24 jun 2012

100 mitos de la ciencia

                                             
“100 mitos de la ciencia” é un libro que lle recomendo a todo tipo de persoas, persoas curiosas,  observadoras, orixinais,… a todas as persoas lle interesara, xa que incorpora información das que nos creemos verdades certificas e que a única verdade é que non son máis que mitos, que co paso do tempo a xente foi adquirindo como un coñecemento seguro e fiable. Foise transmitindo de xeracións en xeracións ata que ninguén  se parou a pensar, se  realmente coa lúa chea nacen máis nenos, se o estado anímico pode curar o cáncer,  ou mesmo se o  cabelo e as uñas seguen medrando despois de morrer. Está claro que a nosa falta de coñecementos nos fai máis propensos a crer que moitos deses mitos son verdade, pero certo é que ao acabar de ler cada unha das explicacións dos mitos dixen: non puido ser que estivera enganada tanto tempo, é o mais curioso e que non son a única persoa. Por iso é un libro adaptado a todo tipo de persoas aparte de moi doado de comprender, ordenados os mitos segundo o tema o que pertenzan. Tamén é de dicir que os mitos que mais chaman a atención ao meu parecer son os que teñen relación coa vida cotidiá das persoas (En nadal  aumentan o numero de suicidios, os arrefriados cáusaos o frío, o cáncer de mama solo afecta as mulleres…) que por exemplo os mitos sobre o espazo ou sobre os científicos ( os científicos son xente estraña, no zodíaco hai doce signos, os científicos son persoas obxetivas…) xa que poden estar mais interesantes para as persoas que estuden  ciencias e teñan relación con elas. Pero en conclusión, este libro non defraudara a ninguén, e ata a persoa máis “pasota” e bohemia do mundo encontrara unha ración de coñecementos que lle pareceran interesantes e atractivos.

Un planeta de gordos y hambrientos



 Este libro é un gran exemplar que non deixa a ninguén indiferente. No libro trátanse cuestións como: Por qué tendo comida para todos, só se abastecen os paises desemvolvidos?, ou que factores ocultos interveñen na obesidade?
 A súa lectura e moi comprensible, e eu, como lectora, recomendoo para todos aqueles que se queira informar da desigualdade que conleva ó sector alimenticio e as mentiras que o mercado nos fai crer.