¿ Correr baixo a chuvia?
Moita xente, ou case todo o mundo bota a correr cando vai andando e lle empeza a chover, para que? Para non nos mollar claro. Pois non, os científicos estiveron desenrolando formulas de fluídos ata que deron con que canto máis corras mais te mollas, pode parecer tonto e cando che volva a chover volveras a correr pero é así.
Canto máis corras máis te mollas porque colles as gotas de mais sitios, e o caso extremo xa é que che chova de fronte, se che chove de fronte e non tes onde agocharte, déixao, estás pingando!
O profesor Jearl Walter, titular da cátedra de física da Universidade de Cleveland, foi quen investigou isto e caeu na conclusión de que o mellor para estes casos é o monopatín porque a posición curvada que levas no monopatín impide que te molles, iso si, se che ven o vento pola espalda, corre todo o que poidas.
Pese a todas estas recomendacións e consellos, eu persoalmente, recoméndovos que se vedes que vai chover non saiades da casa sen paraugas.
Para os que queiran máis información aquí lles queda isto:
http://www.quo.es/ciencia/consultas/si_corres_bajo_la_lluvia_te_mojas_menos
Miguel 1ºA
Vale coa conclusión final estou de acordo... pero a verdade creo que sí é útil correr cando chove,... pois chegas antes por exemplo á casa... ou ó sitio onde teñas que ir, onde non choverá,por tanto pasarás frio durante menos tempo (pois se chegas a casa cambiaríaste por exemplo). Ainda que non entendo o de collerás as gotas de mais sitios: Colleralas dos mesmos ... pois o millor pasas por mais sitios en menos tempo, pero se non corres pasarás igual só que mais tarde... non?
ResponderEliminarOs científicos din que se corres baixo a choiva mollaraste máis ca ir camiñando,pois colles as gotas de máis sitios. Pero tamén é lóxico pensar que se en lugar de correr vas andando estarás baixo a choiva durante máis tempo, polo que, finalmente, acabarás igual ou aínda máis mollado, arriesgandote ademais a coller un resfriado.
ResponderEliminarCreo que os científicos deberon ter en conta o tempo ademais da direción das gotas.
Non vos parece que estades tendo unha actitude pouco científica. Se dubidades do experimento deberiades repetilo a ver se é verdade.
ResponderEliminar