
Despois de ler isto, fágome unha pregunta: ¿Por que ás persoas máis torpes ou menos intelixentes lles chamamos burros?¿Por que non chamarlles cabalos? Polo que acabamos de ler, os burros analizan máis as situacións cós seus curmáns os cabalos.
Algordaza SA é o único laboratorio no mundo que crea Diamantes de orixe humano cun proceso de transformación exclusivo. o seu proceso científico non engade carbono ó carbono provinte das persoas, nin fai manipulación da cor dos Diamantes obtidos (un selo de diferenciación e garantía)
A doutora Denise Chen, profesora asistente de psicoloxía na Universidade de Rice, en Houston, tentou averiguar se as persoas que teñen medo desprenden un aroma diferente.
Para iso, fixo ver ós seus suxeitos experimentais 13 min. da película Indiana Jones e tamén 13 min. da película Ace Ventura. Antes, baixo os brazos, colocoulles panos de gamuza. Despois, Chen introduxo os panos en xerras de cristal e conxelounos a -44 Cº. Unha semana despois, Chen desconxelou os paños e fíxollos cheirar ós seus suxeitos. Según Chen, experta no campo da chamada “comunicación olfativa da emoción”, o medo produce sinais químicas e cambios no cheiro corporal, como tamén o fai a felicidade. Os homes que cheiraban os panos impregnados de medo, aumentaban os seus niveis de precaución e vixilancia, pois os suxeitos que cheiraban este aroma sacaban mellores resultados nas probas de asociación de palabras.
Opinión persoal: Pareceume unha investigación cuns resultados moi curiosos, pois sempre falamos de que os animais cheiran o medo, e parece que agora o podemos dicir cun sentido literal. ¿Será este mesmo olor o que perciben os animais? O que máis me chamou a atención foi o aumento nos niveis de precaución e vixiancia dos homes, sabendo isto… poderíase encontrar unha maneira de utilizar estes cheiros para aumentar a atención do home en momentos como un exame, unha conferencia, etc.?
Esa é precisamente a función do casco de Deus, que se garda no laboratorio de neurociencia do doutor Michael Persinger, en Sudbury. O casco está cheo de imaxes e cables e serviu para levar a cabo 25 anos de experimentos con diferentes suxeitos, que foron expostos a pequenos campos electromagnéticos. Tras un rato con este casco enchufado, o 90% dos suxeitos (ateos ou crentes) afirman experimentar una presencia extraña. Dependendo das crenzas, o suxeito experimentará a presenza de Xesús ou dalgún outro ente sobrenatural. Incluso un dos suxeitos criu sentir a cércana do demo. O casco de Deus simplemente acende a chispa na parte do cerebro onde nacen esos pensamentos místicos e espirituais.
Opinión persoal: O feito de que os suxeitos deste experimento afirmen e aseguren que é realmente Deus o que están a sentir fai deste artigo un artigo pseudocientífico, pois principalmente están dar por sentado que Deus (ou no caso doutros suxeitos, o demo) existe, cando non hai ningunha prova que o demostre, mostrando unha actitude totalmente relixioasa (o contrario por excelencia da ciencia).
Grazas a un grupo de científicos que invstigou sobre Andrómeda, a galaxia máis proxina á Vía láctea, logrouse averiguar a suacreación e evolución.
Os resultados indican que duas galáxias chocaron fai mais de 9.000 millons de anos e que permaneceron unidas ata fai , aproximadamente, uns 5.500 millons de anos.
Aseguran que, mentres eles foran capaces de detectar as galaxias máis próximas, hai outros moitos “buratos negros” sen investigar, que constituen o Grupo Local de Galaxias (formado por unas 40 galaxias). Pero, ¿que se agocha tras todos eses buratos negors dos que tanto oimos falar?