.

Un grupo de nenos españois de 7 a 14 anos participou nun ensaio internacional formado por catro hospitais do noso país no que se investigan os efectos da viagra sobre a dexeneración muscular da enfermidade de Duchenne.
De ter un fill@ con esta enfermidade, deixarías que tomase viagra como medicamento terapéutico?

6 jun 2014

As dietas pouco saudables son peor que o tabaco.

Olivier De Schutter, relator representativo da ONU, solicitou un acordo global para reglamentar as dietas pouco saudables xa que están ocasionando numerosos problemas como a obesidade.
Cres que este problema pode ser solucionado ou seguiremos facendolle caso aos anuncios de comidas pouco sudables?


29 may 2014

A sudoración e a xenética.


Segundo un estudo da Universidade de Bristol, un 75% das persoas teñen un xen inactivo denominado ABCC11 o cal permite que as súas axilas non produzan ningún tipo de olor cando sudan.
Cres que se estas persoas son conscientes disto, seguirán usando desodorante so por influencias sociais?
fontes: La Voz de Galicia




19 may 2014

Porquiños fluorescentes.


Mediante unha técnica de intervención xenética, científicos da Universidade de Agricultura do sur de China conseguiron crear porcos con fluorescencia grazas a inxección de proteinas fluoresccentes de ADN de medusas.
Conseguirá este experimento avanzar no tratamento de trastornos xenéticos en humanos?
Fontes: Clase CCMC

9 may 2014

Prohibición dos batidos de placenta.


O Reino Unido prohibiu estes batidos elaborados a base de placenta humana por motivos como a aparición de bacterias ou o mal  control deste proceso de fabricación.
Tomarías ti un destes batidos se che din que ten beneficios para a saúde?
Fontes: La Voz de Galicia

Vínculo entre cromosomas e os 110 anos.


Un estudo realizado entre España e Xapón explorou a relación existente entre o cromosoma 9p21.3 e o envellecemento celular, ainda que os factores externos teñen tamén importancia.
De ter ti ese xen, que estilo de vida cres levarías para poder alcanzar o centenario?

7 may 2014

Optoxenética.


A través da transfección que a optoxenética ofrece , lógrase diseñar neuronas xeneticamente  mediante a inserción de fibra óptica no cerebro en determinadas  neuronas (rediseñadas) que reaccionan á luz grazas a unha proteina fotosensible.

Desaparición do cromosoma Y.

Unha investigación publicada na revista Plos Genetics apunta que de sosterse a velocidade de perda de xenes do cromosoma que aporta o sexo masculino, este acabaría desaparecendo por completo.

Perderán os homes o asalto dos xéneros ou crearase unha nova especie de humano, como apuntal algúns eruditos?



A risa e a memoria


 Un estudo recente di  que o humor pode reducir o dano cerebral causado pola hormona cortisol (hormona do estrés). A cal se lle atribúe  a perda da memoria debido a que os niveis altos de cortisol danan a conexión entre células cerebrais. Estamos ante un remedio para a perda de memoria?


5 may 2014

O síndrome de Down e a leucemia


As persoas con síndrome de Down teñen 20 veces máis risco de sufrir leucemia que o resto da xente. Un estudo realizado por Investigadores do Instituto de Cáncer Dana-Farber (EEUU) di que isto se debe a unha copia extra do cromosoma 21, o cal aumenta a posibilidade de padecer  leucemia. A qué se debe esta relación?


4 may 2014

S = EX2 - La ciencia del sexo.



Se sentes curiosidade por este tema, Pere Estupinyà escribiu o libro perfecto para ti. Nel podes atopar todo tipo de contidos, dende "sexo en la Prehistoria" ata outras formas non convencionais de ver o sexo como pode ser todo o relacionado co mundo do intercambio de parellas, pasando tamén por una análise en profundidade do osgasmo feminino. Cada tema ven separado por capítulos facendo así que a lectura sexa clara e amena.

Zaira e Noelia.

11 abr 2014

O embarazo diminúe o risco de sufrir cancro?


A través dun estudo do material xenético das mulleres que deran a luz e as que non, os Científicos do Centro de Cancro Fox Chase (EE UU) observaron cambios dados nas mulleres embarazadas. Estes, producíranse en elementos relacionados con procesos clave, cuxo mal funcionamento elevaría o risco de cancro. Poderían imitarse estes cambios en mulleres que non estiveron embarazadas para reducir o seu risco de ter cancro?

Fontes: http://www.cancer.gov/espanol
http://www.elmundo.es/salud/2014/03/20/532a9f46e2704e34398b456d.html

10 abr 2014

Posible cura á dexeneración macular asociada á idade?


Pequenas doses dunha proteína do sistema inmune (interleucina IL-18) poden ser boas contra a dexeneración macular asociada á idade. Esta, causa o 90% dos casos de cegueira. De seren certos estes resultados, o tratamento da enfermidade pasaría de efectuarse cando está avanzada a poder tratala de xeito preventivo. Suporá isto a cura definitiva da enfermidade?

Fontes: http://www.geteyesmart.org/eyesmart/diseases-es/degeneracion-macular-relacionada-con-la-edad/tratamiento.cfm
http://www.cirugiaocular.com/index.php/la-vision/retina-vitreo/degeneracion-macular.html

7 abr 2014

Seguen a medrar as uñas e o pelo despois da morte?

Dermatólogos afirman que a deshidratación e a desecación do corpo tras da morte pode orixinar á retracción da pel ao redor do pelo ou das uñas. Isto pode dar sensación de maior lonxitude. O crecemento real destes, require unha regulación hormonal imposible despois da morte. De ser así, é posible que seguir crendo na vida despois da morte?

http://eltamiz.com/2007/09/09/falacias-el-pelo-y-las-unas-siguen-creciendo-despues-de-la-muerte/
Fonte: http://cienciainfinita.com/?p=700
http://culturatrivial.blogspot.com.es/2007/12/crece-pelo-unas-despues-muerte.html

3 abr 2014

Biogasolina a partir de bacterias.

Un equipo de científicos coreanos consigue fabricar gasolina sen a necesidade de recurrir a un combustible fósil. Lográrono empregando a bacteria E.colique vive no noso intestino, grazas á manipulación do seu metabolismo.
Podería convertirse esta biogasolina no novo combustible para non ter que depender soamente do petróleo?

9 mar 2014

Homeopatía vs Placebo


A Sociedade Española de Neuroloxía , SEN, concluiu que a eficacia da homeopatía non é superior en ningún caso ao placebo, grazas á revisión de evidencias científicas no uso de terapias non relacionadas coa farmacoloxía para tratar migrañas e outras cefaleas. Ademáis, tamén deduciron que a herboloxía non é "fiable" e que as dietas como terapia poderían estar "sobreestimadas". Seguirán algunhas persoas empregando a homeopatía a pesar de saber que ten menor eficacia que os fármacos?
La Voz de Galicia