2 feb 2011



A toxina botulínica, tamén chamada botulina, e unha neurotoxina elaborada por unha bacteria (Clostridium botulinum). Esta bacteria pode atoparse por exemplo nas latas de conservas e o inxerila produce a parálise dos musculos de maneira que se produce a morte lenta e por asfixia do individuo. Como arma biolóxica e é considerada extremadamente perigosa e está prohibida. Esta bacteria tamén é a que se inxecta cara para eliminar enrrugas (botox) pese a elevada toxocidade. Todos coñecemos a parte positiva das técnicas antienvellecemento pero, verdadeiramente sabemos o que se inxerta?



Lynn Margulis é unha destacada bióloga estadounidense, considerada unha das principais figuras do evolucionismo. Nos seu numerosos traballos no campo do evolucionismo destaca pola sua teoría sobre a aparición de céluas eucariotas. A teoría da endosimbiose seriada (SET) describe a orixe das células eucariotas como consecuencia de sucesivas incorporacions simbioxenéticas de diferentes células procariotas. Esta teoría ten un mecanismo distinto a selección natural e a evolución, mais en lugar de derrubar esta teoría doulle máis forza; xa que en todos estos anos ninguén foi capaz de demostrar que era falsa. Se en todos estes anos non se produciu un cambio será que ambas teorias son igual de válidas?

A Terra un ser máis


James Lovelock é unha das voces mais emblemáticas da ecoloxía. Estableceu a teoría de Gaia, nela compara a Terra cun organismo que se autorregula para manterse vivo, el di que no próximo siglo, pagaremosas consecuencias de todas as nosas accións como por exemplo a destrucción da atmósfera. Di, tamén que a Terra se atopa nese punto do universo porque ela atopou mais ou menos o lugar adecuado para que poida haber vida. E que é ela mesma, a Terra que que fai que na atmósfera sexa constante. Vos que creedes que isto é ciencia ou psudociencia?


http://www.youtube.com/watch?v=lMsK2ObCmY4&feature=player_embedded




Os coacervados.



Explicando as posibles orixes da vida,topámosnos cos coacervados,protobiontes creados no laboratorio.A auga non se evapora pola presión tan grande que hai.Non se consideran células verdadeiras porque non teñen ADN nin ARN,pero si se consideran pseudocélulas porque puideron orixinar células eucariotas.Vos creedes que os coacervados resolven o problema da orixe da vida?Imaxinábadesvos a vida así?

A nosa orixe.




En 1994, un equipo de astrónomos, a cargo de Lewis Snyder, asegurou que atoparan unha molécula de glicina no espacio. Dacordo con simulacións por ordenador e experimentos no laboratorio, a glicina formouse cando anacos de xeo que contiñan moléculas orgánicas simples foron expostos a luz ultravioleta. En 2009 a NASA confirmou a presencia desta molécula no cometa “Wild 2” gracias as mostras obtidas pola sonda Stardust. Isto podería servirlle de apoio ás teorías que apoian unha orixe extraterrestre da vida na Tierra mediante un fenómeno bautizado como panspermia.

Vos, que pensades? Procedemos dun mundo extraterrestre?


http://www.eduardpunset.es/417/charlas-con/gracias-a-la-vida-la-tierra-es-como-es


Mónica.



Unha breve historia de case todo



Este libro está estruturado nunha presentación e en sete capítulos. Abarcan temas científicos comezando dende un punto de vista máis teórico ata outro máis practico baseándose en experimentos e datos curiosos dos científicos máis destacados ata a actualidade.

Os motivos polos que me decantei para ler este libro é porque esta cheo de preguntas que algunha vez nos fixemos e non puidemos atopar resposta debidos os nosos mínimos coñecementos. Pola contra non o debería de escoller unha persoa a que non lle interesen as ciencias, xa que nin sequera lle resultarían interesantes os temas que trata, non mostraría atención e pareceríalle un aburrimento.

O que nos quere mostrar Byll Bryson nesta obra é en como pasamos de non ser nada a ser algo, e como ese algo se converte en nós e o que sucedeu mentres tanto. Algúns dos exemplos cos que nos mostra esto son como por exemplo: como xurdiu a Gran Explosión, o parecer Penzia e Wilson descubrírona, pero non se decataron de que o ruído que proviña das antenas do seu laboratorio era o 1% da Gran Explosión, a partir de ese momento diferentes científicos comezan a buscar os “porqués”. A aparición da vida mediante a teoría da panspermia, que nos sitúa a vida fora da Terra. As miles de bacterias que nos rodean, sabemos que hai arredor de 100.000 billóns de bacterias que viven na nosa pel e así moitos máis datos que me sorprenderon. Como podemos crear un ser vivo se recreamos as condicións que había antes, se collemos os mesmos elementos cos que se orixe a vida (CHON) e pequenas cantidades de outros elementos, ademais de azucres, ácidos e de composicións químicas, estaríamos creando vida. Outros como a evolución, partindo dunha célula como chegamos a ser seres vivos e como evolucionamos o largo da historia. Como cambian os planetas, o exemplo mais claro e Plutón, xa que un minúsculo e escuro planeta, nunca se sabe onde o atoparemos, está vagando constantemente e ademais é un cuarto do 1% da Terra. Que acontece no universo cando observamos o ceo, depende do hemisferio onde nos atopemos porque por exemplo Evans chegou a observar 400 galaxias nunha sesión xa que vivía no hemisferio norte. A enfermidade do buzo, grazas a Haldane que fixo unha investigación partindo de intervalos para a ascensión desde profundidades. Xa que o nitróxeno convertíase en burbullas e pasaba o sangue cando se empregaban os traxes de buceo. En como converterse nun fósil, debemos de morrer nun lugar adecuado, xa que os animais terrestres non moren en sedimentos e a parte só un oso de cada 1000 millóns fosilizase.

31 ene 2011

LAMARQUISMO




No século XIX Lamarck estaba en contra da teoría da xeración espontánea. El atribuíalle ao organismo a facultade de reaccionar ante as influencias externas con cambios da súa organización, alteracións morfolóxicas ou estruturais.Él dixo que os animais,que contaban cunha certa intelixencia,transformábanse debido a influencia das súas costumes e dos seus esforzos.
Dixo que un carácter adquirido pode herdarse si se repite un número suficiente de xeracións como consecuencia das costumes pero se non se usa,pode desaparecer.