Mostrando entradas con la etiqueta ciencia ficción. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencia ficción. Mostrar todas las entradas

25 nov 2014

INTERESTELLAR (peícula)

Película de ciencia ficción inspirada no traballo do físico teórico Kip Thorne, e trata nun segundo plano, pero con importancia para a comprensión do desenrrolo das accións, as teorías da física cuántica, relatividade...e outras teorías físicas da actualidade. Na película Mostranos o interior dun burato negro, a viaxe ao seu centro, un burato de verme (warm hole) os efectos da dilatación do tempo, os efectos da ruptura do espazo-tempo...

Unha película que dura pouco menos de 3 horas e, sen duda, fantástica para pasar un bo rato aprendendo, divertindose... e para algúns incluso chorando!

Máis info : Preme aquí

Máis curiosidades 


15 may 2012

¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?

A historia transcorre nun mundo moi deteriorado tras unha gran guerra no que os humanos deben ir emigrando a Marte. Neste mundo hai empresas que crean androides para servir aos humanos pero algúns escapan de control e hai uns axentes que os teñen que deter. Un deses axentes é o cazador de bonificacións Rick Deckard, quen terá que deter a uns cantos Nexus-6 (os androides máis intelixentes ata ese momento). Para ler máis





20 may 2011

Androides amigables?

O outro día disfrutei da película Blade Runner de Ridley Scott que me pareceu unha maravilla a pesar de que anteriormente intentará ver ,e fixeraseme moi pesada collendoa xa no transcurso desta,pero definitivamente a combinación da banda sonora maxistral de a trama da película que xa ten os seus anos, sen dúbida que é increible, por non falar dos efectos especiais da época moi conseguidos.
Mais eu queria expoñer un tema que aparece nesta máis ca facer unha crítica personal,e este tema é sobre a existencia duns androides ou replicantes como se lles queira chamar que nun futuro seguramente teremos no noso entorno...na película estes dan problemas graves o se descontrolar ou non obedecer as ordes que se lles tiñan dito,incluso ata o punto revelarse contra os seus amos e creadores.Eu preguntabame se nunha suposta realidade na que teñamos a opción de contar cas grandes axudas deste "robots" deberiamos aceptalas,xa que ata que punto poderían asegurar a fiabilidade destes?Ou se fosen perigosos?Ou se chegado un punto se usasen en guerras ou similares para provocar mortes humanas?
Desde logo eu creo que antes de contar con semellante tecnoloxía deberíamos pensar ben como a usaríamos ou se realmente merecería a pena correr eses riscos.

17 nov 2010

génesis bernard beckett


Este é un pequeno libro que conta una historia protagonizada por una rapaza chamada anaximandro que ten que facer un exame para entrar nunha academia.
Anax tivo un titor chamado perícles que lle insinou todo o necesario para superar a proba de acceso a academia, que é o que todos buscan. Anax ten que entrar nunha sala na que hai tres examinadores que lle fan distintos tipos de cuestións. Fai varias entradas e saídas porque o exame e moi longo. Nestas cuestions a protagonista mostranos un dilema entre os humanos e os robots moi entretida e cun final inesperado.

Na miña opinion é un libro moi entretido dende o comezo enganchate e queres sempre saber como vai rematar a historia.