![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiH24KTTRvnRGFSNpBIWwLBy76AhlBdwOW8fASYROpVmydLxa0W9LIDIvfejGCR07G-Uk3k7NUSp4ybAhEMImKIs8u3ec03CEABUjzsFqvJ4ZajqL7wqYUujOgxtRiyaIaQN2MIMq4Jp1j0/s320/12345.jpg)
A burgalesa terra de Atapuerca non deixa de proporcionar auténticos tesouros de gran valor científico. Nun artigo publicado pola revista ´´Nature´´ Xosé María Bermúdez de Castro e os seus colaboradores dan a coñecer o descubrimento dunha mandíbula humana cunha antiguedade de 1,2 millóns de anos, o que o converte no resto fosilizado do noso xénero máis antigo encontrado en Europa ata a actualidade. Os seus descubridores póñeno na especie do Homo antecessor( algo que algúns especialistas consideran prematuro).
Igual que algúns especialistas, pensades que aínda e prematuro e débese esperar máis probas ou xa se debe de colocar na especie do Homo antecessor?
http://www.educarm.es/templates/portal/images/ficheros/etapasEducativas/secundaria/10/secciones/442/contenidos/10729/atapuerca1.pdf