12 nov 2014

Estamos de noraboa


Investigadores de varias institucións descubriron que saber dous idiomas ten efectos positivos na saude mental. Os resultados dos estudos revelaron que os individuos bilingües desenvolvían demencia catro anos e medio máis tarde que os monolingües. Esto refírese a unha plasticidades neuronal mellorada,o uso alternativo de diferentes rexións do cerebro.
Credes realmente que hai relación entre falar dúas linguas e retrasar a demencia?
Fontes:

11 nov 2014

Física para futuros presidentes


Que debe saber de Física alguén que vai dirixir un país? Igual non son moitas cousas pero algún coñecemento de Física é necesario para entender e intentar resolver as ameazas terroristas, a produción de enerxía ou a carreira espacial. Dálle unha oportunidade, igual cambias de idea á hora de comprar o coche.
Que debe saber de Física alguén que vai dirixir un país? Igual non son moitas cousas pero algún coñecemento de Física é necesario para entender e intentar resolver as ameazas terroristas, a produción de enerxía ou a carreira espacial. Dálle unha oportunidade, igual cambias de idea á hora de comprar o coche.

Encontran os buratos negros mais grandes do universo


Un equipo de astrónomos estadounidenses encontraron os maiores buratos negros descubertos ata a data. Tratase de dous xigantes cunha masa equivalente a 10.000 soles. E o mais sorprendente é que siguen crecendo. Cal cres que pode ser a súa orixe?


10 nov 2014

Os actores e a súa relixión


 
Actores coñecidos son crentes da Ciencioloxía, esta relixión xira en torno a crenzas sobre extraterrestres. O núcleo da crenza é que cada ser humano ten unha mente reactiva que responde aos traumas da vida, impedíndolles experimentar a realidade. Os membros sométense a un proceso chamado auditación, para atopar a fonte do trauma. Pode ser  que non experimentemos a realidade debido a traumas pasados? En caso de que fose verdade, precisamos da “auditación”?
 
Fontes:

9 nov 2014

Biografía de la Tierra

Palabras maiores.
Cando escribe Francisco Anguita o resto lemos, gozamos e aprendemos. Non vos digo cando fala.