Hace 13 horas
22 feb 2014
Probas da evolución no noso corpo
Hai numerosas probas no noso corpo que apoian as teorías da evolución. A maioría de nos posuímos todas estas partes ou órganos aínda que outras xa son menos habituais debido a perda da súa transmisión. Como a “pel de galiña”usada no pasado para parecer mais grandes e asustar aos inimigos. Na actualidade non ten ningunha función para o noso organismo polo que a medida do paso dos anos irán perdéndose. Desaparecerán estas características ou polo contrario adquiriremos algunha nova?
Fonte: http://revolucioncientifica.com/
18 feb 2014
Ratas tan grandes como ovellas?
O doutor Jan
Zalasiewicz, asegura que nun futuro, as ratas poderían pesar ata 80 kg. Según
este xeólogo as ratas evolucionarán para ocupar o espazo na cadea alimentaria
de outros mamíferos máis grandes que xa se extinguiron. O seu argumento básase
no Cretácico: os animais pequenos coa desaparición dos dinosauros foron aumentando de tamaño.
Pero en que
dirección irá a evolución? Terá razón Zalasiewicz
ou pola contra as ratas faranse máis pequenas?
Cazadores europeos do Mesolítico.
O Institut de Bioloxía Evolutiva de BCN en colaboración co Centre for GeoGenetics de Dinamarca investigaron un ADN achado na cova de La Braña - Arinetero (León) e grazas as extraordinarias condicións nas que esta se atopaba, dito ADN puidose conservar case impoluto. Del sábese que pertencia a un home de entre 30 e 35 anos de idade que viviu fai uns 7.000 anos no Mesolítico e que ademáis, os cazadores e recolectores que colonizaron Europa nese período tiñan a pel moi morena e os ollos azuis. Se colonizaron Europa, de onde procederían estes cazadores?
Fonte: Pronto
Etiquetas:
ADN,
antropoloxía,
bioloxía,
evolución,
Mesolitico
Poden as mulleres pensar en duas cousas a un tempo?
Un experimento realizado
con 100 estudantes (50 homes e 50 mulleres). O experimento consistía en
realizar varias tarefas á vez, na cal se obtivo unha puntuación similar entre
ambos os dous sexos, a segunda tratábase de facer un debuxo como estratexia
para atopar unha chave perdida, no cal as mulleres demostraron máis rapidez. O
estudo revela que as mulleres poden pensar no futuro con maior precisión e
teñen maior capacidade de planificación que os homes. Consideras científicos os resultados obtidos polo estudo ou
pensas que estas capacidades se manifestan independentemente do sexo da
persoa?
Fonte: http://www.ojocientifico.com/2010/07/24/ellas-pueden-hacer-dos-cosas-al-mismo-tiempo-nosotros-no
Como se domesticaron os gatos?
O can foi sempre o mellor amigo do home, pero…. E o gato? Fontes de investigación como un equipo internacional de científicos que analizaron restos do xacemento chino de Quanhucun, onde e acharon ósos de felinos. Afirman que estes comezaron a manter contacto cos humanos a través da agricultura. Esta domesticación comezou fai uns 5.000 anos. Os agricultores beneficiánbanse da mesma , debido á caza dos roedores por parte dos gatos. Se a existencia dun vínculo entre un humano e un gato conlevan que haxa unha certa coincidencia de personalidades, poden un gato e un humano desenvolver relacións complexas cun entendemento ou fin común?
Fonte : http://www.muyinteresante.es/naturaleza/articulo/los-gatos-se-hicieron-domesticos-gracias-a-la-agricultura-hace-5-000-anos-101387297353
17 feb 2014
Son os homes mais listos que as mulleres?
Hasta este momento non había estudos sobre este tema pero recentes estudos demostran que o cerebro dos homes é algo máis grande que o das muleres, entre un 8 e un 13% máis. pero isto non significa que sexan máis listos os homes xa que a área do cerebro que é máis grande é o sistema límbico, a parte encargada das emocións. Isto lévanos a deducir que o sexo masculino terá maior posibilidade de ter enfermidades como a esquizofrenia, e a muller será inmune?
Fonte: http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/el-cerebro-masculino-tiene-mas-volumen-que-el-femenino-511392208777
Fonte: http://www.muyinteresante.es/ciencia/articulo/el-cerebro-masculino-tiene-mas-volumen-que-el-femenino-511392208777
Etiquetas:
bioloxía,
cerebro,
ciencia e sociedade,
enfermidade,
saúde
O MÁIS ANTIGO ANTEPASADO DOS VERTEBRADOS
O Pikaia gracilens media uns 5cm de largo, tiña un corpo fusiforme percorrido por unha notocorda( tubo neural ) e habitaba os mares do Cámbrico Medio. Este animal posuía segmentos musculares chamados miómeros, notocorda e outras características que o posicionan na base dos cordados e polo tanto tamén dos vertebrados.
Que parecido gardamos entón os seres humanos con estas ancestrais criaturas?
Fontes:http://kerchak.com/el-antepasado-de-los-vertebrados-en-el-esquisto-de-burgess/
Etiquetas:
Animal extinto,
bioloxía,
Ciencia,
evolucion
16 feb 2014
La Sierra de Atapuerca
Temos libro novo, e non é un calquera. Viaxade a un dos xacementos paleontolóxicos máis importantes do mundo con axuda dun libro no que a fotografía gaña ao texto.
Etiquetas:
antropoloxía,
libros,
paleontoloxía,
Un libro cada día
Suscribirse a:
Entradas (Atom)