17 nov 2010

PAPEL ELECTRÓNICO

A empresa LG inventou un novo papel electrónico de 0.3 mm de grosor que ten as mesmas dimensións que unha folla de papel A3 e é oito veces máis grande que un libro electrónico, o que permite transmitir a mesma sensación dun periódico tradicional en branco e negro. Só pesa 13 gramos e pode ser dobrado sen que se perda calidade na recepción das iimaxes que están pensadas para transmitir a mesma sensación que durante a lectura dun papel impreso. Conseguiron que as imnaxes poidan cambiar cunha relativo rapidez.

- Na miña opinión, supón un gran avance tecnolóxico, aínda que penso que ten que pasar moito tempo para que isto estea ó alcance de todo o mundo.

2 comentarios:

  1. Tras o momento que está a apasar España penso que non deberían empregar diñeiro en facer estas cousas posto que penso que hay cousas máis importantes nas que invertir os cartos.Tamén sería imortante que quen o fai pensase coma min xa que se ninguén o compra,non llle sería rentable e invertirian diñeiro ao tonto.
    Xulia Añón Caamaño 1ªA

    ResponderEliminar
  2. E verdade que estamos atravesando un momento de crisis mundial, pero iso non ten que supoñere un freo a hora de investigar. Esta última adquisición da ciencia é algo interesante e que, na miña opinión, supón un gran avance. Pode que hoxe non estea ao noso alcance pero seguramente sexa imprescindible para as futuras xeracións, que é do que se trata, porque a ciencia, ao fin e ao cabo, traballa para unha mellor vida no futuro. Grazas a este invento reduciráse notablemente o consumo de papel e con el a tala de árbores, a min pareceme que todos saimos gañando con este invento.

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?