14 abr 2011

Un irman salvador

Un irman salvador e un infante que nace para proporcionar un transplante de medula osea a un irman que esta afectado por unha enfermidade mortal como o cancro,a anemia de Fanconi ou a anemia de Blackfan que poden ser mellor tratadas con un transplante de celulas nai hematopoyéticas.O irman salvador concivese mediante a fecundación in vitro, os cigotos fecundados realizanselle probas de compatibilidade xenetica para o analise dos antixenos leucocitarios humanos, e so seran implantados aqueles cigotos sans e compatibles co bebe enfermo. Pero o maior problema destes transplantes tan eficaces son as leis xa que en moitos países estan prohibidos e as consideracións éticas xa que moitas persoas afirman que o bebe e explotado, e isto faime facer unha reflexión,¿e xusto renunciar a algo que salva vidas por simples consideracións éticas? Fonte:wikipedia

Futuro Imperfecto


Futuro Imperfecto, é un libro para chorar, aprender, reflexionar, emocionarse e incluso podes chegar a rirte. Xulia, a súa autora e protagonista contanos a súa vida mediante unha especie de conto que deixa para a súa filla, Lucía.

Coñece a Nico o que será o pai de Lucía. Con el comeza unha nova vida, a vida do amor e das drogas.
Superan ese mundo pero o peor aínda está por chegar. Os dous collen SIDA.
Comeza unha vida de espera, esperar a morte.

Para min o libro é o mellor libro que lin xamáis. Fixome chorar moito e tamén pensar pero as veces fainos falla pensar. Porque nunca vos parastedes a cavilar en toda a xente que tivo e ten este problema? Toda a xente que aínda hoxe con toda a información e protección que hai, segue infecctandose? E non só iso, se non toda a xente que aínda hoxe os segue a tratar como apestados?

Non podo falar polos demais, pero si por min. Se un rapaz me gusta moito pero sei que ten SIDA, iso xa o cambia todo. Ou non?, vós non o pensariades duas veces?
E non falo de ter medo a infectarse porque sabemos que hai formas de non facelo. Falo de namorarte e durmir todos os días con alguén o que non sabes se o día seguinte vai espertar. Pero enton, non merecen que lles queiran? Pensádeo.