19 jun 2013

Hablemos de Ciencia


 A través das palabras dun periodista este libro móstranos unha pequena recopilación do coñecemento do ser humano tanto no campo da física coma no campo da bioloxía. O ir pasando as suas páxinas atopámonos diversos temas que van dende o que coñecemos dos instantes seguintes ao big bang ata a evolución dos homínidos pasando polo estudio do universo e do seu futuro; das estrelas, da sua vida e de como se formaron os primeiros elementos nelas; dos principios do noso planeta; da materia e das diferentes forzas que nos rodean; e da vida e da evolución.
 En definitiva unha pequena enciclopedia do coñecido polo ser humano ata este momento e dos nosos próximos obxectivos.

18 jun 2013

Criptozooloxía por Lucía Lema

Este libro resultoume moi interesante ó tratar esta pseudociencia que nos pode facer pensar na gran cantidade de seres e cousas que descoñecemos e quedan por descubrir. Sobre todo, resulta recomendábel a calquera persoa curiosa, pola cantidade de datos que se nos dan e esixíndonos poñer un límite e cuestionar se son verdadeiros ou non. Ademais, este libro cóntanos anécdotas e danos información real, non só hipóteses da existencia de animais, sendo a gran maioría dos datos moi curiosos. Por exemplo, cóntanos anécdotas como: (pincha para seguir lendo) Lucía Lema Mira 3º ESO A

17 jun 2013

Pódese clonar a un mamut?

O mes pasado atopouse no Ártico o corpo dun mamut conxelado, esta noticia fixo que a xente crease especulacións sobre si se podia clonar ou non. É verdade que xa se atoparan moitos outros corpos de mamuts conxelados e a súa clonación fora imposible, entonces, que ten este mamut de diferente? A resposta é a seguinte, a diferenza dos demáis este mamut conserva no seu interior sangue líquida e tecidos musculares en bo estado. Este bo estado débese a que o mamut afundíu nun pozo de auga impedindo o ataque dos depredadores.
 Pero tan só isto é suficiente para clonalo? As células do mamut consérvanse realmente? E si se conseguise clonalo, sobreviría o mamut un tempo no mundo actual?
FONTES:

Adelgazar mediante unha anémona

Uns científicos de California crearon, a partir de toxinas dunha anémona de mar, un composto sintético capaz de reducir a obesidade e o colesterol. Este composto chamado SHK-186 é capaz de aumentar a actividade do metabolismo. Este composto xa foi probado en ratóns aos que se lles impuxo unha dieta rica en graxas e azucre e os resultados foron positivos, os ratóns adelgazaron e o seu colesterol diminuíu.
 E ti que opinas? Será este outro dos moitos métodos fallidos para evitar a obesidade?
FONTES:

Descobren unha proteína da boa memoria

Os recordos proveñen da sinapse das células da memoria, é dicir da unión dos extremos entre estas. Canto máis fortes son estas unións máis durarán estes recordos. Pero quen se encarga de realizar esta unión?
 Uns científicos de California publicaron na revista Nature o seu último hallazgo, unha proteína que ao ser estimulada mediante a aprendizaxe acumúlase no lugar de futura unión das células e regula todo o proceso. Esta proteína, chamada Arc, podería ser moi útil na solución dalgunhas enfermidades, xa que aquelas persoas que teñen alzheimer carecen do código xenético necesario para fabricala.
 Seríamos capaces, mediante a biotecnoloxía, de implantarlle ese código a xente que carece del?
FONTES: