30 oct 2014

A ciencia no punto de Mira

Esta obra de Jorge Mira resume en un so libro múltiples e diversas preguntas sobre física e a bioloxía aplicadas a vida cotián. Polo tanto, é un libro moi adecuado para todas esas persoas curiosas que lles guste aprender moitos aspectos novos sobre estes campos científicos. 


28 oct 2014

Xedrez e extraterrestres


O presidente da Federación Mundial de Xedrez, Kirsan Ilyumzhinov, afirma que este xogo de mesa foi imposto polos extraterrestres para ser utilizado como unha língua común, pois cando se comezou a xogar as reglas xa eran iguais na maioría dos continentes, pero aínda non existía internet para espallalas por todo mundo. Señala ademais que o tableiro ten 64 cadrados, o mesmo número de codóns que hai no ADN humano.
Coincidencia ou acto de vida extraterrestre? Por que aínda non utilizamos esta língua para mandarlles algunha mensaxe?

Fontes:http://noticias.lainformacion.com/deporte/el-presidente-de-la-fide-afirma-que-el-ajedrez-lo-trajeron-los-extraterrestres_mZuccu8E50LqbY1VOugey3/ , http://www.ajedrezdeataque.com/04%20Articulos/00%20Otros%20articulos/Origen/Extraterrestre.htm

Elemental queridos humanos

http://static8.planetadelibros.com/usuaris/libros/fotos/48/tam_1/47539_1_ELEMENTAL.jpg
Só os debuxos de Forges xa son motivo suficiente para abrir este libro pero non desmerecen nada as claras explicacións dun dos grandes da ciencia en España, Juan Luis Arsuaga.
Vai a biblioteca que se esgotan os libros!

O corpo como delito



O libro profunda nestes trastornos alimenticios, como a anorexia e a bulimia, que comezan no século XIV como penitencia relixiosa e están agora tan vixentes na sociedade feminina nos últimos séculos, onde o pánico a engordar comeza a ser enfermizo. O autor é crítico cos medios e insiste en que só estamos a xerarlle riqueza a estas empresas que se adican únicamente a crear publicidade gordofóbica e a vendernos os seus productos "milagrosos". Tamén a occidentalización masiva está a favorecer o espallamento destas enfermidades, e a establecer canons estéticos inconcebíbeis en determinados lugares do mundo.

27 oct 2014

É a auga da Terra, máis antiga ca o Sol?






Sabemos que tres cuartas partes da Terra son auga. Sabemos que noutros mundos do Sistema Solar hai auga, que hai moléculas de auga por todas as partes do espazo. Pero de onde procede a auga do noso planeta? Hai miles de millóns de anos (antes de que o Sol existira) prodúxose un bombardeo de cometas contra a terra e  que a auga dos cometas feitos de  xeo puideron encher as cuncas que se estaban formando e dar orixe ós océanos. Se a auga está tan extendida polo Universo, podería haber vida fora da Terra?


http://www.abc.es/ciencia/20141017/abci-agua-botella-antigua-201410161750.htm


PARAPSICOLOXÍA



A parapsicoloxía é unha ciencia alternativa, ou o que é o mesmo, pseudociencia, que estuda os fenónemos
paranormales como a percepción extrasensorial, a telequinesia, a clarividencia, o espiritismo ou o poltergeist.
Dende o ano 1996 a fundación James Randi ofrece un millón de dólares a quen consiga demostrar un solo fenómeno paranormal como os anteriormente nomeados.
Será posible contactar cos mortos? Terá a nosa mente poder para mover cousas? Debería o goberno invertir en parapsicoloxía?

FONTE: www.mundoparapsicologico.com/

100 mitos de la ciencia.


Chegou ou non chegou o home á lúa? Usamos só o 10% do noso cerebro? Quitaranos a evolución as moas do siso? Estas preguntas que tantas veces se escoitan atopan resposta neste libro de Daniel Closa i Autet,

26 oct 2014

Manual del cielo y sus mitos

Non o busques na biblioteca é máis fácil de atopar na aula virtual.