O home foi tachado de criminal só pola súa fisionomía sen ter en conta ningunha das probas científicas que normalmente se teñen que realizar. ¿É factible que vendo a unha persoa se poida culpabilizala dun crime? ¿Ou sería máis correcto aplicar o método científico para averigualo?. O máis apropiado sería aplicar este método para chegar a conclusións firmes e rigurosas sobre a culpabilidade ou non d individuo e o método científico aplicaríase sobre mostras biolóxicas que ó seren analizadas por persoas culaificadas situarían ou non á persoa na escea do crime. O método científico non aporta probas da culpabilidade das persoas a partir da súa fisionomía, só poderíamos ter certas tendencias do seu comportamento a partir dun análise psicolóxico pero aínda así non sería concluínte para culpabilizar á persoa sen outro tipo de probas (xa que o que unha persoa sexa capaz de facer non quere dicir que o vaia a facer).
En conlcusión, o máis apropiado sería non deixarnos levar por simples apariencias físicas e non prexuzgar á persoa son motivos, xa que as apariencias son engañosas e non hai ningunha relación directa entre o aspecto físico e o carácter da persoa, ou polo menos ata o momento non hai probas científicas diso.