22 nov 2014

Como lle explico isto a un extraterrestre?

Imaxina que lle tes que explicar a túa vida a un ser estraño que non sabe nada da Terra. Como o farías?
Con este libro exploramos un pañado de contradicións da nosa vida cotiá, como por exemplo; Por que utilizamos produtos cuxa etiqueta pon que pode matarnos? Demasiada esterilización é prexudicial para un bebé? Por que Windows usase máis que Linux si Linux é gratuíto? Ou como é posible que a mellor maneira de que un edificio resista a un terremoto é que sexa menos ríxido?



21 nov 2014

Ser propenso á depresión depende dunha soa proteína. Os suxeitos do experimento: ratóns

A "Escuela Icahn de Medicina del Monte Sinaí" (EEUU) fixo un estudo con ratóns e determinou que a depresión débese exclusivamente a unha proteína (a beta-catenina) que se expresa no cerebro e conta con moitas funcións biolóxicas importantes.Os científicos expuxeron aos suxeitos (ratóns) a "estrés social crónico" descubrindo que esta proteína accionaba a resistencia. A parte do grupo que tiña activada esta proteína estaba protexida contra o estrés e os que non a tiñan activa mostraron signos de depresión no seu comportamento.
Esta pode ser unha vía para crear novos antidepresivos que activan os mecanismos de resistencia natural


A pregunta é: Realmente poden considerarse o experimento realizado como válido?, tendo en conta que os ratóns non son seres racionais e non poden espoñerse a "estrés social crónico" nin mostrar "signos de depresión".

A astroloxía é unha ciencia?


É un conxunto de coñecementos que intentan relacionar as características dunha persona co seu signo zodiacal (posición dos astros no momento do nacemento). Chega a ese coñecemento mediante a observación dos astros. As ciencias non son de carácter máxico, subxetivo ou mítico. Dado esto, é certo que alguén que nace baixo o signo de tauro vai ter un carácter paciente ou que o dun piscis será tolerante?

Fontes:

A fisiognomía é pseudociencia?


É un estudo basado na idea de que coa apariencia externa dunha persoa, sobre todo a súa cara, pode coñecerse o carácter ou personalidade desta. Dá teorías pero non probas, emprega linguaxe científica (só en aparencia) e esixe que se recoñeza o seu carácter científico ante o público xeral. Entón, podemos saber realmente a personalidade dunha persoa se ten a cara redonda, cadrada, etc?

Fontes:

20 nov 2014

Breve introdución aos minerais en galego


Rematamos a 1 ª avaliación

O xoves 27 de novembro remata o prazo para enviar entradas ao correo e o mércores xoves 4 de decembro remata o prazo para subilas ao blog. A única excepción son as entradas dos libros.
Antes de vacacións comezará o prazo para as entradas da 2ª avaliación.

19 nov 2014

Ver sen ver


Área 51



O científico Boyd Bushman contou nun video que a misteriosa base militar chamada area 51 (Nevada,EEUU)hay unha nave extraterrestre.Antes de morrer, este científico asegurou que nese lugar se estudaban naves e corpos alieníxenas.Ademáis, asegurou que un grupo de expertos analiza actualmente unha máquina extraterrestres.Pode ser que sexa real ou deliros dunha persoa maior?  



http://abcblogs.abc.es/curiosidades-cosas-insolitas/2014/10/28/extraterrestres-aliens-area-51-cientifico/

O LHC e a fin do mundo





As ultimas declaracións de Hawking no prologo dun libro, menciona que o LHC si que sería capaz
 de destruir o Universo,pero debería alcanzar unha enerxia de 100.000 millones de gigaelectronvoltios
cousa que nestes mosmentos resulta imposible.Poderá chegar o punto no que utilicemos demasiada potencia e destruiremos o Universo?


http://www.elmundo.es/ciencia/2014/09/09/540d711bca4741ed688b4575.html

Qué pasaría se chocasen dous buracos negros?


Se un buraco negro se acercara demasiado a outro, a forza da gravidade que teñen estes lugares non permitiría que un se alonxase un do outro. O resultado sería unha colisión extremadamente violenta que fusionaría a  ambos buracos negros e daría lugar a un moito maior. Esta é a teoría máis probable dos científicos, pero non se sabe a ciencia certa xa que ninguén foi testigo de tal espectáculo. Entón, realmente sería  isto posible?


Como protexernos dos perigos de Internet

Gonzalo Álvarez narra, en seis capitulos, os perigos que nos rodean. Os de Internet. Un libro que conta que facemos xusto o que non debemos. A que perigos nos enfrontamos ao activar o noso router, que tipo de infeccións pode padecer un ordenador...son só unhas das moitas cousas que se poden aprender con esta lectura.

18 nov 2014

A Lúa e o ser humano




O termo que fai referencia a esta crenza é o efecto lunar, co ciclo lunar prodúcense anomalías na conducta e no físico do ser humano. Ademais, repercute no ecosistema (como por exemplo as mareas).
Existen multitude de páxinas na rede que demostran con exemplos que esta crenza é totalmente certa. Pero tamén están as que negan o efecto da Lúa no ser humano.
Afectará o ciclo lunar tanto ao ecosistema como ao ser humano? Influirá en algún aspecto a Lúa ó ser humano?

Fontes:
http://cienciadiaria.blogspot.com.es/2007/12/efectos-de-la-luna-llena.html
http://www.rinconpsicologia.com/2010/11/la-locura-y-la-luna-llena-la-realidad.html
http://www.tiempo.com/ram/14630/la-luna-y-su-influencia-sobre-el-tiempo-atmosferico-nuevas-ideas-y-estudios/
http://www.astromia.com/solar/lunamareas.htm


 

Sonda aterriza nun cometa

O 12 de novembro do 2014 e por primeira vez na historia, unha sonda, a Philae aterrizou con éxito nun cometa, o 67P, o que supón un avance na exploración espacial.
Con ela preténdese, por exemplo, comprobar se algúns elementos, como a auga, chegaron á Terra cos impactos de cometas, amais de ampliar o que sabemos acerca do Sistema Solar. Para isto, enviaríanos información sobre o cometa durante tres ou catro meses, se a misión, que xa tivo algún contratempo, ten éxito.
Desvelará esta sonda información que contradiga os paradigmas actuais?
Fonte: http://www.abc.es/ciencia/20141112/abci-alminuto-aterrizaje-rosetta-cometa-201411121105.html
http://img.irtve.es/imagenes/impresion-artistica-philae-sobre-nucleo-67p-churyumovgerasimenko/1391617046705.jpg

Peligros naturais

http://www.catarata.org/libro/mostrar/id/825

Volcáns, terremotos, tsunamis e perigos varios. Moi fácil de ler e ademais axuda a estudar.

17 nov 2014

A lúa e o sono

As persoas dormen 20 min menos cando o satélite está na súa plenitude. Científicos de Basilea demostran que o seu influxo dificulta pegar ollo. Según o profesor Cajochen dixo que o ciclo lunar influe no sono,incluso cando non se ve a luna e non se consciente da fase lunar actual.
Están realmenteconcetados entre si os ciclos lunares e os comportamentos do sono?
Fontes: