Volvemos ao traballo.
Como sucedía
no trimestre anterior, neste novo trimestre as entradas deben cumprir unhas
condicións máis estritas que na avaliación anterior:
- O tema de todas as entradas debe estar relacionado coa relación ciencia-pseudociencia, a saúde e a revolución da biotecnoloxía, os temas que trataremos nesta avaliación.
- Calquera entrada que copie fragmentos da fonte será desestimada.
- As fontes non poderán ser repetidas polo mesmo autor.
- Todas as entradas deberán dar lugar a unha polémica referida á controversia ciencia-pseudociencia ou a relación dos avances científicos coa sociedade.
- Lembrade que os comentarios tamén se valoran.
- As entradas deben ser curtas e incluír hipervínculos, etiquetas e, algo moi importante, referencias que nos permitan analizar as fontes de cada entrada. Este aspecto é moi importante, nesta avaliación se valorará especialmente o uso da rede para complementar a información.
A partir
do xoves 28 tedes as portas do blog abertas. Ánimo e a traballar.