26 dic 2012

Entradas da segunda avaliación 2012-13

Unha vez superada a proba inicial da primeira avaliación, chega o momento de evolucionar. Neste novo trimestre as entradas deben cumprir unhas condicións máis estritas que na avaliación anterior:
  • O tema de todas as entradas debe estar relacionado coa evolución ou coas pseudociencias, os temas que trataremos nesta avaliación.
  • Calquera entrada que copie fragmentos da fonte será desestimada.
  • Todas as entradas deberán dar lugar a unha polémica referida á controversia ciencia-pseudociencia ou a relación dos avances científicos coa sociedade.
  • Lembrade que os comentarios tamén se valoran.
  • As entradas deben ser curtas e incluír hipervínculos, etiquetas e, algo moi importante, referencias que nos permitan analizar as fontes de cada entrada.
A partir deste momento tedes as portas do blog abertas. Ánimo e a traballar.

18 dic 2012

Pódese transplantar a alma cun órgano?




A raiz dun accidente, e dunha duda “exixtencial” dunha presentadora de se se podería transplantar
alma cun órgano a Organización Nacional de Transplantes aclarou que a alma é un concepto que non se transplante que non ten ningún sustento científico ademáis de que as características da personalidade non vai para nada en contacto con ningún transplante.
Ademáis unha entrevista a diferentes pacientes que foron transplantados demostrouse que non lle
cambiou a súa alma e que viviron felices dende o transplante. A xente que cre iso non será porque viu demasiadas veces o capítulo dos simpsons?

Fonte:

http://www.lasexta.com/noticias/sociedad/organizacion-nacional-trasplantesindigna-declaraciones-marilo-montero_2012102400150.html

Estrela fugaz


Todos algunha vez vimos unha estrela fugaz, algúns piden un desexo e outros comentan o obervado.
Moitas veces dise que é unha estrela que morre e que se apaga e estamos acostumados a escoitar a frase “choiva de estrelas”. Sen embargo unha estrela fugaz está moi lonxe de ser algo similar a unha estrela.
O espazo fóra da nosa atmosfera, espazo interplanetario, está cheo de materiais, fundamentalmente eson anacos de rocas de varios tamaños deixados polo paso dunha cometa, meteoroides. Cando un deles entra na atmosfera debido o roce comeza a queimarse. Moito destes anacos de roca desintegrase completamente e a este fenómeno denomínase meteoro. Que pasaría se non se desintegrase por completo e chegase a nos? Morreriamos todos ou non nos dariamos conta?


Fonte:
http://www.achaya.cl/apuntes-de-astronomia/9-sistema-solar/17-ique-es-unaestrella-
fugaz

Nen asteroides, nen planetas errantes, nen chamaradas.


                                           
Según a NASA, non vos debedes preocupar, porque o mundo non acabará por ahora. Ainda que moitos creen que o calendario Maya acaba en Decembro do 2012, parece ser que se equivocaban. Simplemente segue uns ciclos de tempo que rematan e volven a comezar, e un deses ciclos remata no 2012, ou eso é o que din. Vos que creedes? Estouparemos en anaquiños e esparciremonos polo universo?ou darannos caza os extraterrestres? Cal será o noso fin? Se é que hai algún... http://www.elmundo.es/elmundo/2012/12/14/ciencia/1355487788.htm

17 dic 2012

O cerebro de Einstein é diferente


O cerebro deste gran físico foi preservado tras a súa morte no 1955 e ata fai pouco non o desvelaron. O patólogo Thomas Harvey fotografou o cerebro de Einstein e uns estudos recentes destas instantáneas revelaron que posuía un córtex prefrontal excepcionalmente desenvolvido o que posiblemente contribuíu a desenrolar as súas capacidades cognitivas superiores á media. Tamén se detectou anomalías nos lóbulos parietais que son os que interveñen no razoamento matemático e nas habilidades da visión espacial. Podería ser este o motivo da súa extraordinaria intelixencia?
Fontes:

Pingüín xigante na Antártida


Uns paleontólogos arxentinos descubriron o fósil dun pingüín que viviu hai 34 millóns de anos e que media 2 metros. Segundo as teorías destes investigadores as cores do plumaxe desta ave non eran branco e negro como os de agora senón que presentaban unha mestura de marrón avermellado e gris.  O exemplar máis grande desta especie na actualidade é o pingüín Emperador de 1,20 metros. Os paleontólogos queren seguir investigando para atopar mais esqueletos e así coñecer mellor como eran estes animais. Conseguiran atopar máis fósiles?
Fontes:
http://buscomonta.com/blog/?p=521

A marihuana que non coloca


Un grupo de científicos israelís desenrolaron unha de marihuana para uso medico sen efectos alucinóxenos. Isto conseguírono ao extraer da planta o compoñente psicoactivo THC. Con isto pretenden axudar aos pacentes de cáncer e escleroses múltiple xa que esta nova ‘maría’ ten un alto contido de cannabidol que o converte nun potente antiinflamatorio e esperan que non teña efectos secundarios. Ata o momento os resultados obtidos con ratos foron moi positivos e están á espera das probas con humanos. Terá o efecto esperado nos humanos?

Fontes:
http://www.clinica-aeromedica.net/?p=4382

Os espexismos


Son ilusións ópticas nas que percibimos realidades que non existen porque nas superficies de alta temperatura o aire quente permanece por debaixo do frío e isto produce que os raios luminosos se refracten formando asi imaxes que non son reais por exemplo, cando vemos sobre o asfalto ou a area do deserto unha especie de película de auga na que se reflexan os obxectos do entorno e da a sensación de que ante nos hai un estanque de auga. Como poderiamos distinguir as ilusións ópticas da realidade?
Fontes:
http://ciencias.jornada.com.mx/investigacion/ciencias-fisico-matematicas/investigacion/espejismos-que-son-y-como-se-producen

Un galego descobre a propagación do párkinson


Francisco Pan-Montojo Puga investigou a propagación desta enfermidade e averiguou que os pesticidas interactuaban coas células mitocondrias intestinais (que son as encargadas de aportar enerxía) provocando que se transmitan ao cerebro causando a morte das neuronas dopaminérxicas na substancia negra cerebral que teñen a función do aprendizaxe, das actividades motoras, do sono, o humor.. entre outros. Tamén relacionou a alteración da proteína sinucleína alpha con este descubrimento e grazas a isto poderán desenrolar fármacos para inhibir a acción da proteína e que impidan a progresión da enfermidade. Conseguiran erradicar esta enfermidade?


Fontes:

Descubrimento das galaxias máis antigas


A NASA revelou a aparición de sete novas galaxias, as máis primitivas e lonxanas detectadas polo telescopio espacial Hubble ata agora. Calculase que teñen uns 13 millóns de anos, isto quere dicir que foron formadas cando o Universo tiña un 3% da súa idade actual. Tan só 380 millóns de anos tras o Big Bang formouse a máis antiga delas. Con este primeiro censo fiable sobre o universo confirmase unha vez mais a lei de Hubble sobre a expansión do mesmo e o corremento hacia o vermello. Poderemos seguir atopando novas galaxias?

Fontes:

A orixe dos xitanos


Un estudo realizado por un grupo de científicos de diferentes nacións constatou que as probas de ADN realizadas á etnia xitana determinaron que estes proceden da India e que non chegaron a Europa ata antes do 1400 cos peregrinos do camiño de Santiago. Aínda que ao principio foron admitidos pola sociedade ao ver que non se adaptaban as nosas normas acabaron sendo perseguidos. No noso país hai uns 350.000 xitanos.  Haberá outras etnias que sexan orixinarias dese mesmo lugar?


Fontes:

Xeo en Mercurio


Os investigadores da NASA descubriron grazas á sonda Messenger que en Mercurio hai grandes cantidades de auga xeada nos seus cráteres situados nos polos do planeta e material orgánico. Este é o máis pequeno dos planetas no Sistema Solar e o máis próximo ao Sol. Aínda que con isto xa ten algo máis en común coa Terra non quere dicir que haxa vida nel agora pero tampouco se pode descartar a idea de que o haxa nun futuro. Poderemos ter proximamente veciños no noso sistema planetario?



Fontes:

Os raios verdes


¿Realmente existen ou son una ilusión óptica? ¿E tan so una invención de Xulio Verne ou son unha realidade? Pois ben, este fenómeno non é nin una ilusión nin una lenda, isto acontece cando a luz solar atravesa a atmosfera e refráctase, como ocorre cos prismas. Podémolo ver cando se pon o Sol durante uns segundos, aínda que tamén pode ser azul por que a súa luz é de alta frecuencia e presenta estas cores. Tamén podemos ver a parte superior da esfera solar ou lunar verde cando o horizonte non ten obstáculos, coma no océano pero ademais pode aparecer sobre as nubes ou as montañas. Chegaría Xulio Verne a ver algún na súa vida?
Fontes:


UNIVERSOS PARALELOS

                                                      
 
Que son os universos paralelos? É posible que exista outro “eu” ? É un tema moi dificil de comprender e no que prácticamente TODO está por descubrir. Pero ainda así moitos científicos, xa sexan matemáticos, físicos... aseguran que existen, xa que calquera outro tipo de universos como o lineal, presentan moitos erros nas nosas teorias. Para o modelo de universos paralelos, existen moitos universos independentes ao mesmo tempo, nos que as leis físicas son distintas en cada un e non en todos podería haber vida. Algúns científicos opinan que é imposible pasar de un a outro xa que son totalmente independentes, en cambio outros pensan que si se podería pasar de un a outro porque poden estar conectados de algunha forma como poderían ser os buratos negros ou os agujeros de gusano. Os modelos máis coñecidos de universos paralelos, son os universos burbulla e o multiverso. Será certo que vivimos nunha gran burbulla?, Poderemos chagar a visitar aos nosos veciños de outras burbullas algún dia?
              Se isto foi suficiente para despertar a vosa curiosidade, nesta páxina http://www.astromia.com/universo/modelosuniverso.htm , explícavos máis sobre o tema.

De la Deriva Continental a la Tectónica de Placas


Caramba, pareceme que esto xa o vivín antes!


A miúdo temos esa estraña sensación de que o que nos está a acontecer xa o vivimos antes e eso é pola
expresión francesa "déjà vu" que significa “xa vivido”. Esto débese a unha anomalía na memoria, unha actividade epiléptica localizada no lóbulo temporal que fai que a información do que estamos a ver se desvíe unha milésima de segundo e nos de esa sensación de que o que estamos a sentir, vivir ou visitar (déjà sentí, déjà visité o déjà vécu) xa o viviramos antes, pero co inconveniente de que non sabemos cando e como sucedeu daquela vez. Será por iso que algunhas persoas pensan que ven o futuro?

Fonte:
http://blogs.20minutos.es/yaestaellistoquetodolosabe/deja-vu-la-extrana-sensacion-de-haberlo-vivido-antes/

14 dic 2012

Por qué se contaxian os boquexos?




O contaxio dos boquexos sempre fui unha curiosidade para os humanos. Polo de agora todavía se descoñece o por qué desta causa e tan só se poden supoñer teorías: boquexamos cando outra persoa o fai para manternos no mesmo estado ca esa persona e asi poder traballar conxuntamente e conseguir mellores resultados, facémolo para liberar ansiedade e para avisar os demáis de que hai unha situación perigosa, para manterse alerta,etc. O que temos claro é que o contaxio do boquexo non é unha imitación sinon que é un acto reflexo do noso corpo, tan potente que podemos boquexar solo con pensar nel, e que polo de agora tan só se deron casos de contaxio en chimpancés, humanos e cans. E ti que? Cantas veces boquexaches o leer esto?


FONTES:
http://www.planetacurioso.com/2011/10/07/por-que-bostezar-es-contagioso/
http://www.muyinteresante.com.mx/preguntas-y-respuestas/325290/contagio-bostezo/

¿Que pasa cando dous buratos negros chocan entre si?


Ésto sucede cando duas galaxias se unen e chocan os seus buratos negros mais masivos. Os buratos negros poden chegar a chocar cos seus núcleos (colisión direta) ou poden ir xirando na sua aproximación ata una eventual unión. A cousa ponse interesante aquí, en vez de chocar de boa maneira, as forzas de cada burato negro son tan inmensas e extremas que o que ten mais masa expulsa ao outro fora da galaxia con tan tremenda velocidade que o burato negro que foi expulsado da galaxia xamais poderá regresar. Polo contrario o burato negro que queda dentro da galaxia adquire unha enorme cantidade de enerxia no seu disco de polvo e gas emitindo un suave resplandor de rayos X que dura miles de anos. Os investigadores calculan que este fenómeno podería estar a ocorrer ata 100 choques a menos de 5.000 millóns de anos luz da terra.




Esta imaxe mostra os pasos polos que pasan os buratos negros durante a colisión entre ambos. Neste caso os buratos negros unense polos seus núcleos formando un burato negro máis forte e inmenso.

13 dic 2012

Buratos brancos


Todo o mundo ten unha lixeira idea do que pode ser un burato negro, un lugar no espazo do que nada pode escapar, pero, é un burato branco?  Podemos considerar o burato branco como un lugar atopado no universo contrario totalmente ao burato negro, é dicir, unha rexión do espazo onde a luz e a materia escapan dese lugar.
Ainda que son o contrario aos buratos negros, os dous comparten algo en común: a mase, a carga e o momento angular.
A pesar de que os científicos consideran a existencia deste fenómeno, é considerado en certo modo unha rareza matemática.
No ano 2006, producirse unha explosión de raios gamma e cinco anos despois consideraron a aquel fenomeno como “burato branco”.

Un galego descobre a calculadora avanzada



Datos atopados en Nova York do día 10 de setembro de 1878, demostran que Ramón Verea foi o inventor da calculadora “avanzada”, xa que a calculadora que el diseñou era capaz de multiplicar e dividir dando un resultado de ata 15 cifras dunha forma exacta e instantáneamente. Isto chega ata a ser sorprendente, xa que o único que Verea quería era demostrar que un español era capaz de crear algo sobresainte pero nunca tivo o interese en comercializalo e ata deixou de continuar traballando nese campo.


Revista Nature

É unha das máis antigas e famosas revistas científicas. Publica sobre unha gran variedade de temas, aínda que a súa principal área é a bioloxía. É publicada en Londres semanalmente.
A maior parte dos artigos son exposicións de traballos de investigación moi técnicos. Son revisados por espertos internacionais na área. Se é preciso algúns dos experimentos son repetidos por outros científicos.
Para a maioría dos científicos publicar en Nature é un gran prestixio. A revista rexeita en torno ao 95% dos artigos que lle son enviados. Ten a Cuore, ou calquer outra revista dese estilo, ese nivel de esixencia para publicar? Hai algunha revista científica que poida igualar a Nature?

FONTES
http://es.wikipedia.org/wiki/Nature



Fotográfase un arco da vella branco no Polo Norte



O arco da vella branco parécese ao de cores, pero fórmase cando hai néboa. Componse de gotas máis pequenas, as cores non se separan da mesma forma que no arco da vella que aparece trala chuvia senón que adopta a aparencia dun lazo branco. Creedes que o mundo está cambiando e por  iso se dan estes fenómenos? Será algunha sinal para o fin do mundo?

FONTES

http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2011/12/111214_polo_norte_arcoiris_fotografia.shtml

Schwarzschild segundo Óscar, Leticia e Maribel

Lise Meitner segundo Rita e Laura

11 dic 2012

Rematamos a primeira avaliación

O próximo martes 18 de decembro remata o prazo para publicar entradas no blog.
Felices festas a todos

10 dic 2012

Meteoritos


Cada ano chegan ao noso planeta entre 40.000 e 80.000 toneladas de materia interplanetaria. Vale, e que?
Pois que podería romperche a cabeza, ou non? Por si las moscas non deixes de ler como son esas rochas intergalácticas antes de que sexa tarde.

4 dic 2012

La conquista lunar


Hai moitos rumores sobre a chegada do home a lua, que é unha conpiración e  que todo se rodou nun plató. 
Este libro empeza dandonos a coñecer os principais conspiradores e os seus argumentos sobre a conspiracións. A simple vista as hipóteses desas persoas son bastante razonables econvincentes, a excepión de algunha que é demasiado ridícula, coma a de que o astronauta cando salta non ten a sombra debaixo, se non o lado
 O autor deste libro está convencido de que todo iso é mentira e a base de razonamentos científicos, fallos nas hipóteses conspiranoicas e probas que as contradín desminte todas as hipoteses falsas.
Está claro que o autor quere convencernos de que o home chegou a lúa, pero se lemos o libro dun conspirador el tratará de convencernos do contrario, aínda así este libro faranos cambiar de idea se creemos que o home non chegou a lúa, porque a diferencia dos que afirman o contrario, este libro non se basea en creenzas nin mitos, utiliza a razón e verifica as hipóteses con probas demostradas.
Jesús Cousillas 1º Bacharelato B

3 dic 2012

La vida de los planetas

Con este libro invítovos a dar un paseo polo noso lugar na Universo, o Sistema Solar.  Que sabemos del e como foi a viaxe do seu descubremento incluíndo algún dos seus máis sonoros fracasos.

25 nov 2012

O ladrón de cerebros

Nun gráfico título Pere Estupinyá realiza neste libro unha viaxe apaixonante pola actualidade da Ciencia polas respostas que esta atopa aos interrogantes da natureza e polos novos misterios que abre o coñecemento no seu avance. Neste caso ofrézoche un capítulo de aperitivo, proba e anímate a ler o texto completo que está á túa disposición na biblioteca.

21 nov 2012

A tormenta solar do século


O ciclo solar cambiou, o Sol entra nun novo ciclo, de gran intensidade, o que provocará maior actividade magnética, labaradas, tormentas... Os científiicos prevén que o momemento de maior actividade do novo ciclo será a finais de 2013.
A sociedade moderna depende de redes de comunicación, satélites e telefonía móbil o que agrava as consecuencias dunha posible tormenta, xa que estes sistemas poderían deixar de funcionar.
¿Creedes que a nosa sociedade podería sobrevivir a isto? ¿Poderíamos seguir adiante uns día sen a posibilidade de utilizar internet ou os móbiles durante uns días?

FONTES


19 nov 2012

El universo para curiosos


Un libro para os que non lles gusta seguir a orde establecida. Empeza a ler por onde queras que xa se encargará o libro de liarte polos camiños da Astronomía

5 nov 2012

La vida privada de las estrellas

Con gran alegría véxome obrigada a propoñer outro libro para esta semana por un enorme éxito de público. Agora só falta que ademais de coller os libros da biblioteca sexades capaces de lelos. 

Nesta ocasión un pouco de Física e moito de cotilleo. Nesta recopilación de artigos, publicada no blog El Tamiz (moi recomendable para os que esteades interesados en Física) podedes seguir os principais acontecementos da vida dunha estrela dunha forma moi amena e comprensible. Como nacen? Como se orixina un burato negro?
E para facer aínda máis fácil o acceso a este libro podedes descargalo en pdf pinchando na imaxe.
Boa lectura

La conspiración lunar, Vaya timo!

Será verdade que o home non chegou á Lúa?  Realmente que pasa coa bandeira, móvese? Debe moverse? En quen debemos confiar?

29 oct 2012

Enigmas de la humanidad

Un paseo polas pirámides, os mundos perdidos e as curacións milagrosas dende unha perspectiva científica. E con fotos, que mira que é raro.

26 oct 2012

Sabías porque... a veces as nubes teñen forma de animales ou obxectos?


En realidade, non é que as nubes teñan formas, senon que a nosa mente produce un efecto chamado pareidolia, é decir, é un fenómeno psicolóxico que consiste en que un estímulo vago e aleatorio (xeralmente unha imaxe) percibímolo con formas que nos parecen coñecidas, pode ser un animal, un obxecto ou incluso unha persoa, aínda que xeralmente adoitamos asociar as nubes con forma de animais.
O fenómeno da pareidolia pode ocorrer de forma natural, como por exemplo nas nubes, ou de forma artificial, como por exemplo cando un pintor oculta na súa obra algunha forma case imperceptible na auga ou a codia dunha árbore.
Será por iso que a xente ve extraterrestres por todas partes? E vou máis aló, a xente que asegura ver ovnis e ser abducido non será producto da imaxinación polo fenómeno da pareidolia?
Agora chegou o voso turno, deixade a imaxinación voar e buscádelle sentido as nubes que vexades, aínda que se non vos apetece achegarvos a unha fiestra podedes comezar por esta...



Eu xa lla atopei, podes ti?


Fontes


22 oct 2012

Radicales libres


Como se produce a investigación científica? Como son os científicos no seu traballo? Evidentemente son xente despistada, co pelo alborotado e unha vida de traballo sen diversión, verdade? Vive a intrahistoria dalgúns dos maiores descubrimentos da Ciencia e veremos que idea tes ao rematar.

20 oct 2012

O universo é un burato negro bebé





Un burato negro defínese como unha rexión finita do espazo en cuxo interior existe unha concentración de masa o suficientemente elevada para xerar un campo gravitatorio tal que ningunha partícula material, nin sequera a luz, pode escapar dela.
Cando a materia é levada ao interior dun burato negro, vólvese tan densa, que o burato pode expulsala e formar un universo desa mesma materia. Noutras palabras: un universo con moitos buratos negros pudo crear moitos universos bebés.

Aínda non podemos detectar con exactitude onde están localizados os buratos no noso universo (aínda que podemos aproximalo) pero eso podería ser porque somos un universo bebé, o producto dun burato negro de outro universo con medios insuficientes.
Esta idea tamén sostén a posibilidade do multiuniverso donde podería haber unha cantidade infinita de universos.

Agora pregunto: se poidéramos saber en que lugar exacto están os buratos negros, poderiamos saber se existen outros universos?


Fontes

15 oct 2012

A falsa medida do home

Unha das obras máis interesantes do gran divulgador científico Stephen Jay Gould. Como case sempre o autor profundiza no fundamento científico das grandes polémicas sociais en EEUU. Existe fundamento científico que xustifique a maior intelixencia dun grupo pola súa procedencia? Que mide o CI? Pódese medir a intelixencia?
Este libro é unha interesante revisión das incongruencias das ideas racistas dende unha perspectiva científica.

9 oct 2012

Sabíades que se pode revivir a unha especie chamada “Dentes de Sable”?


O "Dentes de sablefai máis de once mil anos que está estinguido. Os científicos conseguiron o seu ADN, só precisaría un Xenoma completo para clonalo cun óvulo de Leona. Pénsase que o León Africano é o máis parecido en ADN a esta especie estinguida.
A extinción do “Dentes de Sable” foi causada pola súa perfección, explícome: era tan bo depredador que acabou coa existencia de presas que o podía alimentar; extinguiuse pola falta de alimento. Os científicos descubriron a posible clonación pero eu pregúntome.. Sería unha boa obción revivir estes animais? Sabemos que non todo o que a ciencia pode facer debe facerse.. Opinas que deberíamos utilizar un león africano para devolver ao dentes de sable á vida? Aquí deixo uns videos para coñecelo mellor e poder opinar.

8 oct 2012

Lo que queda por descubrir

Aínda que un pouco antigo, este clásico da divulgación científica permítenos introducirnos nos límites das Ciencias. Queda algo por descubrir ou estamos cerca de entender todo o Universo?

1 oct 2012

Por qué creemos en cosas raras

Suponse que a xente lista non se deixa enganar, é iso certo? Como pode ser entón que moita xente lista defenda ideas raras, por ser bos e non definilas máis duramente.  E vós, deixádesvos enganar?

23 sept 2012

La ciencia como calamidad

Empezamos a sección Un libro cada día cunha recomendación válida para todo o curso xa que responde a moitas das preguntas habituais: por que estudar CCMC? Que diferencia a Ciencia doutros campos do coñecemento? A quen beneficia o analfabetismo científico? 
Como aperitivo, un fragmento do final do capítulo 6: "Neste capítulo vimos un segundo compoñente do analfabetismo científico, o activo, que está baseado nas cousas que chega a facer o que sabe para que o analfabeto científico non aprenda, non progrese, quede eternamente como esclavo, cliente, dependente."

18 sept 2012

Instrucións para publicar entradas

Comezamos novo curso e facémolo co blog a pleno rendemento xa na segunda semana. Para os despistados estades ante o blog dos alumnos de Ciencias para o Mundo Contemporáneo do IES Ponteceso. Neste espazo publicaremos noticias relacionadas cos temas de clase, buscaremos polémicas relacionadas coa materia ou falaremos de lecturas de divulgación científica. Nesta primeira avaliación, na que aínda estamos familiarizándonos co uso do blog intentaremos prestar máxima atención nas entradas aos seguintes aspectos:
  • Temas: en cada avaliación os temas a publicar deben estar relacionados cos contidos estudados nela. Nesta primeira avaliación os temas son: Ciencia e pseudociencia, O Universo, Xeoloxía.
  • Ortografía.
  • Rigor científico dos contidos. Sempre será interesante contrastar as nosas fontes.
  • Fontes. Non esquezamos nunca citar a procedencia de imáxenes ou información publicada nas entradas.
  • Etiquetas
 Lembrade que tedes que enviar as entradas á dirección de correo que vos din en clase

24 jun 2012

100 mitos de la ciencia

                                             
“100 mitos de la ciencia” é un libro que lle recomendo a todo tipo de persoas, persoas curiosas,  observadoras, orixinais,… a todas as persoas lle interesara, xa que incorpora información das que nos creemos verdades certificas e que a única verdade é que non son máis que mitos, que co paso do tempo a xente foi adquirindo como un coñecemento seguro e fiable. Foise transmitindo de xeracións en xeracións ata que ninguén  se parou a pensar, se  realmente coa lúa chea nacen máis nenos, se o estado anímico pode curar o cáncer,  ou mesmo se o  cabelo e as uñas seguen medrando despois de morrer. Está claro que a nosa falta de coñecementos nos fai máis propensos a crer que moitos deses mitos son verdade, pero certo é que ao acabar de ler cada unha das explicacións dos mitos dixen: non puido ser que estivera enganada tanto tempo, é o mais curioso e que non son a única persoa. Por iso é un libro adaptado a todo tipo de persoas aparte de moi doado de comprender, ordenados os mitos segundo o tema o que pertenzan. Tamén é de dicir que os mitos que mais chaman a atención ao meu parecer son os que teñen relación coa vida cotidiá das persoas (En nadal  aumentan o numero de suicidios, os arrefriados cáusaos o frío, o cáncer de mama solo afecta as mulleres…) que por exemplo os mitos sobre o espazo ou sobre os científicos ( os científicos son xente estraña, no zodíaco hai doce signos, os científicos son persoas obxetivas…) xa que poden estar mais interesantes para as persoas que estuden  ciencias e teñan relación con elas. Pero en conclusión, este libro non defraudara a ninguén, e ata a persoa máis “pasota” e bohemia do mundo encontrara unha ración de coñecementos que lle pareceran interesantes e atractivos.