Hace 2 horas
26 mar 2015
El enemigo invisible
Este libro gustoume debido a que explica moi ben como se transmiten os virus e ademais deso conocin virus que nunca escoitara falar deles. Recomendariallo a personas que lle guste a rama das enfermidades xa que se aprenden bastantes cousas que un non sabe. Pareciume un libro interesante.
25 mar 2015
Los microbios que comemos
Gustoume bastante este libro xa que explica con claridade as clases de perigos que hai relacionados con este tema e as solucións que hai hoxe en día para previr as enfermidades, aínda que agora teño moito máis cuidado co que como.. Moi bó libro. Andrea Suárez.
24 mar 2015
Plástico, un idilio tóxico
Alguén se imaxina un mundo sen plástico? Case
ninguén. Dende que nos levantamos ata que nos deitamos estamos en continuo
contacto cos plásticos. Isto débese as numerosas vantaxes que nos proporcionan dende unha gran comodidade, ata o seu baixo custe. Pero fronte a estas vantaxes hai
inconvenientes, o máis coñecido é a contaminación no medio ambiente, pero ten
moitos máis, como por exemplo a prexudicación nos bebés prematuros. Como
podemos ter coñecemento deses problemas? Pois lendo este libro que fai un
repaso a todo o relacionado co mundo do plástico.
23 mar 2015
Los microbios que comemos.
Este libro trata sobre a gran
cantidade de microbios que inxerimos os cales se atopan presentes nos
alimentos, mostrando cales son favorables e cales non, a súa orixe e as
características de cada un ademais dos métodos de control que se
empregan para eliminalos ou reducilos. É doado de leer, pero despois fai
que miremos os alimentos e pensemos dúas veces se comelos ou non.
Vida, la naturaleza en peligro
Un breve resumo sobre a aparición e sobretodo extinción de varias
especies ao longo da historia da vida de forma moi sinxela, e como
nos, debemos intentar preservar a biodiversidade.
Etiquetas:
a orixe da vida,
bioloxía,
libro,
Un libro cada día
22 mar 2015
Ríos de sangre
Este libro trata diferentes curiosidades sobre a ciencia, pero sempre contadas dunha maneira moi sinxela e divertida.Corto e moi interesante de ler.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)