15 nov 2010

O Clorohidrato de Aluminio e o cáncer de mama.


Fai uns meses, os medios de comunicación saltaron coa noticia de que unha das causas que producen cancro de mama podería ser o uso de desodorantes con efecto antitranspirante. Existe un grupo de científicos da universidade de Keele en Inglaterra que realizaron unha investigación en 17 mulleres que foran sometidas a unha mastectomía. O resultado obtido foi que os científicos atoparon elevados restos de niveis de Clorohidrato de Aluminio nas células infectadas próximas á zona das axilas.
Esta noticia alarmou é poboación, e de feito xa hai persoas que abandonaron o uso destes productos. Realmente debemos de ser tan preventivos como para cambiar de desodorante polo feito de que exista unha única investigación da que non afirman a vericidade dos resultados?

11 comentarios:

  1. Eu creo que sí, sobre todo cando nos están a falar da nosa saude e de casos de enfermidades que non teñen unha cura segura.
    Moitas das mulleres que son portadoras do cáncro de mama darían o que fosen por unha solución, e nos, que a temos ó alcance da man, por que a íamos ignorar?
    Se este resultado é correcto, non deberían poñer en perigo a vida das persosa por uns simples desodorantes, e directamente, retirar o produto do mercado, sen conformarse con facer unha advertencia á poboación.

    ResponderEliminar
  2. Sen dúbida, todo o relacionado coa nosa saúde é motivo de alarma. Pero hai que dicir que nos últimos anos saltou a alarma por miles de produtos os que califican como "canceríxenos". Moitos deses produtos (por exemplo a carne de tenreira) son produtos que levamos utilizando (neste caso alimentándonos) dende fai miles de anos e nunca antes foran calificados como nocivos. Penso que o problema surxe coa cantidade excesiva de elementos químicos os que sometemos o noso corpo (por exemplo, as tenreiras actualmente son alimentadas con infinidade de piensos en lugar de alimentos naturais, que, finalmente, nós tamén acabamos inxerindo). Polo tanto, a solución estaría en reducir o máximo posíbel a inxesta ou utilización de elementos químicos.
    Finalmente, teño que dicir que respecto o desodorante de artigo, debería ser sometido a outro estudo, a unha segunda opinión, xa que foi simplemente unha de entre moitas investigacións a que dou estes resultados negativos.

    Patricia Añón 1º A

    ResponderEliminar
  3. A Ivana.
    Precisamente esa é a cuestión, está demostrada a relación entre cancro e desodorante por ese estudo

    ResponderEliminar
  4. A Patricia
    E non necesitas eses estudos para o uso de elementos químicos. A fin de contas a comida é unha suma de elementos químicos

    ResponderEliminar
  5. Penso que non deberíamos fiarnos de todos estes supostos datos que nos dan porque o máis problable é que sexa alarmar por alarmar xa que o estudo como ben di fíxose en 17 mulleres e 17 mulleres non representan a todas as mulleres do mundo e seguramente esta noticia sexa con outros fins o máis probable económicos.
    PAULA PENA 1ºD

    ResponderEliminar
  6. Eu creo que non nos temos que dar por satisfeitos con unha teoría soa. Creo que necesitamos máis teorías e non só a de estes científicos. Necesitamos un paradigma dominante, é dicir, esa teoría que vai ser aceptada por todo o mundo; por iso, se necesitan outras investigacións sobre o cancro de mama, máis probas!!!

    Myrella 1º BACH D

    ResponderEliminar
  7. Para Myrella
    Non é unha teoría, é unha hipótese comprobada cun único deseño experimental. Os paradigmas son algo máis complexo, dificilmente pode esta cuestión desenvolver un paradigma. Necesitamos máis probas para demostrar a túa hipótese e permitir que sexa unha teoría

    ResponderEliminar
  8. Isabel, baixo a miña opinión todos os alimentos que se poñen a venda deberían pasar controis de seguridade (máis ou máis estrictos que os que estes son sometidos), xa que toda a comunidade dependemos dalgunha maneira deles. Afirmo, tamén, que no caso dos alimentos especialmente deberían estar claramente sinalados os produtos químos que o forman (cousa que na teoría xa existe, mais na práctica en moi poucos casos se cumpre.).


    Patricia Añón Varela, 1º BAC A

    ResponderEliminar
  9. ¡Aclarado o do paradigma!
    Pero sigo defendendo que non deberíamos ser tan preventivos porque só existe o estudo por parte dos universitarios de Kelee, e poden errar. Así que, ¡compre ter máis probas!

    Myrella 1º BACH D

    ResponderEliminar
  10. Para Myrella.
    Eu tamén estou de acordo pero ti usarías o desodorante despois deste estudo? É unha boa forma de afundir unha empresa, non?

    ResponderEliminar
  11. Mmm non sei... pensaríamo dúas veces... e que só é un estudo, non o fixo varia xente... pero mellor será previr, por se acaso..

    Myrella

    ResponderEliminar

¿Estás seguro de que queres comentar?