11 abr 2014

O embarazo diminúe o risco de sufrir cancro?


A través dun estudo do material xenético das mulleres que deran a luz e as que non, os Científicos do Centro de Cancro Fox Chase (EE UU) observaron cambios dados nas mulleres embarazadas. Estes, producíranse en elementos relacionados con procesos clave, cuxo mal funcionamento elevaría o risco de cancro. Poderían imitarse estes cambios en mulleres que non estiveron embarazadas para reducir o seu risco de ter cancro?

Fontes: http://www.cancer.gov/espanol
http://www.elmundo.es/salud/2014/03/20/532a9f46e2704e34398b456d.html

10 abr 2014

Posible cura á dexeneración macular asociada á idade?


Pequenas doses dunha proteína do sistema inmune (interleucina IL-18) poden ser boas contra a dexeneración macular asociada á idade. Esta, causa o 90% dos casos de cegueira. De seren certos estes resultados, o tratamento da enfermidade pasaría de efectuarse cando está avanzada a poder tratala de xeito preventivo. Suporá isto a cura definitiva da enfermidade?

Fontes: http://www.geteyesmart.org/eyesmart/diseases-es/degeneracion-macular-relacionada-con-la-edad/tratamiento.cfm
http://www.cirugiaocular.com/index.php/la-vision/retina-vitreo/degeneracion-macular.html

Non beber suficiente auga desconcentra?


Diversas fontes afirman que o nivel de deshidratación, por moi baixo que sexa, pode turbar as nosas capacidades psíquicas. Isto afectaría á nosa memoria e a nosa concentración e provocaríanos somnolencia. Polo tanto, bebendo auga podemos aumentar a nosa capacidade de estudo?

Fontes:
http://sobrecuriosidades.com/2012/12/14/no-beber-suficiente-agua-desconcentra/
http://www.muyinteresante.es/salud/articulo/ila-deshidratacion-disminuye-la-capacidad-de-concentracion-y-la-memoria

Nacemos con máis ósos dos que morremos?


Dise que un ser humano nace con 300 ósos e que algúns se van fusionando a medida que medramos, xa que a función de estaren separados é facilitar o noso nacemento. Un adulto ten entre 202-208 ósos. Unha parte dos nosos ósos medra separadamente e o noso esqueleto está en proceso de formación ata preto dos 20-25 anos. É isto únicamente aprezable na especie humana?
Fontes:
http://www.datocurioso.net/2012/09/al-nacer-tenemos-300-huesos-al-morir-solo-206/

http://www.rtve.es/alacarta/videos/tres14/tres14-curiosidades-cientificas-bebes-tienen-mas-huesos-adultos/1323773/

9 abr 2014

Ébola, o Virus máis temido.

O Ébola é unha enfermidade vírica aguda que afecta aos humanos e aos monos. Pode provocar desde unha febre ata hemorraxias internas e externas. Propágase por contacto do sangue, secrecións, líquidos corporais... de infectados. No ten tratamento e a tasa de letalidade é elevada.
Pero qué deu lugar a este virus?


8 abr 2014

Quen pode xogar a ser Dios. Agora xa podemos.

A partir de diversos ingredientes xa podemos crear propiamente dito unha forma de vida sintética. O home que conseguíu esto chámase Craig Venter(o da foto) e é chamado o home que xoga a ser Dios. Aparte desto recibíu un premio Nóbel. Non considerarías esto chegar demasiado lonxe? Poderíamos chegar a uns límites nos cales non deberíamos adentrarnos?

Outro Enlace: http://www.elmundo.es/elmundo/2010/05/25/ciencia/1274780231.html

Ciruxiáns españois realizan con éxito un transplante de brazos.

operación que levou cerca de 20 horas e máis de 20 profesionais  é a segunda que se fai no noso país.
As extremidades non foron rexeitadas e poderá utilizalas dentro dun período de 8 a 15 meses. 
Estos casos fan que nos planteemos unha cuestión, ata onde chegará a ciencia? Poderánse transplantar diversos órganos que, ata agora, serían inimaxinables?


7 abr 2014

Poden os pesticidas incrementar os casos de parkinson na poboación?


Un estudo realizado pola universidade de California di que este risco depende do perfil xenético de cada individuo e que a exposición aos pesticidas podería multiplicar por 6 as posibilidades de desenvolver esta enfermidade. Debe motivarnos isto a levar un estilo de vida máis saudable e reducir, neste caso, o uso de pesticidas?

Fontes: 
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/salud/2012/11/30/exposicion-pesticidas-responsable-parkinson/00031354306003705111266.htm
http://carlosdeprada.wordpress.com/toxicos-y-salud/enfermedades-y-toxicos/parkinson-y-toxicos/

As células cancerosas e a glicosa


O Instituto de Investigacións Biomédicas de Bellvitge di que o rápido crecemento das células tumorais precisa de moita enerxía, captada a través da glicosa. Este estudo di que de desenvolverse medicamentos capaces de quitarlle esta fonte de enerxía, as células tumorais non lograrían subsistir. Estamos ante unha posible cura ou ceito de combater o cancro?

Fontes:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/04/03/actualidad/1396546514_896514.html
http://www.agenciasinc.es/Noticias/Una-tecnica-basada-en-el-consumo-de-glucosa-detecta-el-cancer-en-fase-precoz

É máis probable morrer asasinado que dunha alerxia alimentaria?


Os Centros para o Control e Prevención de Enfermidades afirman que as alerxias alimentarias creceron un 18% entre 1997 e 2007. Investigadores do Imperial College London en Reino Unido din que os doentes temen morrer debido ás alerxias alimentarias cando é máis probable que morran asasinados. De teres unha alerxia alimentaria, bastaríache con este argumento?

Fontes:
http://kidshealth.org/teen/en_espanol/enfermedades/food-allergies-esp.html
http://www.laalergia.com/tipos-alergia/alimentos/

Seguen a medrar as uñas e o pelo despois da morte?

Dermatólogos afirman que a deshidratación e a desecación do corpo tras da morte pode orixinar á retracción da pel ao redor do pelo ou das uñas. Isto pode dar sensación de maior lonxitude. O crecemento real destes, require unha regulación hormonal imposible despois da morte. De ser así, é posible que seguir crendo na vida despois da morte?

http://eltamiz.com/2007/09/09/falacias-el-pelo-y-las-unas-siguen-creciendo-despues-de-la-muerte/
Fonte: http://cienciainfinita.com/?p=700
http://culturatrivial.blogspot.com.es/2007/12/crece-pelo-unas-despues-muerte.html

6 abr 2014

Órganos a la carta

Queres clonar ao teu can morto? Hai unha empresa qe afirma poder facelo. Pode a natureza fabricar clones sen axuda humana? Por suposto, todos os días. Podemos facer que unha parella teña un fillo que axude a curar a un irmán? Si, a pregunta é si debemos.
Estas son só algunhas das cuestións que nos explican neste libro. Animádevos a miralo porque unha vez que empezades non hai forma de parar.