22 ene 2011
21 ene 2011
``A historia máis fermosa do mundo´´
Durante el tratan de contarnos temas moi importantes para nos como é a orixe do universo, a súa composición e tamén nos din afirmacións que anteriormente dixeron Darwin e Aristóteles ( este dixo que o universo era eterno e que non cambiaba).
Recomendaríallo a todos os alumnos de primeiro de bacharelato porque axuda a comprender asuntos tratados en ciencias para o mundo contemporáneo,materia que estamos a dar este curso.
20 ene 2011
Mutacións xenéticas fan irreversible a evolución inversa

Sen embargo, ante a posibilidade contraria de que se poidera retroceder na evolución, ¿tería algún sentido? Na miña opinión, cando falamos de evolución estamos a falar de cambios ou melloras na vida humana, se a evolución retrocedera, estaríanse a desperdiciar esas melloras.
As píldoras máis antigas ate o momento.

http://www.amaliorey.com/2009/07/02/pildoras-post-88/
Fai dez anos descubriron unha nave chea de mediciñas que naufraxiou no 130 AC na actual Toscana, Italia. Este acontecemento fíxose coñecido porque esa nave contiña pílulas feitas por médicos da Antiga Grecia. "Estamos ante a primeira proba física das receitas de Dioscórides e Galeno" dixo un científico do Museo de Historia Natural de Washington. Con análises de ADN descubríuse que esas pílulas contiñan restos de plantas, entre elas o xirasol, o cal non chegou a Europa ata o século XV provinte de América. Como puido suceder iso?
A mediciña moderna tacha a estas pílulas de pseudociencia inefectiva. Credes que realmente é así? Que simplemente son herbas mezcladas ao azar? Que estes médicos gregos fíxeron as pílulas sen saber o que facían?
Eu creo que Dioscórides e Galeno pode que non souberan se esas pílulas foran facer efecto ou non. Pero o que sí tiñan claro era cal era a finalidade da pílula, sanar a xente. Tampouco tacharía as pílulas de pseudociencia porque son un proxecto duns médicos que cumpre as características da ciencia.
Ébola

http://pasionxafrica.blogspot.com/2010/03/ebola-epidemia-asesina.html
A Ébola é unha enfermidade infecciosa, altamente contaxiosa e moi severa que afecta tanto a animais como a seres humanos. Esta enfermidade está ocasionada por un virus da familia dos filovirus.
A causa do contaxio inicial ainda é descoñecida. Pero ben se sabe que é un virus mortal e non ten cura nin tratamento específico. Só se coñecen dous casos en que se salvaron dunha morte asegurada por contaxio.
Nun futuro, a ciencia será quen de atopar unha solución para esta arma biolóxica? Xa houbo intentos para atopar cura para esta enfermidade e sigueos habendo, e eu penso que si, e que esa solución non está lonxe.
Aquí vos deixo unhas imaxes dos xacementos e tamén videos deste lugar.
19 ene 2011
Os grandes mamíferos medraron tras a extinción dos dinosaurios

Isto tan só é unha valoración dada trás a recopilación de datos fósiles sobre o tamaño destas especies ao longo da súa historia evolutiva, pero, ¿ que ten que ver a desaparición dos dinosaurios co aumento de tamaño dos mamíferos? Aparentemente nada, sen embargo, eu creo que tiñan que posuir algún xen común, ou simplemente foi que, estes mamíferos foron adaptándose ao medio no que vivían antes os dinosaurios, e o seu corpo foi cambiando só.
A longa infancia humana, clave da evolución da especie

Os Homo Sapiens teñen unha longa infancia, o que dificulta a supervivencia de motias crias, pero poderia ser a clave do éxito no planeta respecto , por exemplo, aos Neandertales.
Tras o estúdio de 11 dentes fosilizados encontrados en Europa, que ademais permiten coñecer a idade dos restos por unhas liñas acumuladas co tempo, chegaron á conclusión de que a nosa especie madura máis lentamente incluso que os nosos parentes mais cercanos, desde que deixamos África fai uns 100.000 anos.
Eu opino que, cada especie é distinta e, pólo tanto, terá un patrón de crecemento distinto pero, vulgarmente, dicimos que todos procedemos do mono, enton, como é que podem existir diferenzas tan notables entre seres da mesma procedencia?
18 ene 2011
17 ene 2011
Atópanse fósiles dunha nova especie de dinosaurios

A Universidade de Zaragoza descobre, no municipio de Arén, fósiles dunha nova espécie de dinosaurios do subgrupo dos lambeosaurinos , que se cria que nunca existira en Europa, aínda que si en Asia e América.
A este novo dinosaurio chamaronlle Blasisaurus canudoi, e caracterizábase, principalmente, por ter cresta, unha estructura alargada entre os 5 e 7 metros de lonxitude e uns 400-500 kilos de peso.
O mais extraño de todo é que, despois de moitos anos investigando nese mesmo lugar (pois é donde se encotnraron os fosiles mais modernos de dinosaurios) aparezan a estas alturas fósiles dun animal que, ata o de agora, non presentara nin o mínimo rastro, non so en España senon que en toda Europa, pero..¿Como é posible que despois de tantas e tantas investigacións non se descubriran ditos fósiles ata agora, se supostamente xa estaban ahí?¿que foi o que fallou ata o de agora?
Eu opino que, algo tan importante como é este descubrimento, non se lles podería pasar desapercibido, e moito menos, fallar tanto nas coordenadas donde se atopaba, quizais foron a necesidade ansiosa de atopar algo o que os levou a confundirse tan gravemente.
Descubrese en Arxentina o fósil da primeira planta terrestre do planeta

Un equipo de científicos arxentinos e belgas descubriron no noroeste de Arxentina o fósil da primeira planta terrestre do mundo, que poderia datar de fai uns 472 millons de anos, aproximadamente.
Ata agora sinalabase a aparición da primeira planta terrestre fai uns 462 millons de anos na Arabia Saudí ou na República Checa, pero trás encontrar esporas desta planta, que denominaron “Criptoespora” e que seria a planta antecesora do resto das plantas terrestres desenrroladas anteriormente, os científicos decataronse de que estiveran enganados ata a actualidade.
Pero esta planta, de onde saiu? Apareceu da nada ou, probablemente, evolucionara doutras non terrestres, por exemplo, das acuáticas?