Unha
 vez superada a proba inicial da primeira avaliación, chega o  momento 
de evolucionar. Neste novo trimestre as entradas deben cumprir  unhas 
condicións máis estritas que na avaliación anterior:
- O tema de todas as entradas debe estar relacionado coa evolución ou coas pseudociencias, os temas que trataremos nesta avaliación.
 - Calquera entrada que copie fragmentos da fonte será desestimada. Lembrade que a fonte é imprescindible.
 - Non admitirei más de catro entradas da mesma fonte xeral. (Cada alumno poderá empregar dúas veces a mesma fonte xeral)
 - Todas as entradas deberán dar lugar a unha polémica referida á controversia ciencia-pseudociencia ou a relación dos avances científicos coa sociedade.
 - Lembrade que os comentarios tamén se valoran.
 - As entradas deben ser curtas e incluír hipervínculos, etiquetas e, algo moi importante, referencias que nos permitan analizar as fontes de cada entrada.