
7 oct 2011
Steve Jobs, víctima da pseudociencia

Pseudociencia: Separar en diferentes clases nenos e nenas para mellorar a súa aprendizaxe
Moitos son partidarios de separar os nenos e nenas nas aulas para favorecer a súa aprendizaxe. Non obstante, agora un estudo publicado en "SCIENCE" reflicte que esta segregación non ten base científica e que as diferenzas na aprendizaxe son mínimas.
Instrucións para o novo curso 2011-2012
- Temas: en cada avaliación os temas a publicar deben estar relacionados cos contidos estudados nela. Nesta primeira avaliación os temas son: Ciencia e pseudociencia, O Universo, Xeoloxía.
- Ortografía.
- Rigor científico dos contidos. Sempre será interesante contrastar as nosas fontes.
- Fontes. Non esquezamos nunca citar a procedencia de imáxenes ou información publicada nas entradas.
- Etiquetas
6 oct 2011
Un Caso de Pseudociencia Mortal

Hai poucos anos unha empresa conseguiu vender en Iraq unha serie de detectores de explosivos chamados ADÍA-651. Prometíase que estes aparatos detectarían calquera substancia explosiva, droga ou mesmo marfil. A cousa era moi impresionante xa que, ademáis de ser un detector universal de cousas chungas, todo se facía sen batería nin outra fonte de enerxía. Todo un invento que faría innecesarios, por poñer un exemplo, os actuais controis nos aeroportos. O aparato é un mango de plástico cunha vara unida por un cable a unha caixa suxeita o cinto.
O neno predicador
Qué mellor para predicar os seus pensamentos que un meniño , non?
Estamos claramente fronte un discurso pseudocientífico. Hai bastantes mostras de que así é. Entón agora pregúntovos eu a vós, saberiades dicir por qué é así?
UN GRUPO DE CIENTÍFICOS AUSTRALIANOS DESCUBRIRON OS FÓSILES DUNHAS DAS BACTERIAS MÁIS ANTIGAS DA TERRA

Expertos da universidade de Oxford afirman que a Terra ten 4.500 millóns de anos e que o inicio da vida no planeta comezou fai uns 3.800 millóns de anos, de modo que os científicos pensan que anos antes había bacterias capaces de vivir sen oxíxeno.
Estes fósiles foron encontrados nunha rocas sedimentarias que se formaron entre dous episodios volcánicos por eso se basan en que están moi seguros da súa idade. Atopáronos nunha zona rochosa coñecida como Strelley Pool, ao oeste do país, e os fósiles estaban adosados a microscópicos cristais de pirita.
Según o seu estudo, os fósiles foron sometidos a probas que demostran que as formas detectadas na roca son de natureza biolóxica xa que se poden observar estruturas similares as células, polo tanto, non é o resultado dun proceso de mineralización.
FONTE: http://www.noticiasciencias.com/2011_08_01_archive.html
5 oct 2011
Descobren un planeta que orbita alrededor da súa estrela en menos dun día

O planeta WASP-WASP-18B, que apenas necesita o 0,94 dun día terrestre (algo menos de 23 horas) para completar un xiro arredor do seu sol, corre o risco, explican os astrónomos, de caer rapidamente sobre a súa estrela. A curta vida que lle queda o planeta, que apenas representaría un milésimo da vida da súa estrela, sorprende os astrónomos. Tendrá esto consecuencia no sistema solar? Se cae un planeta, que pasará cos outros?
A contaminación asfixa España

O 87% da poboación española respira un aire que supera os índices recomendados pola Organización Mundial da Saúde (OMS), segundo o informe da calidade do aire na España. A OMS precisa que se tomamos os límites de contaminación que marca a lexislación europea, a porcentaxe da poboación afectada sería do 37%, máis de 17 millóns de persoas. A pesar da gravidade da avaliación, continúa unha lixeira melloría iniciada dende o 2008 sobre todo polo efecto da crise económica. A pesar de todas as advertencias, porque seguimos pasando de algo que nos afecta a todos?
A causa bioquímica de que as patacas fritas gusten tanto.

Descóbrese a causa dos ataques tardíos de asma.

4 oct 2011
Unha vacina española contra o sida funciona no 90% dos casos

Un grupo de científicos españois coseguiu que o seu test de vacuna contra o SIDA acertara no 90% dos casos. Este é un exame na primeira fase da investigación, pero é un resultado espectacular. Este é un inicio moi prometedor. Habia 30 voluntarios sans para probar esa vacina, a gran maioria tiña defensas contra el. Segundo o Centro Nacional de Bioctenoloxía a vacina ten unha protección específica contra o VIH no 90% dos voluntarios. Sen chegar o 100%, podemos falar dun gran avance?
Hubble descobre a cuarta lúa de Plutón

O Telescopio Espacial Hubble descubriu por casualidade unha nova lúa en torno a Plutón ao facer observacións en busca de aneis do planeta anano. Cun diámetro estimado de 13 a 34 km, o novo satélite, que será coñecido temporalmente como P4, é a menor das catro lúas descobertas en torno a Plutón ate o momento. A lúa nova esta entre as órbitas de Nix e Hydra, que tamén foron descubertas por Hubble no 2005. Os científicos creen que o sistema de lúas formouse nun choque entre Plutón e outro corpo planetario.
O bolígrafo da NASA que desafía a gravidade.

O tsunami de Xapón provocou a rotura dun glaciar na Antártida

Os científicos da NASA descubriron que o tsunami que golpeou Xapón o 11 de marzo causou a rotura dun glaciar na Antártida e a creación de novos icebergs a máis de 13000 quilómetros de onde se produciu o terremoto. Ata agora, a posible creación de icebergs a través de ondas dun tsunami foi unha teoría, pero grazas as e grazas a este terremoto os científicos puxeron a ollada na Antártida e asi confirmalo.Os icebergs novos creáronse do glaciar Sulzberger. O maior destes icebergs novos é do tamaño da isla de Manhattan. Significa isto que temos unha nova teoría sobre a creación dos icebergs? Cres que estes desprendementos poden afectar no cambio climático?
Posible presenza de auga salgada en Marte

A NASA anunciou o descubrimento de manchas superficiais nas ladeiras de Marte que pode ser formada por auga salgada, abrindo de novo a posibilidade de atopar vida en Marte. O descubrimento foi feito a través da análise dunha serie de imaxes obtidas pola sonda MRO, que explora o planeta vermello dende 2006. Isto non son probas concluíntes de que haxa auga en estado líquido activo na superficie do planeta, aínda que foi detectada auga conxelada preto da superficie. Con estas probas estamos mais cerca da vida noutro planeta? Cres que somos os únicos habitantes do sistema solar?
¿Como será o transporte do futuro?

O Citicar foi o vehículo eléctrico fabricado en EUA como solución a crise do petróleo de 1973, pero só se venderon 4000 unidades e caiu no olvido. Hoxe o coche eléctrico volve a ser unha promesa. Todos os fabricantes de auntomóbiles anuncian os seus propios modelos de coches eléctricos, mentras os laboratorios ensaian outras fontes de enerxía. Cres que os coches eléctricos teñen futuro? A xente comprarase un coche que axudara na ecoloxía ou pasarase dese tema como se esta a facer nestes tempos?