14 ene 2015

Entender el tiempo para torpes - Roberto Brasero

Este libro é perfecto para aquelas persoas que non teñan moita idea sobre o tempo. 
Primeiro explicarei o porque desta imaxe. Pensaredes que esta foto é moi simple pero eu non o creo. A imaxe explica unha parte curiosa deste libro: O sol non nos quenta, en realidade faino o chan. Queredes saber por qué?. 
Por qué se di que o CO2 impide o desenrrolo da vida? A que se debe que na nosa atmosfera haxa pouco? Cres que o aire non pesa? Qué diferenza aos furacáns dos ciclóns? Poden ter o teu nome? Aterrizar está ben dito en calquera planeta?
Estas son unhas das moitas cuestións que responde este libro.

13 ene 2015

12 ene 2015

O idioma da ciencia



Cada animal, cada pranta e ata nós mesmos temos un nome científico que provén do latín ou do grego. E aínda que agora mesmo están consideradas linguas mortas, foron o principal medio de comunicación dos principios da ciencia. Cada vez que alguén di padecer unha fobia, unha enfermidade, mesmo cando nomea calquera especialidade ou campo científico está a empregar termos clásicos. Coñecer a etimoloxía destes nomes que de primeiras resultan "difíciles" fará posible descubrir a súa orixe e ver máis claro o seu significado.
A separación entre letras e ciencias leva ós estudantes a e defender un coñecemento parcial do mundo, afastándose así dunha aprendizaxe reflexiva, sen poder cuestionarse nada do que os rodea nin chegar a ser persoas autónomas e críticas. Está ben separar ciencias e letras tan cedo?


"Lucy" e a súa trama pseudocientífica




O cineasta francés Luc Besson, centrou o seu último traballo cinematográfico, "Lucy", no coñecido mito da incapacidade do ser humano de empregar máis do 10% do seu cerebro. Esta afirmación basease na libre interpretación da resposta que Einstein lle deu a un periodista que halagaba a súa intelixencia: "Só utilizo un 10% do meu cerebro".O mito pseudocientífico non é certo, xa que o noso cerebro componse de neuronas, que necesitan actuar para vivir, unha vez estas deixan de funcionar, morren. Por iso, todas as neuronas do cerebro teñen utilidade e actividade regular.
Debería , neste caso, o director rexeitar esta afirmación, informarse e asegurarse da súa veracidade antes de levala ó cine? Non é un xeito de enganar e de perpetuar a ignorancia da sociedade sobre o tema?






11 ene 2015

100 mitos de la ciencia

http://www.lectio.es/cache/9788415088226_.small.jpg
Nacen máis nenos en Lúa chea? É importante mirar a fase da Lúa antes de curtar o pelo? Esta e outras preguntas, ata 100, teñen resposta científica neste libro. Sigue a túa propia orde na lectura, non cambia o resultado