18 ene 2014

Por que o cerebro humano é mais grande que o dos outros animais?




Os humanos posuímos un cerebro máis grande do normal, isto é unha ventaxa. Este ocupa aproximadamente o 2% do peso corporal e emprega máis da quinta parte da enerxía do corpo. Existen varias posibles respostas con respecto á pregunta ¿Por que o ser humano posúe un cerebro máis grande? Estas son: o crecemento deste axudoulles aos nosos antepasados a mellorar técnicas, os cambios do entorno motivaron esta evolución necesaria para a comprensión do mundo e tamén que isto os axudou a desenvolverse mellor no grupo. Cal destas posibilidades cres que é realmente científica?

Fontes:

http://www.medciencia.com/cerebro-humano-por-que-es-mas-grande-que-el-de-otros-animales/

http://www.tendencias21.net/El-cerebro-humano-se-desarrollo-gracias-a-la-competitividad-social_a3413.html

16 ene 2014

Sabías que as bebidas gaseosas axudan a envellecer prematuramente?


Un estudo publicado  en Dailymail.co.uk asegura que as bebidas gaseosas poden facerte vello antes do previsto.
Os cientificos alertan do risco, e é que o problema en sí son os fosfatos que abundan nas bebidas gaseosas  que é un ingrediente para avivar o seu sabor e picor .É sutilmente nocivo pois introdúcese no noso organismo e  vaino deteriorando máis rapidamente.
Este experimento foi probado en ratas polo que cren que ten o mismo efecto nos seres humanos.
Estamos frente a un perigo para a nosa saúde?

Por qué os chinos non poden tomar leite?

Estudos xenéticos demostraron que isto débese a herencia, é dicir que os seus antepasados non tomaban leite debido a que en China non tiñan tradición de pastoreo.
A verdade é que tan solo fai 400 xeracións, creamos un novo xen chamado lactasa que nos fixo ser tolerantes á lactosa e así foi pasando á descendencia, grazas a que os nosos antepasados tiñan a costume de consumir leite na infancia polos seus nutrientes.

Este dato relevaranos que o consumo constante de certos alimentos poden cambiar o noso ADN? Podemos cambiar a evolución humana?


Fonte:http://www.ciencia-explicada.com/2010/01/por-que-los-chinos-no-pueden-beber.html

O posible antepasado dos carnívoros


Certos investigadores están estudando os fósiles do Dormaalcyon latouri, un pequeno e áxil mamífero carnívoro. Este estudo publicado na revista Journal of Vertebrate Paleontology considera que estes restos poden axudar a investigar a orixe dos animais carnívoros actuais. Estes animais viviron fai máis de 55 millóns de anos, crése que en Europa e alimentábanse doutros pequenos mamíferos e insectos. Pese a ser xa coñecido, novos descubrimentos permitiron caracterizalo mellor e situalo na base dos Carnivoramorphans e por tanto estreitamente relacionado cos ancestros dos actuais carnívoros.
Pode chegar este animal a ser considerado o primeiro carnívoro?
Fonte: http://www.elmundo.es/ciencia/2014/01/07/52caf7a1ca4741fe7b8b456d.html

Aletas traseiras como orixe das patas

Un estudo de fósiles de Tiktaalik roseae, que será publicado próximamente en Proceedings of the National Academy of Sciences, revelou que a evolución das patas traseiras pode ser debida a un aumento das aletas traseiras e non a un desenvolvemento das patas tras a transición dos vertebrados á terra. Os investigadores permitiron numerosos movementos ata o de agora non posibles nas especies acuáticas primitivas. A día de hoxe somos testigos destes grazas aos peixes pulmonados africanos.
Poderán ser estes peixes primitivos os primeiros que emerxeron á superficie?
Fonte: http://www.universocanario.com/ciencia-tecnologia/mundo-verde/evolucion-de-las-patas-traseras/evolucion-animal/tiktaalik-roseae/325014

Normalización da homeopatía



O Ministerio de Sanidade dispónse a regular os medicamentos homeopáticos para ofrecer aos consumidores o acceso a estes medicamentos de forma segura. Para isto as compañías e laboratorios que elaboran estas menciñas deben presentar unha relación destas ante a AEMPS para que poidan ser sometidos a un control de seguridade, calidade e eficacia. Estímase que poden ser regulados uns 14.000 medicamentos que a día de hoxe non foron oficialmente rexistrados pola nosa sanidade.
Trátase isto dunha introducción da pseudociencia na nosa sanidade?
Fonte: http://www.publico.es/actualidad/486580/sanidad-regulara-los-medicamentos-homeopaticos-para-garantizar-su-calidad-y-eficacia

15 ene 2014

O ser humano no futuro.


Basándonos nas condicións da vida moderna os seres humanos sufriremos unas transformacións , por exemplo : os nosos cerebros poden ser cada vez máis pequenos pola causa do ordenador , xa que substitúe moitas das tarefas do cerebro. A altura media será de 1 metro oitenta a 2 metros dez polas melloras nutritivas e os avances médicos. Obteremos un intestino máis curto. Os homes disminuirán na súa fertilidade e terán os testículos máis pequenos .Tanto homes e mulleres terán os brazos e dedos máis longos , ollos máis grandes e bocas máis pequenas.
Nestas afirmacións podemos encontrar fundamentos científicos ?

Fonte: 
http://marcianosmx.com/la-evolucion-del-cuerpo-humano-en-mil-anos/



Avances tecnolóxicos na Idade de Pedra.

Según probas arqueolóxicas relaciónanse os avances tecnolóxicos na época dos homo sapiens por un cambio climático e obviamente eran necesarias modificacións para poder adaptarse a estos cambios. O proceso prodúxose en África durante a Idade de Pedra. Analizáronse os depósitos dos deltas do marxen continental e cada milímetro de sustrato son uns 25 anos de sedimentación. Existiron cambios climáticos violentos con variacións de 10 grados.
Se na actualidade pasásemos por un destos cambios climáticos cambiaría a nosa forma de vida ?
Fontes:
 http://www.efefuturo.com/noticia/un-cambio-climatico-propicio-los-avances-tecnologicos-del-homo-sapiens/
http://www.innovaticias.com/ciencias/15977/cambio-climatico-acelero-avances-tecnologicos-culturales-edad-piedra

Entropía, The Big Bang Theory.


¿Cómo le explico esto a un extraterrestre?



Se estás interesado en curiosidades sobre a ciencia ou relacionadas coa túa vida cotiá, este é o libro perfecto. Ven dividido en preguntas, e se alguna non é do teu interese pódese saltar, xa que non repercute no resto do contido do libro. O que máis me gustou é o uso que o autor fai de recursos como metáforas para a explicación dalgunha lei, teoría, etc. Pola contra o que menos me agradou foron as cuestións relacionadas coa política ou a economía.

14 ene 2014

MELLOR VISTA GRAZAS AS SERPES



             Un estudo do cerebro do mono suxire que están adaptados para recoñecer serpes.Nun pasado as serpes significaban a morte casi segura xa que eran os primeiros depredadores dos primeiros primates, o que axudou a súa evolución mendiante unha serie de rasgos que axudaba a evitalas. Un exemplo disto son os ollos mirando ao frente e os centros visuais máis profundos no cerebro.Este estudo demostra que os primates que nunca estiveron expostos as serpes venenosas teñen peor vista que os que sí.
                 
          ¿Se esto e certo, porqué outros animais que son unha frecuente presa non adoptaron estes rasgos?

 FONTE:http://news.sciencemag.org/evolution/2013/10/did-snakes-help-build-primate-brain

Un cráneo pon en dúbida a evolución homínida


Según un estudo publicado na revista Science, o denominado "cráneo 5" atopado en 2005 en Georgia pode variar por completo a historia evolutiva humana. A partir do seu análise e doutros restos de catro homínidos atopados na mesma zonna os investigadores formulan a hipótese de que distintas especies de homínidos (como o Homo habilis e o Homo erectus poidan ser distintas variacións dunha soa especie.
Cres que este descubrimento pode chegar a trastocar a nosa evolución?
Fonte: http://www.20minutos.es/noticia/1951195/0/craneo-5/homo-habilis-erectos/historia-evolucion/

Descuberto o ADN máis antigo



Unha pequena cantidade dun fémur duns 400.000 anos atopado en Atapuerca permitiu obter a secuencia de ADN máis antiga dun homínido. Este descubrimento viuse favorecido polas incribles condicións de profundidade, humidade, temperatura, etc da sisma onde foi atopado o óso. Pese a iso, o ADN atópase moi fragmentado e só se puido obter o ADN mitocondrial. Porén, xa son moitas as hipóteses que desatou o ADN como que pertenza a un híbrido entre denisovanos e neandertais xa que mentres que o análise revela semellanzas cos primeiros, os aspectos morfolóxicos son máis parecidos aos neandertais.
Pode chegar este descubrimento a desmoronar o concepto que temos das diferentes especies de homínidos?
Fonte: http://www.elmundo.es/ciencia/2013/12/04/529f674c0ab7408c378b456f.html

UN MELLOR AGARRE



              Algúns investigadores suxeriron que as arrugas dos dedos que aparecen cando estás moito tempo na auga son síntomas dun proceso evolutivo para axudar aos humanos e a outros primates a un mellor  agarre alimentos debaixo da auga. Tras uns estudos demostrouse que os dedos arrugados facían mellor unha tarea de agarre que os secos , pero que non eran síntomas evolutivos ,senón un efecto secundario dunha inmersión prolongada.
              ¿Serán estos síntomas proceso dunha evolución ou uns síntomas secundarios?

 FONTE:http://news.sciencemag.org/evolution/2014/01/scienceshot-wrinkly-fingers-may-not-give-you-better-grip

CRESTA DE GALO EN DINOSAURIOS




           

           
                Un equipo de investigadores descubriu que o Edmontosaurus regalis coñecido como Pico de pato, posuía un peine carnoso sexualmente suxerente , unha cresta branda como a so galo ou outro tipo de aves que son consideradas para a exhivición sexual. A explicaión que lle dan e que o máis probable sea porque as aves evolucionaron dalgúns dinosaurios e por iso este dinosaurio posúa isto.
                   
                 ¿Facían os dinosaurios bailes e exhivicións para atopar parella?¿Sería esta cresta usada para a exhivición ou é só unha característica física?
                  
                    

Cal era a alimentación dos nosos antepasados en Atapuerca ?

Na comida dos nosos antepasados predominan os alimentos vexetables pero tamén comían carne. A carne que comían ao principio era crúa xa que aínda non coñecían o lume. Os homes cazaban pola Serra de Atapuerca e moitas veces comían os corpos dos animais que encontraban mortos. A súa carne favorita era a dos poldros e o cervo cando era novo. Coa aparición do lume a súa comida favorita pasou a ser o cervo na brasa. Tamén existen probas do canibalismo gastronómico ,é decir , chegaron a comerse uns aos outros.
Por qué se comían entre eles ?
Fonte:
http://www.accua.com/gastro/conten/Atapuerca-La-alimentacion-de-nuestros-antepasados.asp

13 ene 2014

As fontes hidrotermais

Diversas teorías defenden que, a vida se orixinou en respiradeiros submariños apartir de moléculas compostas de hidróxeno, esenciais para a vida coñecida. A abundancia destas moléculas provocaría as primeiras reaccións. Estes ecosistemas aínda na actualidade son ricos en diferentes formas de vida.



Fontes: http://www.ojocientifico.com/4358/5-teorias-del-origen-de-la-vida
              http://www.youtube.com/watch?v=sa98Ui1DcCI


12 ene 2014