James Watson foi, xunto a Francis Crick, o descubridor da estrutura do ADN. Cóntaba só 24 anos cando conseguiron desenmascar a forma da molécula máis importante da vida e dende entón foron moitos os traballos nos que colaborou este científico. Neste momento, na fase final da súa vida, Watson vese capaz de ser politicamente incorrecto e esa debe ser a definición deste libro, unhas memorias sen censura dunha mente peculiar. Por moito que podamos estar en desacordo con algunhas das súas afirmacións, non deixa de ser unha lectura moi recomendable.
Hace 16 horas