11 dic 2013

Paneis solares na Lúa.

Unha compañía xaponesa de inxeñería civil e construcción quere construir paneis solares na Lúa. Este proxecto, chamado Luna Ring, implicaría a construcción dunha cinta xigantesca de paneis solares ao redor do ecuador da Lúa, chegando a cubrir unha extensión de 11000 kilómetros de largo.
Terá este proxecto unha base científica para poder levarse a cabo ou será imposible de realizar?

Hipatia de Alexandría

9 dic 2013

Captura dun asteroide


A NASA planea unha misión para o 2019 consistente en capturar un asteroide (cunha rede en forma de bolsa) e remolcalo ata a Lúa para poder estudalo e analizalo. Esta misión será a antesala ao primeiro viaxe tripulado a Marte establecido no 2030.
Poderemos obter datos de vida dos lugares por onde viaxou o asteroide?
Fonte: http://www.ojocientifico.com/4319/la-nasa-capturara-un-asteroide-en-2019

Descuberto novo Sistema Solar


Astrofísicos descubriron un sistema planetario cunha estructura moi similar ao noso: sete planetas xiran ao redor da estrela KOI-351, os rochosos máis preto e os gasosos máis afastados; o tamaño e os períodos orbitais dos planetas tamén coinciden en certa medida. Este achado pode ser importante para a búsqueda de planetas extrasolares e de máis sistemas planetarios derredor de estrelas próximas.
Pode ser este o lugar de orixe da vida extreterrestre?
Fonte: http://ecodiario.eleconomista.es/interstitial/volver/cetelem/ciencia/noticias/5354732/11/13/Descubren-un-nuevo-sistema-solar-de-siete-planetas.html


Baile de buracos negros


Astrónomos descubriron nunha galaxia remota dous buracos negros que semellan bailar entre sí. Cren que se debe a que un chorro dun se moviu cara o outro como unha danza con cintas, polo que os dous buracos negros deberán estar moi preto e gravitacionalmente entrelazados.
Ocasionará este baile cósmico un choque que destruirá o Universo?
Fonte: http://www.eluniversal.com.mx/ciencia/2013/agujeros-negros-bailan-81862.html

Biografía da Terra

Hai quen ve Sálvame para cotillear na vida de alguén. Eu prefiro ler directamente esas historias e quen mellor para contalas que Francisco Anguita, un dos mellores divulgadores científicos españois.

8 dic 2013

Tormenta en Xúpiter.


A gran mancha vermella de Xúpiter é unha tormenta colosal que se iniciou fai séculos e que aínda non se detivo. Esta, desafía as explicacións científicas convencionais, xa que debería haber desaparecido co tempo. Agora uns especialistas prepararon un novo modelo para explicala. Este di que o movemento vertical do aire é a clave para explicar a larga presenza da mancha vermella. Aínda así saben que este modelo non pode explicar completamente a súa larga duración. Cal será o motivo exacto da perdura da mancha?

5 PLANETAS NOS QUE PODEREMOS VIVIR


Os científicos encontraron restos de vapor  de agua na capa de gas que rodea os exoplanetas, isto non é a primera vez que sucede pero si é a primera vez que os científicos emiten documentos e miden con certeza a cantidade desa molécula. Estos planetas están a una gran distancia , polo tanto estímanse as  composicións das súas atmosferas a través da cantidade de luz que absorben.
As obsevacións realizáronse a través da cámara Wide Field Camera 3 do telescopio Hubble, que opera no espectro de lonxitide de onda infravermella, no cal a composición faise visible.
 Os científicos detectaron auga na atmosfera de cinco planetas dicerentes (WASP-17b, HD209458b, WASP-12b, WASP-19b y XO-1b).
Estes afirman que estos datos son inequívocos.

Chegaremos a mandar unha viaxe espacial tripulada por persoas algún día a eses planetas tan lonxanos?


QUE HAI NO INTERIOR DE TITÁN?


                                                                   









Titán é o maior dos satélites de Saturno, ten una densa atmosfera que parece similar á atmosfera primordial da terra. Datos aportados pola nave espacial Cassini fan supoñer que probablemente haxa un océano baixo a  superficie de Titán . Os científicos viron vultos nesta lúa mentres xiraba arredor de Saturno, pois a gravidade do planeta axusta e estira a superficie deste.Se Titán fora de rocha sólida, os científicos calculan que os vultos serían de ata un metro, pero as mareas sólidas terían ata dez metros de alto, o que indica que hai un mar baixo a súa superficie.
Que pasaría se houbese auga en Titán, podería haber vida?.

NEUMÁTICOS VS HURACÁNS















Un profesor de deseño e inxeñería da Universidade de Edinburgo, atopou a forma de debilitar as tormentas tropicais con neumáticos usados. Conta co apoio dos multimillonarios de Microsoft Bill Gates e Nathan Myhrvold, e patentou un sistema para unir miles de neumáticos. Cada un suxeita longas tubaxes que mesturan auga profunda con auga morna de superficie, arrefriándoa a menos de 26,5ª, a temperatura á que se forman os huracáns.

Poderían nun futuro desaparecer os volcáns?


Fonte: Cómo funciona.

O SOLO DE MARTE É COMO HAWAI










Diferentes investigacións revelaron a composición do solo de Marte filtrando finas partículas de material e disparándolles raios X. Trátase de basalto desgastado e pó volcánco. A similitude de composición coa terra de Hawai indica que nalgún tempo Marte foi altamente volcánico e que houbo unha transición no tempo dun entorno húmedo a un seco. As rochas antigas, suxiren un fluxo de auga, mentres que os minerais da terra máis xóvenes indican pouca interación de auga.
Realmente poderiamos vivir alí?


 Fonte: Cómo funciona?

QUE É UNHA TECTITA?


 
 












As tectitas son obxectos de vidro do tamaño dunha pedra pequena e poden ter formas complexas, semellantes á obsidiana, formada por erupcións volcánicas, pero as tectitas teñen un punto de fusión moito máis alto e miles de veces menos auga. Conteñen sílice e tiras de  lechatelierita, un cristal que se forma cando un raio cae na area de cuarzo. Unha teoría dinos que as tectitas formáronse por impactos de meteoritos ou asteroides fai millóns de anos  e o calor e presión xerados por unha rocha espacial ao chocar coa terra puido fundir as capas rochosas lanzando restos a gran velocidade á atmosfera . Ao caer, colleron diversas formas. As tectitas que se atopan nunha zona de impacto son distintas ás que se atopan noutra zona..
Cal é a súa orixe?


Fonte: Cómo funciona?

BETELGEUSE














Betelgeuse é unha estrela enorme, vermella, atópase a 640 anos luz da Constelación de Orión e a 300 luz da Terra, que brilla moito no ceo nocturno, pero ese brillo ten un prezo: no seu interior atópase gran cantidade de combustible co cal xera enerxía. Dise que esta superxigante vermella estoupará en calquera momento  e podería converterse nun segundo “sol “  co cal o seu disco podería estenderse  á órbita de Marte e a súa atmosfera exterior ata a órbita de Xúpiter. Os astrónomos pensan que Betelgeuse arderá ata que o seu combustible atómico se agote e logo brote en forma  dunha espectacular explosión supernova.  
Perxudicaranos esa explosión?


NUBES SOSPEITOSAS















Unhas posibles sinais poderían predicir o seísmo que causou miles de mortes na China. Non habían movementos sísmicos e a nivel de actividade no epicentro era baixo. Os científicos quedaron asombrados co sucedido pero non observaron anomalías no comportamento dos animais, a temperatura da auga subterránea... e sen embargo outros científicos afirmaban que houbo formacións nubosas inusuais que poderían predicir o seísmo.
Deberían estudarse as nubes para predicir os terremotos?