17 sept 2014

Instrucións para publicar entradas no blog

Xa podedes publicar entradas no blog.
Para os despistados estades ante o blog dos alumnos de Ciencias para o Mundo Contemporáneo do IES de Ponteceso. Neste espazo publicaremos noticias relacionadas cos temas de clase, buscaremos polémicas relacionadas coa materia ou falaremos de lecturas de divulgación científica. Nesta primeira avaliación, na que aínda estamos familiarizándonos co uso do blog intentaremos prestar máxima atención nas entradas aos seguintes aspectos:
  • Temas: en cada avaliación os temas a publicar deben estar relacionados cos contidos estudados nela. Nesta primeira avaliación os temas son: Ciencia e pseudociencia, O Universo, Xeoloxía.
  • Ortografía.
  • Rigor científico dos contidos. Sempre será interesante contrastar as nosas fontes.
  • Fontes. Non esquezamos nunca citar a procedencia de imáxenes ou información publicada nas entradas.
  • Etiquetas
 Lembrade que para poder publicar primeiro tedes que enviar as entradas á dirección de correo que vos din en clase e despois esperar a que vos envíe a invitación.

Ler ciencia no IES de Ponteceso